Elffin ap Gwyddno
Na mitoloxía galesa, Elffin ap Gwyddno (en galés, tamén pode escribirse Elphin) era fillo de Gwyddno Garanhir, 'Señor de Ceredigion'. A aparición máis antiga do nome está nalgúns dos poemas mitolóxicos atribuídos a Taliesin no Libro de Taliesin. A data da súa composición é insegura pero probabelmente é anterior á conquista normanda. Composicións medievais posteriores refírense a Elffin e Taliesin con maior detalle. O nome de Elffin/Elphin podería ser cognado de dúas palabras irlandesas "Aill Fion" que significan "Cantil Brillante" ou "Rocha Brillante".
Hanes Taliesin
editarA lenda da asociación de Elffin con Taliesin aparece en forma nun texto tardío medieval en prosa, Ystorya Taliesin, a redacción máis vella da historia coñécese como Hanes Taliesin. Nesta historia Elffin tiña moi mala sorte. Gwyddno enviouno a unhas pesqueiras de salmón. No canto de atrapar un salmón, Elffin atopu un rapaciño e chamouno Taliesin ("cella radiante"). No camiño, Taliesin, malia ser aínda un bebé, falaba cunha preciosa linguaxe poética. Algúns anos máis tarde, Maelgwn Gwynedd, rei de Gwynedd, pediu que Elffin o loase a el e a súa corte. Elffin rexeitouno, dicindo que Taliesin era un mellor bardo e a súa esposa unha muller máis virtuosa que calquera que o rei tiver na corte. Taliesin soubo o que sucedera, porque era vidente, e contoullo á muller de Elffin. Rhun, o fillo de Maelgwn foi á casa de Elffin para seducir a súa muller e probar que as afirmacións de Elffin non eran verdade. Rhun embebedouna. Cando ela perdeu o coñecemento, Rhun tentou tirarlle o seu anel de vodas para demostrar a súa infidelidade; como non lle deu quitado o anel, cortoulle o dedo. Cando o rei Maelgwn intentou amosarlle o dedo a Elffin, este sinalou que a súa muller cortaba as unllas máis acotío que o posuidor do dedo, tiña criados para amasar a masa e que nunca tiña nada debaixo das unllas, e o seu anel estaba cumprido no seu dedo e ese estaba apertado. Maelgwn solicitou que Taliesin fose á súa corte para probar que a outra afirmación era errada. Taliesin deulles vinte minutos a el e aos bardos do rei para compoñeren senllos poemas. Os bardos reais non deron feito. Cando chegou a quenda de Taliesin, fixo que un vendaval sacudise o castelo. Asustado, Maelgwn mandou ir a por Elffin. A seguinte canción de Taliesin fixo que as cadeas coas que estaba suxeito Elffin se separasen.
Daquela Maelgwn retounos aos dous a unha carreira de cabalos. Taliesin chegou ao día seguinte cun cabalo vello e feble. Cando todos os cabalos do rei o adiantaron xusto no comezo da carreira, Taliesin tocou a súa anca cunha ramiña de acivro. Cando todos pasaron, botou o seu sombreiro ao chan. Cando voloveron os cabalos do rei, xusto antes da liña de meta, detivéronse onda as ramas de acivro que Taliesin puxera alí e comezaron a danzaren. O vello cabalo de Taliesin foi ao paso e tardando bastante máis, gañou a carreira.
Notas
editarBibliografía
editar- Patrick K. Ford (ed.), Ystorya Taliesin (University of Wales Press, Cardiff, 1992). ISBN 0-7083-1092-3