Elsa Urquijo

arquitecta galega

Elsa Urquijo, nada na Coruña, é unha arquitecta galega, fundadora no ano 2000 de Elsa Urquijo Architects.

Infotaula de personaElsa Urquijo
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor em Wikidata
A Coruña Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

É epecialista tanto en proxectos arquitectónicos como en deseño de interiores, contando entre estes últimos cun gran número de tendas para marcas de moda españolas, como os centros de Zara en Nova York, Zürich, Hong Kong, Madrid (Serrano e Gran Vía) e Marineda City.

Tamén deseñou o centro benéfico social Padre Rubinos na Coruña, que recibiu o premio Wan Healthcare Award no 2016. Nese mesmo ano participou na Bienal de Venecia coa mostra In Finis Terrae.