Elsa Lunghini, nada en París o 20 de maio de 1973, é unha actriz e cantante francesa. Entre 1986 e 2007 empregou o pseudónimo artístico de Elsa, e en 2008 retomou o seu nome completo coa publicación do seu álbum Elsa Lunghini.

Infotaula de personaElsa Lunghini

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de maio de 1973 Editar o valor em Wikidata (50 anos)
18.º arrondissement de Paris, Francia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesElsa (1986–2007) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , actriz de cinema , compositora de cancións , artista discográfico Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1986 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoMúsica pop e folk Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoUpright piano (en) Traducir e voz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoAriola Records
Mercury Records Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiGeorges Lunghini (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webe-lunghini.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0526729 Allocine: 15318 Allmovie: p43819
Facebook: Elsa-Lunghini-369812239782424 MySpace: elsalunghini Last fm: Elsa Musicbrainz: 747b136c-4cea-4916-b8d3-72b50c34341e Songkick: 507182 Discogs: 296154 Allmusic: mn0001336557 Deezer: 10362 Genius: Elsa-lunghini Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Seu pai é o cantante e actor Georges Lunghini e súa nai a escultura e pintora Christiane Jober. É sobriña da actriz e escritora Marlène Jobert e curmá de Eva Green, Joséphine Jobert e mais Joy Green [1][2] .

Con sete anos interpretou o seu primeiro papel no cinema, foi nun filme de 1981 do director Claude Miller, Garde à vue protagonizado por Romy Schneider, Lino Ventura e Michel Serrault. Despois realizou varias películas máis, entre elas La Femme de ma vie en 1986 e foi durante esta película que empezou a cantar, fíxoo con T'en va pas e logrou o éxito, xa que con trece anos foi a artista máis nova en chegar ao número un do Top 50[3], e o tema permaneceu oito semanas como o sinxelo máis vendido cunhas vendas case 900 000 exemplares [4].

En 1988 lanzou o seu primeiro álbum, Elsa, que logrou grande éxito, máis de 800 000 álbums vendidos, e entre as cancións que incluía estaban os éxitos Quelque chose dans mon cœur, Un roman d'amitié un dueto con Glenn Medeiros que foi número un durante seis semanas, Jour de neige, À la même heure dans deux ans e Jamais nous un dueto con Laurent Voulz [5].

En 1990 publicou o seu segundo álbum, Rien que pour ça ..., do que se extraeron títulos como Rien que pour ça, Pleure doucement e Qu'est-ce que ça peut lui faire ?. Este álbum acadou menos éxito que o primeiro, aínda así foi platino, con máis de 300 000 exemplares vendidos, o que lle permitiu ser, en novembro dese ano, a artista máis nova en aparecer no programa principal do Olympia de París.

En 1991 protagonizou Le Retour de Casanova, con Alain Delon e Fabrice Luchini e en 1992 volveu á música co seu terceiro álbum, Douce Violence, diferente aos anteriores, con cancións melancólicas e insolencia; a canción principal "Bouscule-moi", creba a imaxe lene da cantante e revela o seu lado máis adulto e sexy[6], vendeu máis de 200 000 exemplares [7].

 
Elsa Lunghini nun momento da filmación de Trois jours en juin (2005)

Tras a saída deste álbum dedícase ao seu primeiro fillo, Luigi, froito da súa unión co cantante alemán Peter Kröner[8] e non vai gravar outro álbum ata 1996, Chaque jour est un long chemin para o que tamén escribiu as letras[9]. Tivo boas críticas, en especial o sinxelo Sous ma robe pero non acadou o éxito popular[10]. O ano seguinte publicou a compilación Elsa, l'essentiel 1986-1993, que se converteu en disco de ouro[11].

 
Elsa Lunghini na cerimonia de entrega dos premios Lumières de 2015

En 2002 protagonizou o telefilme La Mort est rousse con Bernard Giraudeau e Eva Darlan e en 2005 volveu con Trois jours en juin con Guy Marchand. Tras un conflito coa súa discográfica, BMG France[6], asinou con Mercury Records para o que gravou o seu quinto álbum De lave et de sève que saíu en abril de 2004, Elsa foi a autora de boa parte dos textos, co que confirmou o seu status de cantautora. No álbum tamén participaron Benjamin Biolay, Hubert Mounier, Keren Ann e Étienne Daho. Realizou unha serie de concertos na sala L'Européen de París en setembro de 2005, e en abril de 2006 efectuou o seu primeiro directo, despois de vinte anos de carreira[12]. Implicouse na gala de concertos solidarios de les Enfoirés para a asociación Restos du cœur, así como noutras causas benéficas como Sol En Si ou Bout de vie. En 2007 interpretou a Suzanne na adaptación para a televisión da novela de Marc Levy, Où es-tu ? acompañada de Cristiana Reali e Philippe Bas. Emitiuse en xuño de 2008 en M6.

O seu sexto álbum Elsa Lunghini saíu en setembro de 2008, a maioría dos títulos son da autoría de Da Silva, Elsa e Dominique A. Malia saír tres sinxelos do álbum, Oser, Le garçon d'étage e Les tremblements de terre[13], non gozou de éxito e finalmente tanto os concertos en París como a xira por Francia tivo que se anular[14]. En 2009 interpretou o papel de Emma no telefilme Aveugle, mais pas trop de Charlotte Brandström que se emitiu o 14 de setembro de 2009 en TF1, acompañada de Bernard Le Coq. No primeiro trimestre de 2010 participou na miniserie de France 2, La Maison des Rocheville, protagonizada por Alexandre Brasseur, Chloé Lambert e Virginie Desarnauts. Participou nun dueto con Bruno Putzulu coa canción "J’t'aimais j’t'aime" en 2010 e no ano seguinte no álbum de Thierry Gali Il était une fois en apoio da Unicef[15].

En xaneiro de 2017 incorporouse á cuarta tempada da serie policial de France 2, Cherif, no papel de Justine, a compañeira de Cherif[16] e en 2019 fixo o seu primeiro papel teatral, foi na comedia 2+2 de Cyril Gély e Eric Rouquette que dirixiu Jeoffrey Bourdenet,no Teatro Tristan Bernard.

Discografía editar

Álbums editar

Sinxelos editar

  • 1986: T'en va pas
  • 1987: Quelque chose dans mon cœur
  • 1988: Un roman d'amitié (dueto con Glenn Medeiros)
  • 1988: Jour de neige
  • 1989: À la même heure dans 2 ans
  • 1989: Jamais nous
  • 1990: Rien que pour ça
  • 1991: Pleure doucement
  • 1991: Qu'est-ce que ça peut lui faire
  • 1992: Bouscule-moi
  • 1993: Supplice chinois
  • 1993: Tout l'temps, tout l'temps
  • 1996: Chaque jour est un long chemin
  • 1997: Sous ma robe
  • 1997: Le temps tourne à l'orage
  • 2004: Mon amour
  • 2004: A quoi ça sert
  • 2005: Éternité
  • 2006: Connexions (directo)
  • 2008: Oser
  • 2008: Le garçon d'étage

Filmografía editar

  • 1981 : Garde à vue de Claude Miller : Camille (nena)
  • 1984 : Train d'enfer de Roger Hanin
  • 1985 : Rouge Baiser de Véra Belmont : Rosa
  • 1986 : La Femme de ma vie de Régis Wargnier : Éloïse
  • 1987 : Où que tu sois de Alain Bergala : Anne
  • 1991 : Le Retour de Casanova de Édouard Niermans : Marcolina
  • 2009 : Le Portail, curtametraxe de Liam Engle : a nai
  • 2011 : Block 66, curtametraxe de Patrice Gablin : Handi
  • 2013 : Pauvre Richard de Malik Chibane
  • 2013 : Une vie déportée, curtametraxe de Marie-Hélène Roux

Televisión editar

  • 2002 : La Mort est rousse de Christian Faure : Charlotte
  • 2005 : Trois jours en juin de Philippe Venault : Sylvie
  • 2008 : Où es-tu ? (dun novela de Marc Levy) de Miguel Courtois : Suzanne
  • 2009 : Aveugle, mais pas trop de Charlotte Brandström : Emma
  • 2010 : La Maison des Rocheville de Jacques Otmezguine : Sylvana
  • 2011 : Les Nuits d'Alice de Williams Crepin : Alice
  • 2012 : Section de recherches (episodio 5 da 6ª tempada « Les mailles du filet ») : Karine Lalande
  • 2013 : Famille d'accueil (episodio 1 da 11ª tempada, « Akecheta ») : Marie Freyssinet / Solenne
  • 2013 : Enquêtes réservées - La belle endormie, (episodio 5 da 6ª tempada) : Maryse & Béatrice Guérand
  • 2014 : Louis la Brocante (episodio 44) : Garance
  • 2014 : Commissaire Magellan (episodio « Régime mortel ») : Justine Reynal
  • 2016 : Mon frère bien-aimé de Denis Malleval
  • 2017 : Cherif (tempada 4ª) : Justine
  • 2017 : Parole contre parole de Didier Bivel : Laura
  • 2017 : Vestiaires (tempada 7ª)
  • 2018 : On va s'aimer un peu, beaucoup..., (tempada 2ª, episodio « Antoine ») : Diane
  • 2018 : Meurtres à Lille de Laurence Katrian : Astrid D'Armentières
  • 2018 : Les Bracelets rouges (tempada 2ª)
  • 2019 : Puzzle de Laurence Katrian : Olivia Sysman
  • 2020 : Caïn, (tempada 8ª) : Marie Charlotte St Hilaire

Notas editar

  1. "Quand Elsa Lunghini se rebelle contre ses maisons de disques". BFM Business. 30 de decembro de 2017. 
  2. "Elsa Lunghini (Chérif): «Je n’ai pas fermé la porte à la chanson»". Le Figaro. 6 de xaneiro de 2017. 
  3. Thomas Joubert (2014). Les années Top 50. Éditions Gründ. p. 82. 
  4. Daniel Lesueur & Dominic DurandLes Meilleures Ventes "Tout Temps" de 45 T. / Singles / Téléchargement. Infodisc, consultado o 29 de maio de 2020
  5. Biographie Voici, consultado o 29 de maio de 2015.
  6. 6,0 6,1 Biographierfimusique.com
  7. Billboard, 22 de maio de 1993, páxina 68, vol. 105, n°21
  8. "Elsa, la mort et l'amour sans détour" Arquivado 07 de xuño de 2020 en Wayback Machine.. Liberation, 7 de outubro de 1996
  9. "Elsa Lunghini. Biographie" Arquivado 14 de abril de 2019 en Wayback Machine.. Universal Music France
  10. Quand Elsa Lunghini se rebelle contre ses maisons de disques. BFM Business, 30 de decembro de 2017
  11. "Elsa Lunghini" Arquivado 07 de xuño de 2020 en Wayback Machine.. Festival de Valenciennes 2017
  12. Vous n'allez pas reconnaître Elsa. Le Parisien, 23 de outubro de 2008
  13. Découvrez le nouveau single d'Elsa Lunghini. Charts in France
  14. Les concerts parisiens d'Elsa Lunghini sont annulés. Charts in France
  15. "Lorie, Laurent Voulzy, Lara Fabian : tous réunis pour un vrai conte de fées". Purepeople. 28 de xullo de 2011. 
  16. Chérif, France 2 : Elsa Lunguini, son fils canon est coach sportif Arquivado 18 de maio de 2017 en Wayback Machine.Telestar, 1 de marzo de 2017