Encrucillada de odios

Encrucillada de odios (en inglés: Crossfire) é un filme negro estadounidense de 1947 que trata o tema do antisemitismo,[5][6] igual que a gañadora do Óscar ao mellor filme dese ano, Gentleman's Agreement. Foi dirixido por Edward Dmytryk[7] e o guión foi escrito por John Paxton, baseado na novela de 1945 The Brick Foxhole, do guionista e director Richard Brooks. O filme, protagonizado por Robert Mitchum, Robert Young, Robert Ryan, Gloria Grahame e Sam Levene, recibiu cinco candidaturas aos premios Óscar.[8] Foi o primeiro filme de serie B que recibiu unha candidatura como mellor filme.[9]

Encrucillada de odios
Ficha técnica
Título orixinalCrossfire
DirectorEdward Dmytryk
ProdutorAdrian Scott
GuiónJohn Paxton
Baseado enThe Brick Foxhole, novela de Richard Brooks (1945)
IntérpretesRobert Young
Robert Mitchum
Robert Ryan
Gloria Grahame
Sam Levene
MúsicaRoy Webb
FotografíaJ. Roy Hunt
MontaxeHarry Gerstad
EstudioRKO Radio Pictures
DistribuidoraRKO Radio Pictures
Estrea22 de xullo de 1947 (Nova York)
15 de agosto de 1947 (Estados Unidos)[1]
Duración86 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Orzamento678 000  dólares[2][3]
Recadación2,5 millóns de dólares[4]

Foi estreado en galego pola Televisión de Galicia o 5 de abril de 2020.[10]

ArgumentoEditar

Despois de ser chamado para investigar o brutal asasinato de Joseph Samuels (Sam Levene), que foi atopado morto na súa casa, o investigador da policía Finlay (Robert Young) descobre que pode haber un asasino entre un grupo de soldados desmobilizados que foran vistos con Samuels e a súa amiga no bar dun hotel esa noite.

Mentres, o sarxento Keeley (Robert Mitchum), avisado de que o seu amigo Mitchell (George Cooper) pode ser o principal sospeitoso, decide investigar o crime para limpar o nome do seu amigo. A cada investigador, os soldados sospeitosos contan a súa versión da noite mediante flashbacks.

ElencoEditar

ProduciónEditar

O guión do filme está baseado na novela de Richard Brooks. Brooks escribiu a novela mentres era sarxento do corpo de marines realizando filmes de adestramento en Quantico, Virxinia, e Camp Pendleton, California. Na novela, a vítima era homosexual. Como se conta no filme The Celluloid Closet e no documental incluído na versión en DVD de Encrucillada de odios, o código Hays prohibía calquera mención á homosexualidade, polo que o tema do libro foi cambiado ao racismo e ao antisemitismo.

O libro publicouse mentre Brooks estaba cos marines. Un membro do corpo en nome de Robert Ryan falou con Brooks e díxolle que estaba interesado en participar nunha versión para a pantalla da novela.[11][12]

NotasEditar

  1. "The Little Foxes: Detail View". American Film Institute. Consultado o 8 de maio de 2014. 
  2. Scott Eyman, Lion of Hollywood: The Life and Legend of Louis B. Mayer, Robson, 2005 páx. 420
  3. Variety 1948
  4. "Top Grossers of 1947", Variety, 7 de xaneiro de 1948 páx. 63
  5. Variety film review; 25 de xuño de 1947, p. 8.
  6. Harrison's Reports film review; 28 de xuño de 1947, p. 102.
  7. Crowther, Bosley. "Crossfire". NY Times. Consultado o 5 de maio de 2011. 
  8. Staff. "1947 Academy Awards, Winners and History". AMC Filmsite. American Movie Classics Company LLC. Consultado o 9 de agosto de 2010. 
  9. Encrucillada de odios
  10. Daniel, Douglass K. (2011). Tough as Nails: The Life and Films of Richard Brooks Univ. of Wisconsin Press. p. 34
  11. More Than Night: Film Noir in its Context. Berkeley: University of California Press. pp. 114-123. ISBN 9780520212947 OCLC 803190089

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar