Elena Quiroga

escritora española
(Redirección desde «Elena Quiroga de Abarca»)

Elena Quiroga de Abarca, nada en Santander o 26 de outubro de 1921 e finada na Coruña o 3 de outubro de 1995, foi unha escritora española de orixe galega, membro da Real Academia Española. Nas súas obras, aínda que sempre escritas en lingua castelá, reflíctese a pegada o amor por Galicia.

Infotaula de personaElena Quiroga

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Elena Quiroga y Abarca Editar o valor em Wikidata
26 de outubro de 1921 Editar o valor em Wikidata
Santander, España Editar o valor em Wikidata
Morte3 de outubro de 1995 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaVilafranca Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaA Coruña
Madrid Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritora Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoNarrativa
MovementoXeración de 1950 de Literatura española Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeDalmiro de la Válgoma y Díaz-Varela (1950–1990) Editar o valor em Wikidata
PaiJosé Quiroga Velarde Editar o valor em Wikidata
ParentesEstanislao Abarca y Fornes (tío) Editar o valor em Wikidata
Premios
Premio Nadal

Traxectoria editar

O seu pai José Quiroga Velarde, era oriúndo da vila ourensá do Barco de Valdeorras; e malia nacer en 1921 en Santander, criouse nun pazo dese concello propiedade de seus pais, os Condes de San Martiño de Quiroga. Máis tarde morou na casa de seu tío Estanislao Abarca, un mecenas que reuniu un grupo de artistas do que tamén eran asiduos Miguel de Unamuno e Federico García Lorca, entre outros. Pasou unha longa estadía na Coruña e publicou en 1949 o seu primeiro libro, La soledad sonora, no que conta a historia dunha muller dende a súa mocidade até a súa madurez.

En 1950 casou en Santiago de Compostela co historiador Dalmiro de Válgoma,[1] futuro secretario perpetuo da Real Academia da Historia. A partir do seu casamento instalouse en Madrid, onde accedeu aos ambientes literarios e culturais da capital española.

Case toda a súa obra está impregnada do ambiente galego. En 1950 obtivo o Premio Nadal coa novela Viento del Norte (1950), obra na que narra as relacións entre unha moza serventa e o seu ancián señor. En La sangre (1952) narrou a historia de catro xeracións dende o punto de vista dunha árbore que conta o que ve e oe. En Algo pasa en la calle (1954), acaso a súa obra máis notábel, aborda o ambiente urbano, con novos problemas e enfoques técnicos. En 1954 pasou un tempo en Rianxo, na casa da familia Dieste. Alí coñeceu a Olegaria Dieste, irmá de Eduardo e Rafael, que estaba recluída na súa casa desde 1912, xa que caera enferma ao casar Castelao (de quen estaba namorada) con Virxinia Pereira. En base a ela escribiu a novela La enferma (1955).[2]

Entre os seus títulos posteriores cítanse La careta (1955), Tristura (1960), Escribo tu nombre (1965)... Os dous últimos, que teñen a mesma protagonista, de nena e adolescente, confirman a pericia e fondura desta autora que escribiu dez novelas en catorce anos, a maioría na década dos cincuenta e dos sesenta do pasado século. A segunda, premio Rómulo Gallegos, sitúa a acción nos anos da Segunda República, coa axitación social como antecedente e a guerra civil como ameaza que se cerne no horizonte. A protagonista é unha rapariga orfa que estuda nun opresivo colexio de monxas, cuxa rexa disciplina contrasta coas tempadas que pasa na casa da súa avoa.Con Tristura obtivo en 1960 o Premio da Crítica Catalá e cambioulle despois o título a Secreto de la infancia: Novela de una niña. En 1983 publicou Grandes soledades, terza novela da triloxía, e foi elixida membro da Real Academia Española, sendo a terceira muller que ingresaba nela tras María Isidra de Guzmán no século XVIII e a poeta Carmen Conde. No seu discurso de ingreso loou ao escritor galego Álvaro Cunqueiro.

Os seus últimos anos viviunos entre o Pazo de Cea, en Nigrán (Pontevedra) e Madrid onde non acostumaba fallar ás reunións da Academia. O 31 de agosto de 1995 sufriu unha caída no seu pazo e crebou a cadeira. Finou o 3 de outubro dese mesmo ano, e os seus restos foron trasladados a Villafranca do Bierzo, onde foi soterrada no mesmo panteón que o seu home.[3][4][5][6][7]

Obras editar

  • La soledad sonora. Madrid: Espasa Calpe, 1949.
  • Viento del Norte. Barcelona: Destino, 1951 (gañadora do Premio Nadal).[8]
  • La sangre. Barcelona: Destino, 1952.
  • Trayecto uno, Madrid: Tecnos, 1953.
  • Algo pasa en la calle. Barcelona: Destino, 1954.
  • La careta. Barcelona: Noguer, 1955.
  • La enferma. Barcelona: Noguer, 1955.
  • Plácida, la joven y otras narraciones. Madrid: Prensa española, 1956.
  • La última corrida. Barcelona: Noguer, 1958.
  • Tristura. Barcelona: Noguer, 1960. (Gañadora do Premio da Crítica Catalá)
  • Carta a Cadaqués. Santander: Imp. Bedia, 1961.
  • Envío a Faramello. Madrid: Raycar, 1963.
  • Escribo tu nombre. Barcelona: Noguer, 1965. Premio Rómulo Gallegos
  • El pájaro de oro
  • La otra ciudad
  • Presente profundo. Barcelona: Destino, 1973.
  • Grandes soledades, 1983.
  • Presencia y ausencia de Álvaro Cunqueiro. Madrid: Real Academia Española (RAE), 1984.

Notas editar

  1. "Enlace de la Válgoma-Quiroga de Abarca". ABC (en castelán). 10 de marzo de 1950. 
  2. Alonso Montero, X. (28/1/2012). "Castelao e Olegaria Dieste". La Voz de Galicia. 
  3. Zovko, Maja. "Educación femenina y masculina a través de la narrativa de Elena Quiroga" (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16/03/2016. Consultado o 22 de febreiro de 2019. 
  4. "Elena Quiroga en escritoras.com". escritoras.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2019. Consultado o 2019-02-01. 
  5. "Biografia de Elena Quiroga". www.biografiasyvidas.com. Consultado o 2019-02-01. 
  6. "Quiroga y Abarca, Elena (1921-1995). » MCNBiografias.com". www.mcnbiografias.com. Consultado o 2019-07-25. 
  7. "Fallece a los setenta y cuatro años la académica y novelista Elena Quiroga". hemeroteca.abc.es. Consultado o 2019-02-01. 
  8. En 2004 foi incluída na Biblioteca Gallega de Autores en Castellano de La Voz de Galicia

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar


Predecesor:
Juan Antonio de Zunzunegui y Loredo
 
Académica da Real Academia Española
Cadeira a

1984 - 1995
Sucesor:
Domingo Ynduráin Muñoz