Enoplósidos
Os Enoplósidos (Enoplosidae) son unha familia de peixes mariños incluídos na orde dos Perciformes.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8e/Enoplosus_armatus.jpg/300px-Enoplosus_armatus.jpg)
Están constituídos por un único xénero, Enoplosus, cunha única especie, Enoplosus armatus (White, 1790). Trátase dun peixe mariño endémico de Australia e distribuído pola súa costa sur.
É un peixe apreciado para a súa cría en acuarios.
Característicias
editarTeñen un corpo alto, subrómbico, coa boca aguzada e lixeiramente súpera. Dúas espiñas no ángulo inferior do preopérculo.
Posúen súas aletas dorsais, a primeira con nove fortes espiñas e a segunda con 1 espiña e o resto radios brandos, moi altos os primeiros. A anal con tres espiñas seguidas, como a dorsal, por radios brandos, máis largos os anteriores. Pectorais pequenas pero pelvianas moi grandes, cunha espiña.
Os adultos presentan unha cor entre prata e marrón cunhas características barras nergras verticais. O talle máximo descrito é duns 50 cm.
Viven en augas temperadas e a pouca profundidade (menos de 90 m), asociados a arrecifes.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Enoplósidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Enoplósidos |