Enrique López

(Redirección desde «Enrique López López»)

Enrique López López, nado en Cacabelos o 18 de maio de 1963, é un xuíz español.

Enrique López
Nacemento18 de maio de 1963
Lugar de nacementoCacabelos e León
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Oviedo
Ocupaciónprofesor universitario, xurista, xuíz, maxistrado e político
PremiosGran Cruz da Orde de San Raimundo de Peñafort
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Licenciado en Dereito pola Universidade de Oviedo, entrou na carreira xudicial en 1989. Foi xuíz destinado en Arzúa, Valladolid e León. Foi vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial e logo o seu voceiro. En 2005 foi nomeado maxistrado da Sala do Penal da Audiencia Nacional. Foi proposto polo Partido Popular como maxistrado do Tribunal Constitucional de España, vetado polo PSOE e recuperado posteriormente en 2013 cando saíu designado.

Manifestou o seu apoio á reinstauración da cadea perpetua[1].

Como docente, foi profesor na área de Dereito Procesual da Universidade de Valladolid, ademais de profesor asociado de Dereito Penal na de León. Logo foi contratado como profesor de Penal pola Universidade Europea de Madrid.

Colaborou nos medios de comunicación, e escribiu unha columna semanal no xornal La Razón. Tamén foi patrón da Fundación Wolters Kluwer[2]. Creou e dirixiu o Observatorio de la Actividad de la Justicia.

Cando era maxistrado do Tribunal Constitucional foi interceptado pola Policía Nacional por conducir a súa moto sen casco o 1 de xuño de 2014. Pouco despois, nun control de alcoholemia realizado pola Policía Municipal, deu positivo. Enrique López recoñeceu posteriormente que se saltara un semáforo en vermello. O 2 de xuño presentou a súa dimisión ao presidente do Tribunal Constitucional[3]. Volveu á Audiencia Nacional, onde a repartición o asignou para xulgar o caso Gürtel e rexeitou inhabilitarse a pesar das súa conexións co Partido Popular.[4]

Notas editar