Enema of the State
Enema of the State é o terceiro álbum da banda estadounidense de pop punk blink-182, publicado o 1 de xuño de 1999 a través do selo MCA Records.. Tras unha longa serie de actuacións en varios clubs e festivais, e varias gravacións independentes ao longo dos 90, Blink-182 déuse a coñecer no Warped Tour e en Australia despois do lanzamento do seu segundo disco, Dude Ranch (1997), e o seu éxito "Dammit". Para gravar o seu terceiro traballo o grupo contratou ao veterano produtor de punk rock Jerry Finn, que traballara anteriormente no álbum de Green Day Dookie (1994). Enema foi o primeiro álbum da banda en contar co batería Travis Barker, que substituíu o membro orixinal Scott Raynor.
Enema of the State | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de blink-182 | ||||
Publicado | 1 de xuño de 1999 | |||
Gravación | xaneiro - marzo de 1999 | |||
Duración | 35:17 | |||
Xénero(s) | pop punk | |||
Selo(s) | MCA Records | |||
Produtor | Jerry Finn | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
En abril do ano 2016 a revista Rolling Stone colocouno no posto 37 da súa lista dos 40 mellores álbums de punk de todos os tempos.[1]
Listaxe de cancións
editarTódolos temas escritos e compostos por Mark Hoppus e Tom DeLonge.
N.º | Título | Duración | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1. | "Dumpweed" | 2:23 | |||||||
2. | "Don't Leave Me" | 2:23 | |||||||
3. | "Aliens Exist" | 3:13 | |||||||
4. | "Going Away to College" | 2:59 | |||||||
5. | "What's My Age Again?" | 2:28 | |||||||
6. | "Dysentery Gary" | 2:45 | |||||||
7. | "Adam's Song" | 4:09 | |||||||
8. | "All the Small Things" | 2:48 | |||||||
9. | "The Party Song" | 2:19 | |||||||
10. | "Mutt" | 3:23 | |||||||
11. | "Wendy Clear" | 2:50 | |||||||
12. | "Anthem" | 3:37 | |||||||
35:17 |
Notas
editar- ↑ "Lista dos '40 mellores álbums de punk de todos os tempos'". Rolling Stone. Consultado o 26 de setembro de 2018.