Emily Davies

sufraxista británica

Sarah Emily Davies, nada en Carlton Crescent (Southampton) o 22 de abril de 1830 e finada o 13 de xullo de 1921, foi unha feminista inglesa, sufraxista e unha das primeiras defensoras do dereito das mulleres a ingresar na universidade . É coñecida por ser a cofundadora e primeira directora do Girton College da Universidade de Cambridge, a primeira universidade de Inglaterra que ensinou a mulleres.

Emily Davies
Nacemento22 de abril de 1830
Lugar de nacementoSouthampton
Falecemento13 de xullo de 1921
Lugar de falecementoHampstead
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Alma máterGirton College
Ocupaciónpedagoga, activista polos dereitos das mulleres, editora literaria, sufraxista e escritora
PaiJohn Davies
NaiMary Hopkinson
IrmánsLlewelyn Davies, Henry Barton Davies, William Stephen Davies e Mary Jane Davies
Na rede
WikiTree: Davies-11289
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Emily Davies, filla dun crego evanxélico e dunha mestre, pasou a maior parte da súa mocidade en Gateshead.[1]

Davies estivo a piques de estudar medicina e escribiu o artigo "Female Physicians" para o feminista English Woman's Journal en 1861, e "Medicine as a Profession for Women" en 1862.[2][3] Tamén "alentou moito" á súa amiga Elizabeth Garrett nos seus estudos de medicina.[4]

En 1862, despois da morte do seu pai, Davies trasladouse a Londres, onde editou o English Woman's Journal e fixo amizade coas defensoras dos dereitos das mulleres Barbara Bodichon, Elizabeth Garrett Anderson e a súa irmá máis nova Millicent Fawcett. Davies converteuse nun membro fundador dun grupo de discusión de mulleres, a Kensington Society, xunto con Elizabeth Garrett Anderson, Barbara Bodichon, Dorothea Beale e Francis Mary Buss quen, xuntos, solicitaron sen éxito ao Parlamento que lles concedese o dereito de voto ás mulleres.[5]

Davies comezou a facer campaña polo dereito das mulleres á educación. Participou no London School Board e na Schools Inquiry Commissiony e foi clave para que as nenas fosen admitidas nos exames oficiais de secundaria.

Despois avogou polo acceso das mulleres ás universidades de Londres, Oxford e Cambridge. Como todas as universidades daquela, estas eran exclusivamente para homes.

Tamén participou no movemento sufraxista, centrado no dereito ao voto das mulleres. Ela formou parte da organización da petición para o sufraxio feminino que John Stuart Mill levou ao Parlamento británico en 1866 asinado por Paulina Irby, Elizabeth Garrett Anderson e outras 15.000 persoas. [6][7] Ese mesmo ano escribiu tamén o libro The Higher Education of Women.

En 1869, Davies dirixiu a fundación da primeira universidade británica para mulleres, coa axuda de Frances Buss, Dorothea Beale e Barbara Bodichon. [8] O Girton College estaba orixinalmente situado en Hitchin, Hertfordshire, con Charlotte Manning como a súa primeira directora. A facultade trasladouse máis tarde en 1873 aos arredores de Cambridge.

Davies avogou firmemente por un currículo de calidade que fose equivalente aos ofrecidos aos homes da época. [8] Aínda que o Senado rexeitou a súa proposta de permitir que as mulleres accedan a un título oficial, Davies continuou preparando aos seus estudantes para os exames de Tripos de xeito informal. [8]

De 1873 a 1875, Davies foi a directora da facultade, onde máis tarde exerceu de secretaria ata 1904. A universidade non permitiu que o título de Cambridge fose concedido ás mulleres ata 1948.

A loita persistente de Davies pola educación en igualdade das mulleres foi fundamental na fundación en 1875 do Newnham College, que sería dirixido por Anne Jemima Clough. [8]

En xuño de 1901, obtivo un Doutoramento Honoris Causa en Dereito (DLL) pola Universidade de Glasgow.[9]

Davies tamén continuou o seu traballo a favor do sufraxio. En 1906 dirixiu unha delegación no Parlamento. Era coñecida pola súa oposición aos métodos militantes e violentos utilizados por algunhas sufraxistas, parte do movemento do sufraxismo feminino, liderado por Pankhurts.

En 1910, Davies publicou Thoughts on Some Questions Relating to Women.

Notas editar

  1. Leonard, A. G. K. (Autumn 2010). "Carlton Crescent: Southampton’s most spectacular Regency development" (PDF). Southampton Local History Forum Journal. Southampton City Council. pp. 41–42. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de xaneiro de 2013. Consultado o 23 de marzo de 2012. 
  2. Davies, Emily (1861). "Female Physicians". 
  3. Davies, Emily (11 de xuño de 1862). "Medicine as a Profession for Women". 
  4. Blake, Catriona (1990). The Charge of the Parasols: Women's Entry to the Medical Profession (First ed.). London, UK: The Women's Press Limited. p. 57. ISBN 0-7043-4239-1. 
  5. "Emily Davies". Spartacus Educational. Consultado o 17 de febreiro de 2015. 
  6. "Miss Paulina Irby - an Early Suffragist". The Common Cause. 1915. Consultado o 2 de marzo de 2013. 
  7. Sara Delamont, ‘Davies, (Sarah) Emily (1830–1921)’, Oxford Dictionary of National Biography, Oxford University Press, 2004; online edn, maio de 2007 accessed 2 March 2013
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 Gould, Paula (xuño de 1997). "Women and the Culture of University Physics in Late Nineteenth-Century Cambridge" 30 (2): 127–149. doi:10.1017/s0007087497002987. 
  9. "Glasgow University jubilee" The Times (London).