Eliseo Fernández Gómez
político español
Eliseo Fernández Gómez, nado o 2 de maio de 1950, é un empresario e político galego do PPdeG
Eliseo Fernández Gómez | |
---|---|
Nacemento | 2 de maio de 1950 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Eliseo Fernández.
Traxectoria Editar
É industrial no sector do metal, dono dunha empresa de carpintaría metálica que leva o seu nome. Foi concelleiro no Pereiro de Aguiar (1983-1987). Nas eleccións municipais de 1987 foi elixido alcalde do Pereiro de Aguiar por AP. Volveu ser elixido nas sucesivas convocatorias electorais, sempre con maioría absoluta. Foi deputado provincial (2003-2007). A finais de 2018 anunciou que non se presentaría á reelección e que deixaría o concello nas municipais de 2019.[1].
Predecesor: Manuel Doval Soto |
Alcalde do Pereiro de Aguiar 1987 – 2019 |
Sucesor: Luís Menor |
Notas Editar
- ↑ "Luis Menor será el cabeza de lista del PP por Pereiro de Aguiar". La Región (en castelán). Consultado o 2018-11-27.