Henrique López Veiga

biólogo e político galego
(Redirección desde «Enrique César López Veiga»)

Henrique López Veiga,[1] noutras fontes Enrique César López Veiga,[2] nado na Coruña o 1 de febreiro de 1947,[3] é un biólogo e político galego.

Infotaula de personaHenrique López Veiga
Biografía
Nacemento1 de febreiro de 1947 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , biólogo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1226395

Traxectoria editar

Estudou bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela, onde se doutorou, e axiña entrou a traballar no sector pesqueiro e da investigación, e dende 1972 a 1978 realizou tarefas de pescuda no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo. Así, cursou en paralelo a carreira de economía en Suráfrica (1978). Foi nomeado secretario técnico da Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo, e a partir de 1982 foi o seu director.

En agosto de 1987 aprobou unhas oposicións para a Comisión Europea e ocupou diversos empregos na Dirección Xeral de Pesca e na de Mercados e Recursos Externos, onde acadou o posto de xefe de división de Estruturas da Pesca.

Aínda que membro do Partido Popular Galego (1976) de Xaime Illa Couto e, máis tarde, do Partido Galeguista durante a transición, afiliouse posteriormente ao Partido Popular de Galicia. Manuel Fraga Iribarne nomeouno conselleiro de Pesca (1990-1993). Dende este cargo, asumiu a tarefa de regulación do sector mediante a Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros e a Lei 6/1993, de 11 de maio de Pesca de Galicia. Impulsou o Centro de Control do Medio Mariño, adicado dende 1992 ao control da calidade das augas destinadas a produtos do mar para o consumo humano, o Servizo de Salvamento marítimo SOS Galicia, creado en 1991.[4] e un seguro colectivo de accidentes no mar.

Á súa saída da Xunta, traballou na dirección xeral de Política de Competencia da Unión Europea, foi xefe de gabinete de José María Gil-Robles y Gil-Delgado na súa época de presidente do Parlamento Europeo e director xeral de finanzas do Parlamento Europeo (1998-2001). Nese ano volveu a Galicia e ocupou de novo o cargo de conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos entre 2001 e 2005. Durante esta segunda etapa como conselleiro traballou nun plan de modernización da frota de baixura, no fomento da profesionalización do marisqueo, na innovación tecnolóxica do sector conserveiro e no apoio a industria transformadora, así como na informatización das lonxas e no impulso ao Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) para o estudo da dinámica dos ecosistemas en colaboración con diversas entidades do Estado e as tres universidades galegas[5]. Elaborou un Plan sectorial de Acuicultura moi discutido pola súas súas incidencias medioambientais e paisaxísticas[6] Foi o responsable de pesca durante a crise do Prestige.

Tras a retirada de Manuel Fraga anunciou a súa candidatura á presidencia do PPdeG defendendo unha maior democratización do partido e unha aproximación ao centro liberal aínda que finalmente non acadou os apoios necesarios para competir pola secretaría. Foi voceiro de asuntos europeos do PPdeG. O 12 de xuño de 2012 foi elixido polo pleno do Parlamento de Galicia como senador por designación autonómica. Foi presidente da Autoridade Portuaria de Vigo de 2015 a 2020.

Obras editar

  • Manual de política pesqueira (2000)
  • A batalla de Cavite (2002)
  • Desde el Centro de Galicia (2004)

Recoñecementos editar

Recibiu a Medalla de Prata de Galicia en 1994.

Notas editar

  1. Toma de posesión de Henrique López Veiga, novo conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura Arquivado 29 de maio de 2019 en Wayback Machine., na páxina web da TVG
  2. Ficha no Senado(en castelán)
  3. Barrera, Feliciano, ed. (2002). "López Veiga, Enrique César". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 338. ISBN 84-8064-113-4. 
  4. Galicia 2003, Xunta de Galicia, pp 407 e 409. ISBN 84-453-3459-X
  5. Galicia 2003, opus cit. pp 400 e ss
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2009. Consultado o 14 de agosto de 2010. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


Predecesor:
Xosé Henrique Rodríguez Peña
  
conselleiro de Pesca
 
1990-1993
Sucesor:
Xoán Caamaño
Predecesor:
Amancio Landín Jaraiz
  
conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos
 
2001-2005
Sucesor:
Carmen Gallego
Predecesor:
Ignacio López-Chaves
 Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo 
2015-2020
Sucesor:
Jesús Vázquez Almuíña