Elvira Navarro

escritora e crítica literaria

Elvira Navarro Ponferrada, nada en Huelva o 25 de marzo de 1978, é unha escritora española.

Elvira Navarro
Nacemento25 de marzo de 1978
Lugar de nacementoHuelva
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónescritora e crítica literaria
Na rede
Facebook: elvira.navarro.79 Twitter: ElviraNavarro Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

É licenciada en Filosofía. En 2004 gañou o Certamen de Jóvenes Creadores do Concello de Madrid, e entre 2005 e 2008 gozou dunha bolsa de creación na Residencia de Estudantes. Publicou dous libros complementarios: La ciudad en invierno (Caballo de Troya, 2007) e La ciudad feliz (Mondadori, 2009), así como a novela La trabajadora (Random House, 2014), a nouvelle Los últimos días de Adelaida García Morales (Random House, 2016) e o libro de relatos La isla de los conejos (Random House, 2019). A súa obra foi merecedora do XXV Premio Jaén de Novela, do XXVI Premio Andalucía de la Crítica na modalidade de relato e do IV Premio Tormenta ao mellor novo autor. Así mesmo, recibiu a distinción de Nuevo Talento Fnac. En 2010 foi incluída na lista dos 22 mellores narradores en lingua española menores de 35 anos da revista Granta.[1][2]. En 2013 foi escollida como unha das voces españolas con maior futuro pola revista El Cultural, en 2014 a mesma revista seleccionou a súa obra La trabajadora entre as dez mellores novelas en español do ano e en 2019 La isla de los conejos foi considerado como un dos dez mellores libros do ano polo suplemento Babelia do diario El País.

Elvira Navarro é tamén autora do blog Periferia (www.madridesperiferia.blogspot.com), un work in progress sobre os barrios de Madrid que explora os espazos limítrofes e indefinidos. A súa obra foi parcialmente traducida ao inglés, francés, sueco, italiano e turco.

Colaborou con revistas como El Cultural de El Mundo, Ínsula, Letras Libres, Quimera, Turia ou Calle 20, e cos diarios Público, eldiario.es, El Mundo e El País, e exerceu a crítica literaria en Qué Ler, Revista de Libros e no blog La tormenta en un vaso. Foi editora do selo Caballo de Troya en 2015, e imparte obradoiros de escritura.

Obras editar

Novela e conto editar

  • La ciudad en invierno, Barcelona, Caballo de Troya, 2007; Debolsillo, 2008; Debolsillo 2012.
  • La ciudad feliz, Barcelona, Mondadori, 2009.
  • El invierno y la ciudad, RHM Flash (ePub), 2012.
  • La trabajadora, Barcelona, Penguin Random House, 2014.
  • Los últimos días de Adelaida García Morales, Barcelona, Random House, 2016.
  • La isla de los conejos, Barcelona, Random House, 2019. [3]

Obras colectivas editar

  • Quince golpes en la cabeza, compilación de Ernesto Pérez Castillo, La Habana, Editorial Cajachina, 2008.
  • Elegías íntimas. Instantáneas de cineastas, coordinación de Hilario J. Rodríguez, Documenta Madrid 08, 2008.
  • Asamblea portátil. Muestrario de narradores iberoamericanos. Antología de última narrativa, selección e prólogo de Salvador Luis, Lima, Editorial Casatomada, 2009.
  • Madrid / Barcelona. Literatura y ciudad (1995-2010), edición, introdución e guía de lectura de Jorge Carrión, Madrid, Iberoamericana Editorial Vervuert e Cátedra Miguel Delibes (Valladolid), 2009.
  • The best of young Spanish language novelists, Nova York, Granta, 2010; Los mejores narradores jóvenes en español, Barcelona, Granta - Duomo, 2010.
  • Siglo XXI. Los nuevos narradores del cuento español actual, edición de Gemma Pellicer e Fernando Valls, Palencia, Menoscuarto Ediciones, 2010.
  • Chéjov comentado, edición de Sergi Bellver, Madrid, Nevsky Prospects, 2010.
  • Pequeñas Resistencias 5. Antología del nuevo cuento español (2001-2010), edición de Andrés Neuman, Madrid, Editorial Páginas de Espuma, 2010.
  • Los oficios del libro, VV. AA., Madrid, Libros de la ballena, 2011.
  • La ciudad contada: Buenos Aires en la mirada de la nueva narrativa hispanoamericana, edición de Maximiliano Tomas, Buenos Aires, Ministerio de Cultura de Gobierno da Ciudad Autónoma de Buenos Aires, 2012.
  • Cuentos en blanco y negro, edición de Miguel Ángel Oeste, Ciudad Autónoma de Melilla, Consejería de Cultura - Manigua, 2012.
  • Passageways, edición de Camille T. Dungy e Daniel Hahn, San Francisco, TWO LINES - WORLD WRITING IN TRANSLATION, 2012.
  • En breve. Cuentos de escritoras españolas (1975-2010). Estudio y antología, edición de Ángeles Encinar e Carmen Valcárcel, Madrid, Editorial Biblioteca Nueva, 2012.
  • Mar de pirañas. Nuevas voces del microrrelato español, edición de Fernando Valls, Palencia, Menoscuarto, 2012, ISBN 978-84-96675-89-6.
  • Madrid, con perdón. Edición e prologuiño de Mercedes Cebrián. Antoloxía de textos sobre Madrid a cargo de Fernando San Basilio, Esther García Llovet, Carlos Pardo, Juan Sebastián Cárdenas, Jimina Sabadú, Antonio J. Rodríguez, Óscar Esquivias, Natalia Carrero, Grace Morales, Jordi Costa, Álvaro Colomer, Iosi Havilio, Roberto Enríquez e Elvira Navarro. Editorial Caballo de Troya, 2012.
  • Cuento español actual, compilación de Ángeles Encinar. Editorial Cátedra, 2013.

Galardóns e distincións editar

  • Premio Jóvenes Creadores do Concello de Madrid, modalidade de relato, 2004.
  • Distinción Nuevo Talento Fnac por La ciudad en invierno, 2007.
  • Finalista dos Premios Huelva Joven 2008.
  • XXV premio Jaén de novela por La ciudad feliz, 2009.
  • Premio Evolución 09 de Creación Literaria, El Duende-PlayStation, 2009.
  • La ciudad feliz escollida por Culturas do diario Público como un dos libros revelación de 2009.
  • IV Premio Tormenta en un vaso ao Mellor Novo Autor por La ciudad feliz, 2009.
  • Finalista do VII Premio Dulce Chacón de Narrativa Española por La ciudad feliz, 2009.
  • La trabajadora elegida por El Cultural do diario El Mundo como un dos mellores libros en lingua española publicados en 2014.
  • La isla de los conejos escollido por Babelia do diario El País como un dos mellores libros publicados en 2019.
  • Finalista do V Premio de narrativa breve Ribera del Duero por La isla de los conejos, 2017.
  • XXVI Premio Andalucía de la Crítica de Relato por La isla de los conejos.

Polémica editar

A súa novela Los últimos días de Adelaida García Morales (Random House, 2016) foi duramente criticada polo cineasta Víctor Erice no diario El País. Erice acusou a Navarro de banalizar a figura de Adelaida García Morales. A réplica de Navarro e distintas intervencións públicas doutros escritores (como de Juan Marsé, en apoio de Erice) aumentaron a polémica e o debate sobre os límites da ficción.[4]

Notas editar

  1. Javier Rodríguez Marcos. Canon literario se escribe con 'ñ', El País, 2 de outubro de 2010; acceso 6 de xuño de 2011
  2. "Granta 113: The Best of Young Spanish-Language Novelists". Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2011. Consultado o 23 de febreiro de 2011. 
  3. "Elvira Navarro: «Hemos interiorizado la precariedad y el derrotismo»". La Razón (en castelán). 28 de febreiro de 2019. Consultado o 6 de marzo de 2019. 
  4. Marín, Maribel (19 de outubro de 2016). "La ficción también duele. El artículo de Víctor Erice sobre 'Los últimos días de Adelaida García Morales', de Elvira Navarro, enciende el debate sobre los límites en literatura". El País. Consultado o 3 de decembro de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar