Empresa Ribadeo S.A.

Empresa Ribadeo S.A. (ERSA) foi unha empresa de transporte colectivo de viaxeiros por estrada en autocar da localidade lucense de Ribadeo.

Empresa Ribadeo S.A.
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Constituíuse o 8 de febreiro de 1930 co nome de Empresa Ribadeo de Transportes Mecánicos Rodados S.L., froito da asociación de tres familias con tradición transportista. O 9 de maio de 1957 mudou a forma xurídica á de sociedade anónima.

Durante décadas foi explotadora de boa parte das liñas regulares no norte de Galicia, e pertenceu a accionistas tan significativos no sector do transporte como Raúl López López, Gonzalo Álvarez Arrojo ou as familias Nistal, Freire e Pita.

Nos últimos anos de existencia pertenceu, xunto con Empresa El Celta S.A. (de similar tamaño, capital e anos de experiencia no sector-dende 1954-) á coruñesa Ideal Auto S.A. (IASA). Tras unha progresiva redecoración dos autocares de ámbalas dúas empresas, anunciouse a súa extinción por absorción o 28 de decembro de 1998 nas xuntas xerais da absorbente IASA, que á súa vez foi mercada pola multinacional británica Arriva.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Gómez Vázquez, Moisés; Luis A. Sampedro Vega, Jose M. Vázquez Rico, Alfredo Freire Leiras e Paulo Naseiro Ramudo (2010). "O Ideal Auto" Material Gráfico e Anotacións Históricas (1ª ed.). Ribadeo. p. 172. ISBN 978-84-614-6364-0.