Enrique Tojo

político e empresario galego
(Redirección desde «Enrique José Tojo Blanco»)

Enrique José Tojo Blanco, nado o 1 de marzo de 1933 na Escravitude (Padrón) e finado en Rois o 7 de marzo de 2013, foi un político e empresario galego.

Infotaula de personaEnrique Tojo
Biografía
Nacemento1 de marzo de 1933 Editar o valor em Wikidata
A Escravitude, España Editar o valor em Wikidata
Morte7 de marzo de 2013 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Rois, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Rois
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , empresario Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosRamón Tojo Lens Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Empresario do sector da madeira. Foi elixido concelleiro en Rois tralas primeiras eleccións democráticas a través dunha candidatura independente que foi a segunda forza máis votada trala UCD. Nas municipais de 1983 encabezou de novo unha candidatura independente e logrou selo máis votado, porén non puido gobernar debido a un pacto entre PSdeG e AP polo que os seus candidatos se rotaron na alcaldía 2 anos. En 1984 pasou a integrar Coalición Galega, porén rematou por pasar a formar parte de AP, a cal se distanciara dos socialistas, e foi o seu candidato nas municipais de 1987 logrando sela forza máis votada. Non consigueu gobernar, dado que os demais grupos (PSdeG e CDS) apoiaron ao concelleiro do PNG Francisco Eiras Leis como alcalde.

En febreiro de 1990 presentou unha moción de censura contra o alcalde co apoio dos concelleiros do CDS, os cales remataban de abandoalo goberno. Tras diversos recursos presentados en contra da moción, Eiras Leis optou por dimitir en setembro e se desactivou a moción, polo que en outubro foi investido alcalde. Encabezou a lista municipal do Partido Popular de Galicia nas eleccións locais de 1991 e revalidou a alcaldía con maioría absoluta, a cal revalidou nas municipais de 1995 e de 1999. Porén, nas locais de 2003 perdeu a maioría absoluta e pasou á oposición en favor dun goberno entre o BNG e o PSdeG, o que acabou por ser a súa despedida da vida política, sendo substituído polo fillo Ramón Tojo Lens á fronte do partido.


Predecesor:
Francisco Eiras Leis
  
Alcalde de Rois
 
1990 - 2003
Sucesor:
Xosé Manuel Penas Patiño

Vida persoal

editar

Estaba casado e vivía na parroquia de Antequeira, na parroquia de Oín. O seu fillo, Ramón Tojo Lens, tamén foi alcalde de Rois.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar