Elena Novikova-Belova
Elena Novikova-Belova (en ruso: Елена Новикова-Белова), nada en Sovetskaya Gavan, (Rusia) o 28 de xullo de 1947, é profesora e ex tiradora de esgrima rusa, gañadora de seis medallas olímpicas coa Unión Soviética, catro delas de ouro.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de xullo de 1947 (76 anos) Sovetskaya Gavan, Rusia (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Unión Soviética |
Educación | Maxim Tank Belarusian State Pedagogical University (en) (–1971) |
Altura | 176 cm |
Peso | 69 kg |
Actividade | |
Ocupación | deportista , adestradora , profesora universitaria |
Empregador | Belarusian State University of Physical Culture (en) Maxim Tank Belarusian State Pedagogical University (en) |
Partido político | Partido Comunista da Unión Soviética |
Deporte | esgrima |
Adestrador | German Bokun (en) Q13031204 |
Participou en | |
1980 | Xogos Olímpicos de 1980 |
1976 | Xogos Olímpicos de 1976 |
1972 | Xogos Olímpicos de 1972 |
1968 | Xogos Olímpicos de 1968 |
Familia | |
Cónxuxe | Vyacheslav Belov (en) |
Premios
| |
Ademais foi profesora do departamento de pedagoxía da Universidade Estatal de Cultura Física de Belarús.[1]
Traxectoria editar
Residente en Minsk, formou parte do Dinamo de Minsk e participou aos 21 anos nos Xogos Olímpicos de 1968, celebrados en México, gañando unha medalla de ouro na proba de florete individual e outra na proba por equipos. Nos Xogos Olímpicos de 1972 de Múnic revalidou a medalla de ouro por equipos, quedando quinta na individual. Nos Xogos Olímpicos de 1976 de Montreal gañou a súa terceira medalla de ouro por equipos e unha de bronce na competición individual. Desde 1979 é profesora universitaria en Minsk. Nos Xogos Olímpicos de 1980 de Moscova gañou unha medalla de prata na proba por equipos ao perder ante o equipo francés, e foi novena na proba individual.
Ao longo da súa carreira gañou doce medallas no Campionato do Mundo de Esgrima, oito delas de ouro.
O 17 de maio de 2007 o Comité Olímpico Internacional concedeulle a Medalla Pierre de Coubertin [2].
Notas editar
Véxase tamén editar
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |