Emblema de Djibuti

Emblema nacional de Djibuti

O emblema nacional de Djibuti foi adoptado tras producirse a declaración de independencia do país o 25 de xuño de 1977.

Emblema de Djibuti
Detalles
ArmigerDjibuti
Adoptado1977
CristaEstrela vermella
EscudoEscudo tradicional
AlicerceDúas mans, cada unha delas termando dun machete

Na parte central deste escudo aparece representada unha lanza colocada verticalmente, detrás dun escudo tradicional. Baixo o escudo hai dous brazos, situados ós lados da lanza, portan senllos machetes. Os dous brazos simbolizan aos dous grupos étnicos de Djibuti: os afar e o clan dos issa.

Na parte superior do escudo figura unha estrela vermella de cinco puntas e na súa parte exterior aparecen representadas esquematicamente dúas pólas de loureiro.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar