Emídidos
Emídidos | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Subfamilias | |||||||||||||||||
Os emídidos (Emydidae) son unha familia das tartarugas que comprende máis de 80 especies, que xurdiron no Oligoceno, tendo a maioría dos xéneros representantes actuais. A especie que habita na Galiza é a Emys orbicularis ou sapoconcho europeo.
Características
editarNesta familia están as tartarugas que viven gran parte do tempo na auga, habitando en estanques, encoros ou ríos, aínda que poiden desprazarse por terra cando o precisan para tratar de atopar lugares axeitados para a posta.
O apareamento pode realizarse en terra ou baixo a auga e o macho persegue á femia golpeándolle e mordéndolle nas patas. Os ovos son alongados e de casca dura. Os novos individuos teñen unha forma máis redondeada e os deseños da cuncha mellor marcados que os dos adultos.
A gran diferenza que é posíbel notar nesta familia con relación ás demais é que as súas patas están modificadas para facilitar a natación e captura de alimento.
Debido á perda progresiva dos seu hábitat natural por culpa das accións humanas, as poboacións destas tartarugas están diminuíndo progesivamente, o que as leva a poñer en perigo a súa subsistencia como especie.
Clasificación
editarTaxonomía
editarFamilia Emydidae
- Subfamilia Emydinae
- Subfamilia Deirochelyinae
- Xénero Deirochelys
- Xénero Chrysemys
- Xénero Graptemys
- Xénero Malaclemys
- Xénero Pseudemys
- Xénero Trachemys
Véxase tamén
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Emídidos |
Bibliografía
editar- Bickham, John; James Parham; Hans-Dieter Philippen; Andres Rhodin; Bradley Shaffer; Phillip Spinks; Peter Paul Van Dijk (2007). "Turtle Taxonomy: Methodology, Recommendations, and Guidelines" (PDF). Chelonian Research Monographs (en inglés): 73–84. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de abril de 2008. Consultado o 27 de novembro de 2010.
- Ernst, Carl H.; Barbour, Roger William; Lovich, Jeffery E. (1994). Dutro, Nancy P, ed. Turtles of the United States and Canada (en inglés). Washington e Londres: Smithsonian Institution Press. pp. 203–204. ISBN 1-56098-346-9.
- Rhodin, Anders G.J.; Paul van Dijk, Peter; Inverson, John B.; Shaffer, H. Bradley. "Turtles of the world, 2010 update: Annotated checklist of taxonomy, synonymy, distribution and conservation status" (PDF) (en inglés).
Ligazóns externas
editar- Adicado á especie Emys orbicularis Arquivado 29 de setembro de 2004 en Wayback Machine. (en alemán)