Elexías de luz

obra literaria de María Victoria Moreno

Elexías de luz é un libro de poemas póstumo de María Victoria Moreno publicado en 2006[1] e reeditado en 2017.[2]

Elexías de luz
Autor/aMaría Victoria Moreno
OrixeGalicia
LinguaGalega
Xénero(s)Poesía
EditorialEdicións Xerais de Galicia
Data de pub.2006
ISBNISBN 978-84-9782-475-0
editar datos en Wikidata ]

Características editar

A primeira edición, conformada por un total de 104 páxinas, saíu en agosto de 2016 da man de Edicións Xerais de Galicia. Compúñase dos poemas reunidos en cinco cadernos pola autora.[3]

María Victoria ... sentíase fascinada pola poesía e era quen de transmitir esa paixón recitando poemas de corrido. E aínda que escribiu poesía no ámbito da literatura infantil é moito menos coñecido que a súa vocación lírica a levase a legarnos este libro, escrito nos últimos anos: Elexías de luz, que se publicou postumamente, revisado por Xavier Senín. A última parte ("Dous folios que foron brancos") é o poemario en que María Victoria estaba a traballar antes da súa morte e por iso se quixo conservalo tal e como ela o deixou. Elexías de luz é unha faceta máis da rica personalidade desta galega que permanecerá para sempre no noso recordo, unha muller que se namorou da lingua e a cultura galegas, coas que mantivo unha fermosa historia de amor, como ela mesma o definiu[2].

Antonio García Teijeiro comentou[4]:

Eu creo que facía poesía por necesidade, porque hai algo dentro que te empurra a facelo, pero penso que lle producía moito pudor publicala. Quizais foi por iso que nunca o fixo, pero é unha poesía moi digna. Paréceme un pouco inxusto que non se coñecese esta faceta súa ata a edición póstuma, á que coido que tampouco se lle fixo moito caso.

Contido editar

Limiar editar

Por Xavier Senín[5]:

...María Victoria foi unha namorada da poesía e era quen de transmitir paixón polos poetas Como Antonio Machado, Fray Luís de León, Celso Emilio, Miguel Hernández, Rosalía, Ronsard, etc cuxas obras recitaba de corrido. Pero tamén escribiu poemas, cousa ben sabida no ámbito da literatura infantil –días antes de morrer saíu á luz “Eu conto, ti cantas”- pero menos coñecido é que a súa vea lírica a levase a deixar uns poucos folios escritos nos últimos anos...

Elexías de luz editar

  • (Namorada de outonos e solpores)[6]
    Soneto
Namorada de outonos e solpores,
peregrina nas gándaras da vida,
buscaches no tremor da atardecida
fragancias vellas de ilusións e amores.
  • (Esa voz que falaba entre os salgueiros)
  • (escribo no mencer)
  • (Vinte partir no tren de meu desvelo)
    Soneto
  • (único amor)
  • (Eu quixera esculpir en luz e aire)
  • (Eu quero darche as grazas, meu amado)
    Soneto
  • (As miñas ás grelaron en palabras)
  • (Non ten nome, nin patria, nin amores)
    Soneto
  • Entre a grea
    Soneto
  • (Vagas do mar en sombra)
  • (Fítanme no silencio)
  • Mosteiro cisterciense de Ferreira, doce abeiro de flores
    Tres sonetos
    -Hai un lugar á fin dese camiño
    -Cantan a Deus
    -Hai un reino de paz que por min chama[7]
Eu quixera morrer aló en Ferreira
e quixera durmir en solo santo,
ó abeiro dunha cruz e baixo o manto
que tecen a viola e a agulleira
  • Díptico gramatical
    Dous sonetos
    -Eu xerundio xerundiando
    -Desde París dicir

DUNS FOLIOS QUE FORON BRANCOS P.F.S . editar

Para tódolos rapaces e rapazas que descubriron a complicidade dun folio en branco. Para aqueles que a descubrirán. Para Pedro.

  • Limiar
  • (Gústame o cheiro a pan)
  • Cantiga [8]
  • Amor ausente
    -(Cando a soidade atopa)
    -(¿Quen falaba na fiestra)
    E tres sonetos:
    -Cae a tarde
    -No nimbo do teu aire
    -Paisaxe antiga
  • Camiñantes ...
    -(Polo enfesto camiño)
    E cinco sonetos:
    -A un lacazán cobizoso
    -A Luís de Vargas, mendigo e pintor
    -Elexía a unha princesa
    -Fala un mendigo ó seu can[9]
Xuntos andamos, xuntos percorrimos
-eu con farrapos, ti con pel brillante-
as veigas doces, os esquivos montes.

Xuntos estamos, xuntos compartimos
-eu no cansazo, ti no gozo errante-
a liberdade azul dos horizontes.

-A Sara, percebeira na Illa de Ons

  • Lixeiros de equipaxe
    -(O chío namorado)
    -Cantiga
    -Presentimento (soneto)
    -(¿Que dixo o paporroibo?)
    -Búscate a luz (soneto)
    -Belvís da lúa (soneto)
    -(Eu non sei por que choro)

OUTROS POEMAS editar

  • (Roldaba a voz da morte a nosa casa)
  • Carta de amor
  • Pregón lido na Feira do Libro de Pontevedra de 2003[10]
Sinto orgullo pola vila,
a quen amei desde nena,
e amo máis cada día
conforme me fago vella
...
Con Cervantes, Federico
e Miguel, o de Orihuela
faleivos da liberdade
e, contra vento e marea,
enfronteime coa censura
para dicirvos que era
un dereito inalienable
falar na lingua galega
  • (Un día de sol de abril)[11]
Un día de sol de abril,
con fragancias e colores,
con todas as veigas cheas
de herba mol e belas flores
  • Palabras como alas
  • (Pides amor, mi amor, y amor te doy)[12]
    A Pedro Ferriol... porque me ha devuelto las alas que otros me cortaron
Me voy contigo, amor, de este desierto:
cógeme de la mano, dame alas...
¡Llegaremos al orto de los soles!
  • (La nana nanita)
    A mi pequeña hija Begoña[13]
La nana nanita
la nanita, ea,
Begoña chiquitita
dormida se queda

Notas editar

  1. Moreno, María Victoria (2006). Elexías de luz. Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-9782-475-0. 
  2. 2,0 2,1 Moreno 2017, p. contraportada.
  3. María Victoria Moreno, da vida e da esperanza Arquivado 03 de abril de 2018 en Wayback Machine., Sermos Galiza, 17 de xuño de 2017.
  4. "A poesía íntima de María Victoria Moreno". Real Academia Galega. Consultado o 07/05/2018. 
  5. Moreno 2017, p. 7.
  6. Moreno 2017, p. 11.
  7. Moreno 2017, p. 37.
  8. Musicada por Fuxan os Ventos co título "Lúa de prata"
  9. Moreno 2017, p. 63.
  10. Moreno 2017, p. 86.
  11. Moreno 2017, p. 89.
  12. Moreno 2017, p. 93.
  13. Moreno 2017, p. 95.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar