Emma Álvarez Chao

política galega

Emma Álvarez Chao, nada en Lourenzá o 4 de setembro de 1974, é unha política galega do PPdeG.

Modelo:BiografíaEmma Álvarez Chao
Biografía
Nacemento4 de setembro de 1974 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
Lourenzá, España Editar o valor en Wikidata
Alcaldesa de Lourenzá
2012 – 2015
← Vidal Martínez-Sierra LópezRocío López García → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Lourenzá Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor en Wikidata
Membro de

Traxectoria

editar

Diplomada en Ciencias Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela. Dende 1996 traballou en Os Irmandiños Soc. Coop. Galega. Nas municipais de 2007 foi candidata do PPdeG ao concello de Lourenzá, resultou elixida e foi concelleira de Medio Ambiente e Medio Rural. Foi candidata nas autonómicas de 2009, non saíu elixida pero foi deputada do Parlamento de Galicia substituíndo a Raquel Arias Rodríguez. Foi voceira de Montes do Grupo Parlamentario Popular. Logo da dimisión de Vidal Martínez-Sierra López en setembro de 2012, foi elixida alcaldesa de Lourenzá[1], sendo relevada no cargo pola socialista Rocío López García tras as eleccións municipais do ano 2015.[2]

  1. Eiroá González, Inmaculada (2012-09-16). "Emma Álvarez, nueva alcaldesa". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2024-05-28. 
  2. Redacción (2015-05-26). "Emma Álvarez, del PP, atribuye parte de su «batacazo» a un ataque interno de su partido". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2021-01-22. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar


Predecesor:
Vidal Martínez-Sierra López
  
Alcaldesa de Lourenzá
 
2012 - 2015
Sucesor:
Rocío López García