Enrique Santamarina

político arxentino

Enrique Santamarina, nado en Tandil (Arxentina) o 8 de febreiro de 1870 e finado en 1937, foi un banqueiro e político arxentino de orixes galegas.

Enrique Santamarina
Enrique santamarina.jpg
Nacemento8 de febreiro de 1870
 Tandil
Falecemento18 de abril de 1937
 Buenos Aires
SoterradoCemitério da Recoleta
NacionalidadeArxentina
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Foi director do Banco Nación e vicepresidente da República Arxentina no goberno do Xeneral Uriburu, tras a revolución do 6 de setembro de 1930, pero renunciou o 20 de outubro dese mesmo ano por enfermidade. Foi un gran propulsor de Monte Grande, onde foi o primeiro comisionado municipal e unha figura moi importante na creación do partido de Esteban Echeverría en 1913, cando cedeu os terreos onde se situou o Club Social. Actualmente recórdano nesta vila unha praza, unha avenida e un monumento, que contou coa colaboración de Santamarina e Fillos, xa que a empresa formou unha comisión para recadar os fondos necesarios para a construción deste.[1][2].

NotasEditar

  1. "Ramón Santamarina Valcárcel (o esforzado civilizador de Tandil)" (en español). Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2009. Consultado o 10 de novembro de 2008. 
  2. Juan Cruz Jaime. "SANTAMARINA E FILLOS, 118 anos na consignación" (PDF) (en español). p. 1. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2013. Consultado o 14 de marzo de 2009.