Elisabeth Christina von Linné

botánica sueca


Elisabeth Christina von Linné, nada en 1743 e finada en Linnaeus' Hammarby en 1782, foi unha botánica sueca, filla de Carl von Linné e Sara Elisabeth Moraea.[1]

Infotaula de personaElisabeth Christina von Linné

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de xuño de 1743 Editar o valor em Wikidata
Suecia Editar o valor em Wikidata
Morte15 de abril de 1782 Editar o valor em Wikidata (38 anos)
Linnaeus Hammarby, Suecia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuecia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbotánica
LinguaLingua sueca Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaLinné family (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisCarl von Linné Editar o valor em Wikidata  e Sara Elisabeth Moræa (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsCarl von Linné, Sara Christina von Linné (en) Traducir e Lovisa von Linné (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Linnæa-10

Traxectoria editar

Non existe información directa sobre a educación de Elisabeth Christina von Linné, nin se atopan mencións claras á ela. No entanto, como seu irmán recibía formación no domicilio como preparación para os seus estudos universitarios, e Christina mantiña contactos cos estudantes do seu pai, que tamén recibían formación no fogar familiar, parece probable que ela recibise a mesma formación ca eles, se cadra incluso simultaneamente, o que non era raro na Suecia da época.

É considerada a primeira muller botánica de Suecia no sentido moderno do termo, a pesar de non recibir unha educación formal na materia. Foi a primeira persoa que describiu o efecto óptico polo que as flores de Tropaeolum majus parecen emitir escintileos de luz, e que foi denominado na súa honra «fenómeno de Elisabeth Linné».[2]

Publicou as súas observacións sobre este tema nun artigo para a Real Academia das Ciencias de Suecia en 1762, con só 19 anos. Esta publicación chegou ás mans do doutor, científico e poeta inglés Erasmus Darwin, quen fixo unha referencia ao fenómeno na súa obra The botanic garden, part II, containing the loves of the plants (1789), na que tamén informou da confirmación do efecto en 1788 por parte de M. Haggren, profesor de Historia Natural. Os poetas William Wordsworth e Samuel Taylor Coleridge leron o libro de Darwin ao comezo das súas carreiras e, influídos por esta historia, fixeron mencións a «flores escintilantes» nos seus poemas. Deste xeito, Elizabeth Linné acabou influindo de forma indirecta aos pioneiros da poesía romántica inglesa.[3]

Christina casou co maior Carl Fredrik Bergencrantz en 1764, co que tivo dous fillos,[1] que morreron sendo nenos. Pero abandonou o seu home e volveu ao fogar paterno un par de anos despois da súa voda, xa que era vítima de violencia doméstica.

Notas editar