Abrir o menú principal

O Embraer EMB 312 Tucano é un avión de adestramento básico con pequenas capacidades de ataque desenvolvido pola compañía brasileña Embraer. A Forza Aérea Brasileña patrocinou o proxecto EMB-312 a finais do ano 1978. O traballo de deseño e desenvolvemento comezou a principios de 1979 para a realización dun modelo de adestramento de baixo custo e relativamente sinxelo con características innovadoras, e que finalmente pasaría a ser un estándar internacional para os avións do seu tipo. O prototipo realizou o seu primeiro voo o 16 de agosto de 1980 e as primeiras unidades foron entregadas en 1983.

Embraer EMB 312 Tucano
Peru Air Force - Embraer T-27 Tucano - Lofting.jpg
Tucano da Forza Aérea de Perú
Tipoavión de adestramento
FabricanteEmbraer
Primeiro voo16 de agosto de 1980
Introducidosetembro de 1983
Estadoactivo
Produción1980 - 1996
Unidades construídas664
VariantesShort Tucano

A produción foi iniciouse localmente cun pedido de 118 avións, con opcións para outros 50 en outubro de 1980. Posteriormente sería fabricado en Exipto baixo licenza en 1993, e despois comezaríase a fabricar unha versión mellorada coñecida como Short Tucano, que foi un produto baixo licenza fabricado no Reino Unido. O Tucano converteuse no primeiro éxito internacional de Embraer. Foron fabricados un total de 664 exemplares, voando en 16 forzas aéreas de todo o mundo.