Elizabeth Clarke Wolstenholme Elmy

activista británica

Elizabeth Clarke Wolstenholme Elmy, nada en Cheetham Hill, Manchester o 30 de novembro de 1833 e finada o 12 de marzo de 1918, foi unha muller feminista e sufraxista británica, ensaísta e poeta, quen tamén escribiu baixo os pseudónimos E e Ignota.

Infotaula de personaElizabeth Clarke Wolstenholme Elmy

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Elizabeth Wolstenholme Elmy Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de novembro de 1833 Editar o valor em Wikidata
Cheetham Hill (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte12 de marzo de 1918 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Chorlton-on-Medlock (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor em Wikidata
EducaciónFulneck School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEnsaio, Dereitos humanos, Dereitos da muller e belas letras Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónsuffragette Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsJoseph Wolstenholme (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 201484888 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Filla dun pastor metodista, perdeu á súa nai pouco despois de nacer, e ó seu pai ós catorce anos. Foi educada pola súa sogra Mary Lord. Só foi á escola durante dous anos, á Moravian School de Fulneck, preto de Leeds, mais a súa educación na casa foi abondo para permitirlle converterse en mestra nunha escola para nenas en Boothstown, preto de Worsley. Axiña fíxose cargo da administración da institución. A comezos da década de 1860 creou o Manchester Board of Schoolmistresses co obxectivo de organizar a educación feminina e de dar un ensino de tipo universitario ás futuras mestras. Foi moi activa na North of England Council for the Promotion of the Education of Women que tiña un obxectivo semellante. Participou na redacción de capítulos sobre educación do Woman's Work and Woman's Culture de Josephine Butler en 1869. Elizabeth Wolstenholme coidaba que a educación das mulleres lles permitiría acadan a independencia económica.[1]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar