Emil Theodor Kocher

médico suízo

Emile Theodor Kocher, nado en Burgdorf, (Cantón de Berna) o 25 de agosto de 1841 e finado en Berna o 27 de xullo de 1917, foi un médico suízo.

Emile Theodor Kocher
Datos persoais
Nacemento25 de agosto de 1841
LugarBurgdorf (Suíza)
Falecemento27 de xullo de 1917, 75 anos
LugarBerna (Suíza)
SoterradoBremgarten cemetery
ResidenciaSuíza
NacionalidadeSuíza
Actividade
CampoMedicina
Alma máterUniversidade de Berna
Contribucións e premios
Coñecido porDesenvolvemento da cirurxía da tiroide
PremiosPremio Nobel de Medicina (1909)
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Estudou en Berna, París, Berlín e Londres, obtendo o doutoramento en Berna en 1865. En 1872 sucedeu a Georg Albert Lucke como profesor de cirurxía da Universidade de Berna e director da Clínica Universitaria Cirúrxica de Berna, cargos que ocupou até 1911.

Publicou traballos relativos á glándula tiroide (ideando un método para o seu transplante), tratamentos antisépticos, infeccións cirúrxicas, feridas de bala e osteomielites aguda. Descubriu un método para reducir a luxación do ombreiro e introduciu novas técnicas nas operacións de hernia e de cancro de estómago. Realizou melloras técnicas a numerosos tipos de operacións cirúrxicas do pulmón, o estómago e a vesícula biliar.

En 1878 practicou con éxito a primeira extirpación do bocio, operación que tivo ocasión de repetir máis de 2.000 veces dado que vivía nunha das zonas máis bocióxenas do mundo. En 1912 preparou un coaguleno esterilizado que, inxectado, aumenta a coagulación do sangue e serve para previr e tratar hemorraxias internas.

Os seus éxitos no campo da cirurxía foron debidos en boa parte pola mellora do instrumental e pola utilización sistemática da asepsia. Débeselle a invención das pinzas hemostáticas de grampas que levan o seu nome. Considerado como o mellor cirurxián da súa época, foi elixido presidente do Primeiro Congreso Internacional de Cirurxía (1905)

En 1909 outórgaselle o Premio Nobel de Medicina polos seus traballos sobre a fisioloxía, patoloxía e cirurxía da glándula tiroide. Co importe do premio axudou a fundar o Instituto Kocher en Berna, escola de cirurxía na que se formaron grandes cirurxiáns.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar