Elena Salgado

política española
(Redirección desde «Elena Salgado Méndez»)

Elena Salgado Méndez, nada en Ourense o 12 de maio de 1949, é unha política galega. Foi Ministra de Economía e Facenda e Vicepresidenta Segunda do Goberno de España.

Infotaula de personaElena Salgado

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Elena Salgado Méndez Editar o valor em Wikidata
12 de maio de 1949 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Vicepresidencia do Goberno de España
11 de xullo de 2011 – 21 de decembro de 2011
Vicepresidenta segunda
7 de abril de 2009 – 11 de xullo de 2011
← Pedro SolbesManuel Chaves →
Ministerio de Economía e Facenda
7 de abril de 2009 – 21 de decembro de 2011
← Pedro SolbesCristóbal Montoro →
Deputada de España
24 de marzo de 2008 – 27 de setembro de 2011

Circunscrición electoral: Cantabria (en) Traducir

Ministro de Sanidade de España
Minister for Public Administration (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Politécnica de Madrid
Universidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica , economista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm3080720 Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

É enxeñeira Industrial nas especialidades de Técnicas Enerxéticas e Organización Industrial pola Universidade Politécnica de Madrid, licenciada en Ciencias Económicas na especialidade de Estrutura Económica pola Universidade Complutense de Madrid e máster en Métodos Cuantitativos de Xestión pola Escola de Organización Industrial.

Formou parte dos gobernos de Felipe González entre 1982 e 1996, como Directora do Departamento de Estudos no Instituto da Pequena e Mediana Empresa do Ministerio de Industria (1982-1984), Directora Xeral de Custos de Persoal e Pensións Públicas do Ministerio de Economía e Facenda (1985-1991) e Secretaria Xeral de Comunicacións do Ministerio de Obras Públicas, Transportes e Medio Ambiente (1991-1996). Trala derrota socialista en 1996, pasou á empresa privada, traballando en varias empresas do sector das telecomunicacións.

Foi nomeada Ministra de Sanidade e Consumo por José Luis Rodríguez Zapatero. A súa medida máis significativa foi a lei antitabaco que entrou en vigor en España o 1 de xaneiro de 2006. Ese ano aspirou, sen éxito, a presidir a Organización Mundial da Saúde, chegando á última fase, con outros catro candidatos, na que se elixiu finalmente a Margaret Chan[1] (8 de novembro de 2006).

O 6 de xullo de 2007 Elena Salgado, foi relevada no Ministerio de Sanidade e Consumo por Bernat Soria, pasando a ocupar o cargo de Ministra de Administracións Públicas.

Nas eleccións lexislativas de 2008 encabezou a lista do PSOE por Cantabria. O 12 de abril de 2008 foi confirmada de novo como ministra de Administracións Públicas para a IX Lexislatura. Porén, o 7 de abril de 2009, dentro dunha profunda remodelación do Goberno, abandonou o devandito ministerio para substituír a Pedro Solbes á fronte do Ministerio de Economía e Facenda e como Vicepresidenta Segunda do Goberno.[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


Predecesor:
Ana María Pastor Julián
  
Ministra de Sanidade e Consumo de España
 
2004 - 2007
Sucesor:
Bernat Soria
Predecesor:
Jordi Sevilla
  
Ministra de Administracións Públicas de España
 
2007 - 2009
Sucesor:
Manuel Chaves
Predecesor:
Pedro Solbes
  
Vicepresidenta Segunda do Goberno de España
 
2009 - 2011
Sucesor:
Manuel Chaves
Predecesor:
Alfredo Pérez Rubalcaba
  
Vicepresidenta Primeira do Goberno de España
 
2009 - 2011
Sucesor:
Soraya Sáenz de Santamaría
Predecesor:
Pedro Solbes
  
Ministra de Economía e Facenda de España
 
2009 - 2011
Sucesor:
Luis de Guindos