Emilio Méndez-Brandón Bartolomé

avogado e político galego

Emilio Edmundo Méndez-Brandón Bartolomé, finado en Santiago de Compostela o 10 de maio de 1962, foi un avogado e político galego.

Emilio Méndez-Brandón Bartolomé
Falecemento10 de maio de 1962
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado e político
PaiEmilio Méndez Brandón
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Fillo de Emilio Méndez Brandón. Estudou nos Escolapios de Celanova. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi concelleiro e tenente-alcalde de Santiago de Compostela. Foi presidente da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago dende 1942 ata a súa morte. Finou en Santiago de Compostela o 10 de maio de 1962.[1]

Vida persoal Editar

Casou con Concepción Lezón de Burdeos.

Notas Editar

  1. La Noche, 11-5-1962, p. 3.