Enrique Gómez Pato

escritor e xornalista galego

Enrique Gómez Pato, coñecido como O Pato, nado en México en 1922 e finado en Verín en decembro de 1979, foi un xoieiro, xornalista e escritor galego.

Infotaula de personaEnrique Gómez Pato
Biografía
Nacemento1922 Editar o valor em Wikidata
México Editar o valor em Wikidata
Mortedecembro de 1979 Editar o valor em Wikidata (56/57 anos)
Verín, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , xornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

De familia orixinaria de Nogueira de Ramuín, que emigrou a Cuba. Naceu en México cando a familia retornaba da emigración. Críouse na rúa Santo Domingo de Ourense onde aprendeu o oficio de xoieiro. Despois trasladouse a Verín onde montou unha xoiería. Foi correspondente de La Noche e La Región en Verín. É autor de dúas obras de teatro, Estreliña e Os dous irmáns, que se representaron na provincia de Ourense.[1] Impulsou os maios de Verín en 1951 e foi promotor da homenaxe aos afiadores.[2]

Recoñecementos editar

  • Recibiu o premio Adolfo Estévez de xornalismo polo artigo "Héroes en el anonimato: o porco".
  • O Concello de Verín convoca dende 1986 un certame literario para a redacción das coplas dos maios que leva o seu nome.

Notas editar

  1. "Os maios de Gómez Pato. Conferencia Plácido Romero". Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2019. Consultado o 27 de setembro de 2020. 
  2. El Pueblo Gallego, 31-3-1963, p. 2.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar