Elvira García Piñeiro

xurista e política galega

Elvira María García Piñeiro, nada en Pontevedra en 1967, é unha avogada e política galega, deputada autonómica na Asemblea de Madrid por Unión Progreso y Democracia (UPyD) durante a IX Lexislatura (2011-2015).

Modelo:BiografíaElvira García Piñeiro
Biografía
Nacemento1967 Editar o valor en Wikidata (56/57 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Deputada na Asemblea de Madrid
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogada, política Editar o valor en Wikidata
Partido políticoUnión, Progreso y Democracia Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, exerceu a avogacía dende 1994 en Santiago e Madrid dedicándose inicialmente ó dereito comunitario e á arbitraxe, e especializada en Dereito privado.

Foi membro da Asociación Pro Dereitos Humanos, a cal abandonou en 1992 trala defensa da Lei Corcuera por parte dalgúns dos fundadores da asociación.

É membro de Unión Progreso y Democracia (UPyD) dende setembro de 2007, tratando os temas xurídicos relacionados co partido; así mesmo, é membro do Consello de Dirección e do Consello Político do partido.

Tralas eleccións autonómicas de 2011 é elixida deputada na Asemblea de Madrid, sendo voceira adxunta segunda do Grupo Parlamentario de Unión Progreso e Democracia e voceira do seu grupo na Comisión de Presidencia e Xustiza e na Comisión de Vixilancia das Contratacións.