Encyclopedia of Mathematics

gran obra de referencia matemática traducida da fonte soviética

A Encyclopedia of Mathematics (tamén EOM e anteriormente Encyclopaedia of Mathematics) é unha gran obra de referencia en matemáticas.

Encyclopedia of Mathematics
Lingualingua rusa e lingua inglesa
Especialidadeenciclopedia
EditorialThe Great Russian Encyclopedia e Springer Science+Business Media
Na rede
https://encyclopediaofmath.org/
editar datos en Wikidata ]

Visión xeral

editar

A versión de 2002 contén máis de 8.000 entradas que abranguen a maioría das áreas de matemáticas a nivel de posgrao, e a presentación é de natureza técnica. A enciclopedia está editada por Michiel Hazewinkel e foi publicada por Kluwer Academic Publishers ata 2003, cando Kluwer pasou a formar parte de Springer.

A enciclopedia foi traducida da Matematicheskaya entsiklopediya soviética (1977) editada orixinalmente por Ivan Matveevich Vinogradov e ampliada con comentarios e tres suplementos engadindo varios miles de artigos.

Ata o 29 de novembro de 2011, unha versión estática da enciclopedia podía ser consultada en liña gratuitamente.

Wiki da Encyclopedia of Mathematics

editar

Agora está dispoñíbel unha nova versión dinámica da enciclopedia como wiki pública en liña. Esta nova wiki é unha colaboración entre Springer e a Sociedade Europea de Matemáticas. Esta nova versión da enciclopedia inclúe todos os contidos da anterior versión en liña, mais agora todas as entradas poden actualizarse publicamente para incluír os máis novos avances en matemáticas. Os membros dun consello editorial[1] seleccionado pola Sociedade Europea de Matemáticas supervisará a precisión do contido de todas as entradas.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar