Empire (revista)

revista británica de cinema
(Redirixido desde "Empire Magazine")

Empire é unha revista británica de cinema publicada mensualmente por Bauer Consumer Media de Hamburgo con base en Bauer Media Group. Dende o primeiro exemplar publicado en xullo de 1989, a revista foi editada por Barry McIlheney e publicada por Emap. Bauer mercou Emap Consumer Media a comezos de 2008. É a revista de cinema máis vendida do Reino Unido e tamén é publicada nos Estados Unidos de América, Australia, Turquía, Rusia, Italia e Portugal. Empire organiza anualmente os Premios Empire que foron esponsorizados por Sony Ericsson, e dende 2009 por Jameson.[1] Os premiados son elixidos polos lectores da revista.

Empire
PaísReino Unido
Lingualingua inglesa
Fundación1989
FundadorEMAP
Circulación
ISSN0957-4948
http://www.empireonline.com/
editar datos en Wikidata ]

NotasEditar

  1. "Jameson Empire Awards 2009 website". Empireonline.com. Consultado o 16 de outubro de 2012. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar