Encarnación Fraga Padín

química e farmacéutica galega

Encarnación Fraga Padín, nada en Cambados o 11 de febreiro de 1908 e finada en 2000,[1] foi unha química e farmacéutica galega.

Infotaula de personaEncarnación Fraga Padín
Biografía
Nacemento1908 Editar o valor em Wikidata
Cambados, España Editar o valor em Wikidata
Morte2000 Editar o valor em Wikidata (91/92 anos)
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfarmacéutica , química Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Realizou estudos superiores na Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela entre 1925 e 1930. Foi discípula de Isidro Parga Pondal, xunto a Amparo Arango Fernández e Dolores Lorenzo Salgado.[2]

Dende abril de 1931 foi membro da Sociedad Española de Física y Química (SEFQ) e publicou nos Anales desta sociedade, xunto a Isidro Parga Pondal, o estudo “Quimismo de la pegmatita litinífera de Goyás (Lalín)”, realizado no Laboratorio de Xeoquímica do Instituto de Estudios Regionales da Universidade de Santiago.[1]

Posteriormente, estudou a carreira de Farmacia e estivo á fronte dunha botica en Cambados, aínda que tamén exerceu como docente.[3]

Tamén tivo vinculación co Seminario de Estudos Galegos en calidade de socia protectora.[4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Pintos (2016)
  2. Docanto, Francisco J. Leonardo (2013). "Los colaboradores del geoquímico gallego Isidro Parga Pondal". Tierra y tecnología: revista de información geológica (43): 1. ISSN 1131-5016. 
  3. "Doña Choncha, unha adiantada da súa época". A ti meu Cambados. 4 de setembro de 2013. Consultado o 2020-12-31. 
  4. "Mulleres Socias Activas e Socias Proctectoras no SEG – Almanaque das Irmandades". Consultado o 2020-12-31. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar