Elisa Beni

xornalista española

María Elisa Beni Uzabal, coñecida como Elisa Beni, nada en Logroño o 31 de xullo de 1965, é unha xornalista e escritora española. Converteuse na directora de periódico máis nova ao se facer con 23 anos de El Faro de Ceuta.[1][2]

Infotaula de personaElisa Beni

(2018) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de xullo de 1964 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Logroño, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Navarra Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm4259391 Twitter: elisabeni Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciouse en Ciencias da Información na Universidade de Navarra. Ten traballado en La Voz de Almería, La Razón e na desaparecida revista Época.[3]

Foi redactora do tamén desaparecido xornal Diario 16.​ Foi directora de emisoras da Cadena SER e traballa como colaboradora habitual do programa de Julia Otero en Onda Cero, Julia en la onda;[4]​ así coma de diversos programas de televisión como Las Mañanas de Cuatro, Al Rojo Vivo, Más vale tarde, laSexta Noche (laSexta), Espejo público (Antena 3) e Madrid al Día (Telemadrid).[5]

En 2004, foi nomeada directora de comunicación do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid,​[3] sendo destituída en 2008 «por perda de confianza»,​ por mor da publicación, do libro La soledad del juzgador.[6] Este libro foi editado pola Editorial Planeta, en novembro de 2007 apenas vinte días despois da sentenza do caso e nel relátase o proceso xudicial do caso do 11-M. Na obra periodística, aparecía como protagonista o que, daquela, era o seu marido, Javier Gómez Bermúdez, que exercera coma xuíz instrutor do caso[7] e provocou certas queixas doutros maxistrados.[8]

Faladoiros e foros de opinión editar

A maiores da obra escrita en medios e publicación literarias, tamén está moi presente como convidada en espazos televisivos e foros de opinión.[9]

Vida persoal editar

En 2001, casou en segundas nupcias co xuíz Javier Gómez Bermúdez, maxistrado da Audiencia Nacional, divorciándose en abril de 2014.[7]

Obras editar

  • Levantando el velo. Manual de periodismo judicial (2006). Con Javier Gómez Bermúdez. Barcelona: CIE Inversiones Editoriales Dossat-2000, S.L., ISBN 9788496437395
  • La soledad del juzgador (2007) Barcelona: Temas de Hoy. ISBN 9788484606833
  • La Justicia sometida (2015). Madrid: Los Libros de la Catarata. ISBN 978-84-9097-024-9
  • Comunicación jurídica (2016). Barcelona: Tirant lo Blanch. ISBN 9788491199519

Novela editar

Notas editar

  1. L.D., J. (25-11-2007). "«Mi enamoramiento por el juez no nubla mi sentido profesional»". elcorreo.com (en castelán). Consultado o 2-4-2020. 
  2. "Elisa Beni". libertaddigital.com (en castelán). Consultado o 2-4-2020. 
  3. 3,0 3,1 "Elisa Beni, primera jefa de prensa del Tribunal Superior de Madrid". El Mundo (en castelán). 26-1-2004. Consultado o 2-4-2020. 
  4. "Julia Otero ficha a la periodista Elisa Beni" (en castelán). 10-4-2008. Consultado o 2-4-2020. 
  5. 5,0 5,1 "Elisa Beni, algo más que un caso judicial en su última novela". El País (en castelán). 10-6-2014. Consultado o 2-4-2020. 
  6. Hernández, José Antonio (9-1-2008). "El Poder Judicial propone el cese de la esposa del juez Bermúdez tras negarse ésta a dimitir". elpais.com (en castelán). Consultado o 2-4-2020. 
  7. 7,0 7,1 Villar, Cote (2-4-2014). "El juez Gómez Bermúdez y Elisa Beni firman su divorcio". elmundo.es (en castelán). Consultado o 2-4-2020. 
  8. "El juez Bermúdez asiste a la presentación de 'La soledad del juzgador', el libro de su esposa". El País (en castelán). 26-11-2007. Consultado o 2-4-2020. 
  9. "Elisa Beni y Anna Grau se enfrentan en 'La sexta noche' sobre la huelga del 8M". eleconomista.es (en castelán). 10-3-2019. Arquivado dende o orixinal o 16-08-2019. Consultado o 2-4-2020.