Elsa Schiaparelli

Elsa Schiaparelli, nada en Roma o 10 de setembro do 1890 e finada en París o 13 de novembro de 1973, foi unha deseñadora de alta costura, fundadora da marca Schiaparelli. A súa dedicación á moda converteuna nunha das deseñadoras máis recoñecidas e famosas do século XX. Os seus modelos eran atrevidos e sorprendentes para os canons da época grazas a inspiración que obtivo do movemento surrealista.[1]

Elsa Schiaparelli
Elsa Schiaparelli.png
Nacemento10 de setembro de 1890
Lugar de nacementoRoma, Italia
Falecemento13 de novembro de 1973
Lugar de falecementoParís, Francia
NacionalidadeItaliana
OcupaciónDeseñadora de moda
PaiCelestino Schiaparelli
NaiMarchesa Maria de Dominicis
CónxuxeWilhelm de Wendt de Kerlor
FillosMaria Luisa Yvonne Radha
PremiosNeiman Marcus Fashion Award
Na rede
https://schiaparelli.com
IMDB: nm0771277 Allmovie: p179044
WikiTree: Schiaparelli-1 Find a Grave: 41856201 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Elsa Schiaparelli naceu no Palazzo Corsini en Roma. Era filla de Celestino Schiaparelli, decano da Universidade da Sapienza, director da Lincei Library,[2] orientalista e unha autoridade en sánscrito. A súa nai era aristócrata. Era sobriña do astrónomo Giovanni Schiaparelli, co cal pasou moito tempo estudando os ceos.

Estudou filosofía. Escribiu un libro de poemas eróticos, Arethusa, que non agradaron a súa familia polo que a enviaron a un convento. [3]A comezos de 1910 viaxou a Londres onde coñeceu o conde Wilhelm de Wendt de Kerlor, teósofo e médium.[4] En 1914 casou con el e trasladáronse a vivir a Niza. En 1916, mudáronse a Nova York. Alí coñeceu a Marcel Duchamp e a Alfred Stieglitz.

En 1920 tiveron unha filla, Maria Luisa Yvonne Radha, máis coñecida como Gogo Schiaparelli, que lles deu dúas netas, Marisa Berenson, modelo e actriz; e Berry Berenson, fotógrafa e actriz. O seu matrimonio co conde rematou debido a que este a abandonou pola bailarina Isadora Duncan.

Traxectoria na modaEditar

Tras pasar unha tempada en Norteamérica, en 1922, trasladouse a París xunto a súa filla. Alí entrou en contacto cos círculos vangardistas da cidade. En 1924, coñeceu o modisto Paul Poiret. Asentada e ben colocada socialmente, en 1927, Elsa presentou a súa primeira colección e levantou a súa propia marca coa que alcanzou un éxito inaudito e grazas á cal se converteu nun emblema. Un ano máis tarde lanzou o seu primeiro perfume, “S”.

En 1931, deseñou para a tenista española Lilí Álvarez, a primeira saia pantalón, considerada escandalosa para a época, que utilizou no torneo de Roland Garros de París e despois no torneo de Wimbledon.[5][6] Ademais, inaugurou a súa primeira tenda Pour le Sport no número 4 da rue de la Paix, en París. Pouco despois abriu unha tenda en Londres. Xa en 1936 deseñou unha liña de bolsos para a compañía americana Whiting & Davis. Tamén creou o vestiario de Mae West (unha das súas clientas habituais) para o filme Every Day´s a Holiday.[7]

En 1941 refuxiouse da guerra en Nova York ata que en 1945 regresou a París onde presentou a súa nova colección. Nese momento, Hubert de Givenchy comezou a traballar para a marca. Xa en 1953 publicou Shocking Life, a súa autobiografía.[8] Ao final dese ano, House of Schiaparelli pechou mentres que a parte dos perfumes continúa. A deseñadora retirouse á súa casa de Tunisia.

Anos despois da súa morte, o Museo de Arte de Philadelphia dedicou unha retrospectiva ao seu traballo.[9] No ano 2012 o MET de Nova York inaugurou a exposición Schiaparelli and Prada: Impossible Conversations.[10]

NotasEditar

  1. MUÑOZ(@munoz_rafa), RAFAEL (2017-11-07). "Schiaparelli y Dalí, la moda surrealista". RTVE.es (en castelán). Consultado o 2021-04-24. 
  2. "Elsa Schiaparelli Vogue". 
  3. "Elsa Schiaparelli, la diseñadora que inventó vestidos surrealistas para el fin del mundo". La Vanguardia (en castelán). 2020-05-16. Consultado o 2021-04-24. 
  4. Beaudoin, Anne-Cécile (25 de marzo de 2014). "SCHIAPARELLI La renaissance". Paris Match. 
  5. "Maison Schiaparelli - Tennis & Mode Au Musée de Roland Garros.". www.schiaparelli.com. 
  6. Vloque, Sara (24 de junio de 2016). "Llega Wimbledon: ¿tienes ya tu modelito?". El Español. 
  7. "Así es como Mae West dominó la moda en 1933". Vogue España (en castelán). Consultado o 2021-04-24. 
  8. Dafne (2012-08-22). "Shocking Life by Elsa Schiaparelli, la autobiografía de un genio de la moda". Bcn Cool Hunter (en castelán). Consultado o 2021-04-24. 
  9. "Philadelphia Museum of Art - Exhibitions - "Shocking!" The Art and Fashion of Elsa Schiaparelli". philamuseum.org. Consultado o 2021-04-24. 
  10. "Schiaparelli and Prada: Impossible Conversations". www.metmuseum.org. Consultado o 2021-04-24. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Uve, Sandra (2018). Supermujeres, superinventoras: Ideas brillantes que transformaron nuestra vida. Madrid: Planeta S.A. ISBN 978-84-16890-97-2.

Ligazóns externasEditar