Enerxía libre de Gibbs

(Redirección desde «Enerxía libre»)

En Termodinámica, a enerxía libre de Gibbs (ou entalpía libre) é unha expresión matemática -máis concretamente unha función de estado extensiva-, que dá a condición de equilibrio e de espontaneidade para calquera proceso que teña lugar a presión constante (por exemplo moitas reaccións químicas). Cambios na enerxía libre simbolízanse como ΔG e representa a enerxía que queda dispoñible para traballo químico útil.

ΔG = ΔH - T ΔS

onde H é o contido de calor; T é a temperatura e S é a entropía do sistema. Foi desenvolvida nos anos 1870 polo físico-matemático estadounidense Williard Gibbs.

  • A condición de equilibrio é
  • A condición de espontaneidade é
  • A condición de equilibrio na dirección oposta é

A enerxía de Gibbs molar parcial, é o que se coñece co nome de potencial químico, que é o que se manexa en cálculos termodinámicos en equilibrio, xa que o equilibrio químico entre dous sistemas implica a igualdade de potenciais químicos e o seu uso facilita os cálculos.

Unidades

editar

Pódese expresar como unha magnitude extensiva, é dicir, que depende da cantidade de sistema, ou intensiva. Neste caso, se cadra máis frecuente, as unidades serían de enerxía por unidade de cantidade de materia. As máis utilizadas son:

  •  
  •  

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar