Elvira Lodeiro González

política galega

Elvira Lodeiro González, nada en Pontevedra en 1908 e finada na mesma cidade o 19 de decembro de 1936, foi unha membro da resistencia galega.

Modelo:BiografíaElvira Lodeiro González
Biografía
Nacemento1908 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Morte19 de decembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (27/28 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJuan Manuel Gómez Corbacho Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 537

Traxectoria

editar

Casada co chofer da liña de autobuses a Cangas Juan Manuel Gómez Corbacho. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na defensa da República que se orquestrou desde o Goberno Civil de Pontevedra ata a súa rendición, o 20 de xullo. Despois fuxiu e agochouse. Reclamada mediante requisitoria polo xuíz militar de Pontevedra o 4 de setembro xunto con Aurelio Torres Lorenzo, Manuel Martínez, Albino Sánchez Leiro e Manuel Pedreira Rumbo.[1] Foi detida o 12 de decembro con Consuelo Acuña Iglesias e o irmán desta Ramón Acuña Iglesias, nunha acción na que resultaron mortos Manuel Méndez Montes e o seu home. Xulgados en consello de guerra sumarísimo por rebelión militar ao día seguinte, foron condenados á pena de morte. Consuelo e Ramón foron fusilados ao amencer do 14 de decembro. Elvira dixo que estaba embarazada e adiáronlle a sentenza, pero acabou executada o 19 de decembro de 1936, alegando que as probas médicas descartaran o estado de gravidez.[2]

  1. El Diario de Pontevedra, 4-9-1936, p. 2.
  2. El Pueblo Gallego, 20-12-1936, p. 8.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar