Elisa Patiño

aviadora galega

Elisa Patiño Meléndez nada en Pontevedra en 1890 e finada na mesma vila o 12 de abril de 1919, foi unha aviadora e aristócrata galega, coñecida tamén co alcume de Chichana.[1] Foi a primeira muller galega en pilotar un avión.[2]

Infotaula de personaElisa Patiño

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Elisa Patiño Meléndez Editar o valor em Wikidata
1890 Editar o valor em Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de abril de 1919 Editar o valor em Wikidata (28/29 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Gripe de 1918 Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónaviadora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Iniciouse na aviación con José Piñeiro González, ao que acompañou en varias demostracións a bordo do seu Bleriot. Voou soa por vez primeira o 12 de outubro de 1913 na praia de Baltar, en Sanxenxo.

Vida persoal editar

Era filla de Albino Patiño Amado, duque de Patiño, e de Rosa Meléndez. En agosto de 1916 casou en Ponte Sampaio con Enrique Alcaraz Díez, e foi nai en xuño de 1917 de Lucía Alcaraz Patiño, que herdou o ducado de Patiño.[1]. Morreu por mor da gripe de 1918.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 García, Victoria (26 de setembro de 2018). GCiencia, ed. "Elisa Patiño, Chichana, a primeira aviadora galega". Consultado o 17 de abril de 2019. 
  2. "Chichana Patiño, el hada de Piñeiro", artigo de Milagros Bará en Diario de Pontevedra, 4 de maio de 2016 (en castelán).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.