Emídidos

(Redirixido desde "Emydidae")

Os emídidos (Emydidae) son unha familia das tartarugas que comprende máis de 80 especies, que xurdiron no Oligoceno, tendo a maioría dos xéneros representantes actuais. A especie que habita na Galiza é a Emys orbicularis ou sapoconcho europeo.

CaracterísticasEditar

Nesta familia están as tartarugas que viven gran parte do tempo na agua, habitando en estanques, encoros ou ríos, aínda que poiden desprazarse por terra cando o precisan para tratar de atopar lugares axeitados para a posta.

O apareamento pode realizarse en terra ou baixo a auga e o macho persegue á femia golpeándolle e mordéndolle nas patas. Os ovos son alongados e de casca dura. Os novos individuos teñen unha forma máis redondeada e os deseños da cuncha mellor marcados que os dos adultos.

A gran diferenza que é posibel notar nesta familia con relación ás demais é que as súas patas están modificadas para facilitar a natación e captura de alimento.

Debido á perda progresiva dos seu hábitat natural por culpa das accións humanas, as poboacións destas tartarugas están diminuíndo progesivamente, o que as leva a poñer en perigo a súa subsistencia como especie.

ClasificaciónEditar

TaxonomíaEditar

Familia Emydidae

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar