Elisabeth Hauptmann
Elisabeth Hauptmann, nada en Peckelsheim o 20 de xuño de 1897 e finada en Berlín Oriental o 20 de abril de 1973, foi unha escritora alemá que traballou con Bertolt Brecht.
Elisabeth Hauptmann | |
---|---|
Nacemento | 20 de xuño de 1897 |
Peckelsheim | |
Falecemento | 30 de abril de 1973 e 20 de abril de 1973 |
Berlín Leste e Berlín | |
Soterrado | Dorotheenstädtischer Friedhof |
Nacionalidade | Alemaña e República Democrática Alemá |
Ocupación | tradutora e escritora |
Premios | Patriotic Order of Merit in gold |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Traxectoria editar
Elisabeth coñeceu a Brecht en 1922, ao pouco de chegar a Berlín, e comezou a colaborar con el en 1924, realizou un traballo fundamental para A ópera dos tres reás (1928) traducindo The Beggar's Opera e colaborando decisivamente no texto definitivo da obra de Brecht[1][2]. Tamén foi a autora principal do texto da comedia musical Happy End (1929) co pseudónimo de Dorothy Lane. Viviu no exilio nos Estados Unidos entre 1934 e 1949. Alí casou con Paul Dessau en 1943. Logo da morte de Brecht en 1956, colaborou coa Suhrkamp Verlag para a publicación das súas obras e traballou como dramaturga para a Berliner Ensemble. En 1977 publicou unha colección das súas propias obras co título de Julia ohne Romeo (Xulia sen Romeo).
Notas editar
- ↑ Hinton, Stephen Matters of intellectual property': the sources and genesis of Die Dreigroschenoper en Hinton, Stephen (1990) Kurt Weill: The Threepenny Opera Cambridge: Cambridge University Press
- ↑ Fuegi, John (1994) Brecht & Co.: Sex, Politics and the Making of the Modern Drama Nova York:Grove Press