Abrir o menú principal

Elisabeth Knight Britton

botánica estadounidense

Elisabeth Knigth Britton, nada en Nova York o 9 de xaneiro de 1858 e falecida no Bronx o 25 de febreiro de 1934, foi unha botánica e escritora estadounidense, que contribuiu ó coñecemento dos musgos.

Elisabeth Knight Britton
Elizabeth Gertrude Knight Britton 1.jpg
Nome completoElizabeth Gertrude Knight
Nacemento9 de xaneiro de 1858
 Nova York
Falecemento25 de febreiro de 1934
 Bronx
SoterradaMoravian Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterHunter College
Ocupaciónbotánica, bryologist e curador
CónxuxeNathaniel Lord Britton
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Elizabeth Knight creceu en Cuba, onde a súa familia tiña unha plantación de azucre. Asistiu a colexios en Cuba e Nova York e en 1875 graduouse na Escola Normal. Durante 10 anos traballou nese mesmo centro, e durante este tempo construíu unha reputación como botánica afeccionada. Cara a 1883 especializouse en brioloxía, o estudo dos musgos, e publicou o seu primeiro artigo nese campo.

En agosto de 1885 casou con Nathaniel L. Britton, xeólogo. Nathaniel pronto se volveu cara á botánica, facendo conxuntamente con el varios viaxes para recollida de campo nas indias occidentais. En 1886-1888 foi editora do Bulletin of the Torrey Botanical Club, do que foi membro dende 1879. Coa axuda prestada polo Club e outras persoas interesadas, o matrimonio liderou a creación dun xardín botánico en Nova York. O New York Botanical Garden foi rematado no 1891, e no 1896 Nathaniel Britton foi o primeiro director da institución. O herbario de Columbia foi transferido alí en 1899, e Elisabeth tomou ó seu cargo, de xeito non oficial, a colección de musgos do departamento de botánica de Columbia e de xeito gradual foi construíndo unha impresionante colección, incrementada pola compra da xa recollida polo suízo August Jaeger no 1893. No 1912 outorgóuselle o cargo de xeito honorario.

Outras actividadesEditar

De xeito paralelo desenvolveu outras actividades. Así, en 1902 fundou a 'Wild Flower Preservation Society of America', sociedade americana para a preservación da flora salvaxe, da que foi en diferentes períodos secretaria e tesoureira. A través da sociedade e diversas publicacións liderou movementos que lograron salvar diferentes flores en perigo ó longo dos Estados Unidos. De 1916 a 1919 foi presidente da Sullivan Moss Society, que axudara a fundar en 1898 e que no 1949 pasou a ser a American Bryological Society. Publicou 346 artigos científicos entre 1881 e 1930, e ten 15 especies e 1 xénero de musgos (Bryobrittonia) que levan o seu nome.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar