Emblema de Acerbaixán
O emblema de Acerbaixán (en azarí: Azərbaycan gerbi), é unha mestura de símbolos tradicionais e modernos. O punto central do emblema está ocupado polo lume, un símbolo antigo da terra azarí.
Emblema de Acerbaixán | |
---|---|
Detalles | |
Armiger | Acerbaixán |
Adoptado | 17 de novembro de 1990 |
Escudo | Representación do nome de Alá en forma de Chama Eterna |
As cores empregadas na composición do emblema son tomadas da bandeira de Acerbaixán. Estas cores atópanse no fondo detrás da estrela de oito puntas onde está o lume. A estrela simboliza as oito ramas do pobo turco, e entre cada punta da estrela hai outra estrela de oito puntas máis pequena.
Na parte inferior do emblema hai unha presa de trigo, o principal produto agrícola do país. A outra planta representada na parte inferior é o carballo.
Escudos históricos
editar-
Escudo da República Democrática de Acerbaixán (1918-1921)
-
Escudo da República Socialista Soviética Federativa Transcaucásica (1922-1936)
-
Escudo da República Socialista Soviética de Acerbaixán (1936-1991)