Ensaios de materiais
Aos ensaios de materiais recórrese para calibrar as propiedades dun material, mediante unhas probas. Este reacciona ante un axente exterior dependendo das características do axente exterior e da forma na que actúe. Nos ensaios, a mostra de material que é sometida ao ensaio chámaselle probeta e a forma da mesma, tamén inflúe no resultado obtido no ensaio.
Como o que interesa e se pretende coñecer é a calidade do material e non dunha probeta en particular, ten que efectuarse coas garantías suficientes para que non inflúa esta no resultado obtido. Analogamente, as condicións de ensaio, é dicir, as características do axente, deben ser tales que en materiais iguais se produzan efectos iguais.
Os ensaios realízanse de xeito que, atendendo a unha serie de normas nas variables que poden influír nos resultados. Estes poden servir para estabelecer unha comparación entre materiais.
En tódolos países existen organismos cuxa misión é o estudo e redacción de normas que fixan con todo xénero de detalles o método operatorio que se ha seguir para realizar un ensaio. Tamén existen organismo internacionais co fin de unificar métodos. As normas de ensaio dedican un apartado ao que é a toma de mostras.
Hai que ter en conta ao tomar unha mostra de material para facer un ensaio que os resultados deste carecerán de sentido se a mostra non é representativa do conxunto do material cuxas características se queiran coñecer.
Atendendo á finalidade do proceso pódense dar dous tipos de ensaios, destrutivo ou non destrutivo, segundo a mostra fique inservíbel ou non. Ademais pódense clasificar segundo os medios que imos empregar, distinguindo os ensaios tecnolóxicos e ensaios organolépticos.
Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |