Elizabeth Fox-Genovese

historiadora estadounidense

Elizabeth Fox-Genovese, nada o 28 de maio de 1941 e finada o 2 de xaneiro de 2007, foi unha feminista e historiadora estadounidense particularmente coñecida polos seus libros sobre as mulleres no sur dos Estados Unidos na primeira metade do século XIX (o antebellum). Foi a voceira principal do movemento de mulleres conservadoras.

Infotaula de personaElizabeth Fox-Genovese

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de maio de 1941 Editar o valor em Wikidata
Boston, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte2 de xaneiro de 2007 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Atlanta, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard
Bryn Mawr College
Instituto de Estudos Políticos de París Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriadora , profesora universitaria Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Rochester (pt) Traducir
Universidade de Binghamton (pt) Traducir
Universidade Emory (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeEugene Genovese
Premios

Traxectoria editar

Filla de Edward Whiting Fox, profesor da Universidade Cornell especialista na historia de Europa moderna, Fox-Genovese estudou no Institut d'Etudes Politiques de Paris en Francia e máis tarde no Bryn Mawr College onde recibiu un B.A. e na Universidade Harvard onde obtivo a súa M.A. e PhD en Historia. Foi profesora de Historia na Emory University, onde tamén ensinou humanidades, e foi a directora fundadora do Instituto de Estudos da Muller. No Instituto, empezou o primeiro programa doutoral de Estudos da Muller dos Estados Unidos e persoalmente dirixiu trinta e dúas disertacións doutorais. No 2003, George W. Bush outorgoulle unha condecoración, a National Humanities Medal.[1] Estaba casada co historiador Eugene D. Genovese, con quen colaboraba en certas ocasións.

En 1995, Fox-Genovese converteuse publicamente, xunto ao seu marido, ó catolicismo, en parte debido ó orgullo e egocentrismo que ela afirmaba vira nos académicos seculares.[2][3] Algúns consideraban que a súa reputación como feminista estaba en xogo pola súa conversión, pero ela aseguraba que a súa conversión era "totalmente consistente" e escribiu: "A miña experiencia co feminismo radical e de clase alta, só fortaleceu a miña crecente desconfianza no orgullo individual".

Escolma de obras editar

Notas editar