Emma Chapman

Física británica

Emma Olivia Chapman, nada en Aylesbury en 1988, é unha física británica e investigadora da Royal Society no Imperial College London.[1] As súas investigacións indagan sobre a época de reionización. Pertence ao 1752 Group, que pretende acabar cos abusos sexuais no ámbito académico. En 2018 concedéronlle o Premio Athenea da Royal Society polos seus esforzos para promover cambios na política nacional nesta área.[2]

Infotaula de personaEmma Chapman

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1988 Editar o valor em Wikidata (35/36 anos)
Datos persoais
EducaciónUniversity College de Londres - Doutor en filosofía (–2014) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica, astrofísica, cosmoloxía e radioastronomia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfísica
EmpregadorUniversity College de Londres, research associate (en) Traducir (2013–2015)
Imperial College London Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webdr-emma-chapman.com Editar o valor em Wikidata
Twitter: dreochapman Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Chapman obtivo o máster en Física na Universidade de Durham en 2010.[3] Completou o seu doutoramento na University College de Londres. Gañou o Premio de Tese do Departamento de Físicas e Astronomía do Universtiy College London Chris Skinner.[1]

Despois do seu doutoramento, Chapman permaneceu no University College de Londres como investigadora posdoutoral.[4] Posteriormente foi galardoada cunha bolsa de investigación da Royal Astronomical Society en 2013.[3] Gañou o Premio á Física do Ano do Institute of Physics en 2014.[5] En 2018, a Royal Society outorgoulle unha bolsa Dorothy Hodgkin.[6]

A súa investigación céntrase na Época da Reionización, cando as estrelas empezaron a irradiar luz no universo.[7] Chapman traballa co telescopio de Baixa Frecuencia (LOFAR).[8][9]

O grupo de 1752 editar

Pertence ao chamado 1752 Group (O grupo 1752), unha pequena organización británica creada en 2015 para terminar co acoso sexual entre persoal e estudantes no mundo académico.[10][11] Foi unha das principais oradoras sobre o tema na Conferencia Internacional de Mulleres en Física, da IUPAP.[12] Asociouse á National Union of Students (NUS) para realizar unha enquisa sobre o acoso sexual entre persoal e estudantes.[13] Constatouse que había unha mala conduta xeneralizada na educación superior e que as institucións non apoiaban adecuadamente ás vítimas.[14] Champan falou sobre os prexuízos na ciencia na Royal Institution, Wellcome Collection e na BBC.[15][16]

Premios editar

Recibiu a Julia Higgins Medal Joselyn Bell Burnell Medal and Prize en 2014.

En 2018, Chapman recibiu o Premio Athena da Royal Society polo seu traballo para terminar co acoso sexual e o acoso escolar entre persoal e estudantes no mundo académico.[2][17]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "UCL Astrophysics Group -- PhD Students (Present & Past)". Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2010. Consultado o 2018-07-19. 
  2. 2,0 2,1 Anon. "Recipients of Royal Society medals and awards in 2018 announced". Royal Society. Consultado o 2018-07-19. 
  3. 3,0 3,1 "Dr Emma Chapman". Consultado o 2018-07-19. 
  4. Chapman, Emma. "Emma Chapman Curriculum Vitae" (en inglés). Consultado o 2018-07-19. 
  5. Physics. "UCL postdoc Emma Chapman wins Very Early Career Woman Physicist Award". Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2020. Consultado o 2018-07-19. 
  6. "Royal Society announces Dorothy Hodgkin Fellows for 2018". Consultado o 2019-02-12. 
  7. "About Me" (en inglés). 2017-01-24. Consultado o 2018-07-19. 
  8. Yatawatta, S.; de Bruyn; Brentjens; Labropoulos; Pandey; Kazemi; Zaroubi; et al. (2013). "Initial deep LOFAR observations of epoch of reionization windows" 550. Bibcode:2013A&A...550A.136Y. ISSN 0004-6361. arXiv:1301.1630. doi:10.1051/0004-6361/201220874. 
  9. Chapman, Emma; Abdalla; Harker; Jelić; Labropoulos; Zaroubi; Brentjens; de Bruyn; Koopmans (2012). "Foreground removal using FastICA: a showcase of LOFAR-EoR" 423 (3). Bibcode:2012MNRAS.423.2518C. ISSN 0035-8711. arXiv:1201.2190. doi:10.1111/j.1365-2966.2012.21065.x. 
  10. "About Us" (en inglés). 2016-07-13. Consultado o 2018-07-19. 
  11. Bannock (2017-03-05). "Sexual harassment 'at epidemic levels' in UK universities". The Guardian. Consultado o 2018-07-19. 
  12. Anon (2017). "More universities must confront sexual harassment: Too many institutions give low priority to tackling sexual misconduct in science." 547 (7664). Bibcode:2017Natur.547Q.379.. ISSN 0028-0836. doi:10.1038/547379a. 
  13. Fyles, Fred S. "National Union of Students launch survey into sexual misconduct at UK universities" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2020. Consultado o 2018-07-19. 
  14. Leggett, Frank. "Study finds higher education rife with sexual misconduct" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2020. Consultado o 2018-07-19. 
  15. "How do we Solve Science's Problem with Women? | Imperial News | Imperial College London" (en inglés). Consultado o 2018-07-19. 
  16. "The Everyday Effect of Unconscious Bias, All in the Mind - BBC Radio 4". Consultado o 2018-07-19. 
  17. Anon. "Royal Society awards go to four IOP Members and Fellows". Institute of Physics. Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2020. Consultado o 2018-07-19. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar