Engracia Vérez Puentes

mestra galega

Engracia Vérez Puentes, nada en Lousada (Xermade) o 23 de maio de 1901[1] en finada en Vilalba o 12 de maio de 1983,[2] foi unha mestra e escritora galega.

Infotaula de personaEngracia Vérez Puentes
Biografía
Nacemento23 de maio de 1901 Editar o valor em Wikidata
Lousada, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de maio de 1983 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Vilalba, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou en Vilalba e na Coruña ata acadar o título de mestra de primeira ensinanza en 1919. Despois dunha breve estancia en Cabreiros, xa casada con Jenaro Carreira Penalonga, foi destinada a Vilarrube, onde residiu preto de sete anos, ata 1933, data do seu traslado a Vilalba. En Vilarrube naceron sete dos seus oito fillos (dous deles finaron na nenez). Na vella escola graduada de Vilalba exerceu a súa profesión durante 32 anos. Logo da súa xubilación e a do seu home dedicouse a viaxar. Os trazos predominantes na súa obra son a descontinuidade e o forzoso autodidactismo, o carácter pouco actual e a privacidade en que a mantivo. Non fixo esforzo ningún por publicar ata moi tarde, se se exclúen algúns poemas aparecidos entre 1955 e 1956 na revista Arquero de Barcelona. Non obtivo éxito cos editores galegos cos que contactou.

Notas editar

  1. Primer escalafón de maestras de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 18. 
  2. La Voz de Galicia, 14-5-1983, p. 82.

Véxase tamén editar

Biografía editar