Ellen Gleditsch

científica especialista en radioquímica e activista

Ellen Gleditsch, nada o 29 de decembro de 1879 en Mandal (Noruega) e finada o 5 de xuño de 1968 en Oslo, química e a segunda muller profesora universitaria de Noruega.[1] Empezou a súa carreira como axudante de Marie Curie, e chegou a ser unha pioneira da radioquímica establecendo o período de semidesintegración do radio e axudando a demostrar a existencia de isótopos.[2][3][1][4]

Infotaula de personaEllen Gleditsch

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de decembro de 1879 Editar o valor em Wikidata
Mandal, Noruega (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte5 de xuño de 1968 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Oslo, Noruega Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaVestre gravlund Editar o valor em Wikidata
President Graduate Women International (en) Traducir
1926 – 1929
← Virginia GildersleeveWinifred Cullis → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeNoruega Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Oslo
Universidade de París
Universidade Yale Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónquímica , profesora universitaria Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Oslo (1929–1946) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsKristian Gleditsch (en) Traducir e Eivind Gleditsch (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Find a Grave: 190474156 Editar o valor em Wikidata
Ellen Gleditsch, fotografía de gradación

Traxectoria editar

Ellen Gleditsch traballou como axudante de farmacia capacitándose cara a un grao non académico en química e farmacoloxía en 1902.[5] En 1905 co soporte do seu mentor Eyvind Bødtker, pasou o exame de entrada universitario, pero escolleu estudar en París.[6]

Despois de empezar a súa carreira en farmacia, empezou a estudar radioactividade na Sorbona e traballou no laboratorio de Marie Curie de 1907 a 1912.[7] No laboratorio de Curie, Ellen aplicou unha técnica chamada cristalizacións fraccionarias, coa cal lograba purificar radio. O traballo, era altamente especializado e poucos o podían completar. Pasou cinco anos de análises con Curie e regresou mesmo despois de deixar o laboratorio para supervisar experimentos. En 1911, recibe unha "Licenciatura en grao de ciencias" pola Sorbona e outorgáronlle un posto de ensino universitario en Oslo. Despois de traballar un ano, gañou a primeira bolsa nunca antes dada a unha muller da Asociación escandinava-estadounidense para estudar nos Estados Unidos de América, pero foi rexeitada polos centros nos que solicitou admisión.[5]

Viaxou de todos os xeitos, e foi capaz de traballar no Laboratorio de Bertram Boltwood en Yale Universidade, onde determinou o período de semidesintegración do radio, creando unha medida estándar que se utiliza desde hai moitos anos. O científico que inicialmente rexeitara a súa entrada en Yale, foi coautor de dous artigos con ela e en xuño de 1914,[8] o Smith College outorgoulle un doutoramento honorario polo seu traballo.[5] Entre 1913 a 1914, regresou á Universidade de Oslo e converteuse na segunda muller en ser elixida na Academia de Ciencia de Oslo en 1917.[5][6] Durante os anos 1920, Ellen fixo varias viaxes a Francia para asistir a Curie, así como unha viaxe a Cornualla para investigar unha mina localizada alí.[9]

En 1919, cofundó a Asociación Académica de Mulleres Norueguesas, para centrarse no desenvolvemento de ciencia e as condicións en que as científicas traballaban. Tamén cría que era posible a cooperación de científicos sobre a paz. Serviu de presidenta desa organización de 1924 a 1928. Uniuse, en 1920, á Federación Internacional de Mulleres Universitarias, servindo como a súa presidenta de 1926 a 1929, traballando para proporcionar bolsas para que as mulleres estudaran no estranxeiro.[10] En 1929, fai unha viaxe aos Estados Unidos, de Nova York a California coa intención de promover bolsas para mulleres.

Tras o seu nomeamento como profesora en Oslo en 1929, que causou controversias, empezou cun grupo o estudo da radioactividade exitosamente.[10] Durante os anos 1930, continuou producindo artigos en inglés, francés, alemán e noruegués. Tamén colaborou cunha serie de programas de radio para promover e popularizar o estudo científico. Na década de 1930 dirixiu un laboratorio de radioquímica en Noruega, o cal era utilizado como un laboratorio subterráneo polos científicos que fuxían do réxime Nazi. Cando Noruega estivo ocupada durante a guerra, escondeu científicos e continuou utilizando a súa casa para experimentos. [6]

Retirouse da universidade en 1946 e, empezou a traballar coa UNESCO nos seus esforzos para acabar co analfabetismo. En 1952 foi nomeada para a Comisión norueguesa que traballou nos controis do uso de bombas atómicas. Ese mesmo ano, renunciou á UNESCO en protesta pola admisión de España, baixo o réxime fascista de Franco, como membro.[9] En 1962, aos 83 anos, recibiu un doutoramento honorario pola Sorbona, sendo a primeira muller en recibir tal honra.

Obra editar

  • (Con Marie Curie) Curie; Gleditsch (1908). "Action de l'émanation du radium sur les solutions des sels de cuivre" 5 (8): 225. doi:10.1051/radium:0190800508022500. 
  • "Sur le radium et l'uranium contenus dans les mineraux radioactifs", Comptes Rendus 148:1451 (1909)
  • "Ratio Between Uranium and Radium in the Radio-active Minerals", Comptes Rendus 149:267 (1909).
  • "Sur le rapport entre l'uranium et le radium dans les mineraux actifs", Radium 8:256 (1911).

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Razkin, Uxue (2020-01-30). "Todos los caminos de la radiactividad llevan a Ellen Gleditsch". Mujeres con ciencia (en castelán). Consultado o 2020-12-29. 
  2. 'Ellen Gleditsch' Encyclopedia of World Biography. Reprinted online at bookrags.com.
  3. A Devotion to Their Science: Pioneer Women of Radioactivity. Chemical Heritage Foundation. 1997. pp. 51 ff. ISBN 978-0-941901-15-4. 
  4. "Calendario Investigadoras en Física Nuclear" (PDF). C-PAN. Consultado o 29-12-2020. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Women in Chemistry: Their Changing Roles from Alchemical Times to Mid-twentieth Century. American Chemical Society and Chemical Heritage Foundation. 1998. pp. 107–110. ISBN 0841235228. 
  6. 6,0 6,1 6,2 "The gifted crystallographer". Epigenesys. Consultado o 9 de agosto de 2015. [Ligazón morta]
  7. Lykknes, A.; Kvittingen, L.; Børresen, A. K. (2005). "Ellen Gleditsch: Duty and responsibility in a research and teaching career, 1916-1946" 36: 131. doi:10.1525/hsps.2005.36.1.131. 
  8. ALVAREZ LIRES, María; NUÑO, Teresa; SOLSONA, Nuria. (2003). Las científicas y su historia en el aula. Síntesis. 
  9. 9,0 9,1 Rayner-Canham, Marelene F.; Rayner-Canham, Geoffrey W. (1997). A devotion to their science pioneer women of radioactivity. Philadelphia, Pennsylvania: Chemical Heritage Foundation. p. 73. ISBN 978-0-773-56658-3. Consultado o 9 de agosto de 2015. 
  10. 10,0 10,1 Lykknes, Annette; Kvittingen, Lise; BØrresen, Anne Kristine (2004-12). "Appreciated Abroad, Depreciated at Home: The Career of a Radiochemist in Norway: Ellen Gleditsch (1879–1968)". Isis (en inglés) 95 (4): 576–609. ISSN 0021-1753. doi:10.1086/430650. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar