Emilio Gutiérrez de la Cámara
Emilio Gutiérrez de la Cámara, nado en Aguilar de la Frontera o 21 de xullo de 1836 e finado en Madrid o 5 de marzo de 1899, foi un militar e político español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de xullo de 1836 Aguilar de la Frontera, España |
Morte | 5 de marzo de 1899 (62 anos) Madrid, España |
Senador de España | |
Actividade | |
Ocupación | militar, político |
Traxectoria
editarFillo dunha familia de propietarios agrarios cordobeses. En 1853 ingresou como cadete no Colexio de Cabalaría, en 1856 ascendeu a alférez e despois a tenente. Permaneceu en distintas guarnicións e en 1868 participou na batalla de Alcolea baixo as ordes do xeneral Antonio Caballero de Rodas. Fixo a primeira campaña de Cuba co xeneral Caballero de Rodas. Chegou a xeneral de división. Na Restauración foi elixido deputado polo distrito da Estrada nas eleccións de 1876 e polo de Caldas de Reis nas eleccións de 1879. Foi elixido senador en 1886 pola provincia de Puerto Príncipe (Cuba). Nas eleccións de 1891 foi elixido deputado polo distrito de Sancti-Spíritus (Cuba). Foi secretario do Consello Supremo de Guerra e Mariña (1895-1898). Finou en Madrid en marzo de 1899.[1]
Vida persoal
editarCasou en 1871 con Matilde de la Torre Perovani, filla de Elvira Perovani della Torre, neta do pintor italiano Giuseppe Perovani.[2]
Notas
editar- ↑ La Correspondencia de España, 7-3-1899, p. 3.
- ↑ Expediente personal del Senador D. Emilio Gutiérrez de la Cámara, por la provincia de Puerto Príncipe (Cuba).
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Biografía na Real Academia da Historia.