Elena Medel

escritora española

Elena Medel Navarro, nada en Córdoba o 29 de abril de 1985, é unha poeta, novelista, crítica literaria e editora española. Dirixe a editorial de poesía La Bella Varsovia. En 2020, publicou a súa primeira novela, Las maravillas, gañadora do Premio Francisco Umbral al Libro del Año e considerado como un dos mellores libros en español de 2020 segundo os críticos de ABC cultural e que foi traducida a nove idiomas.[1]

Infotaula de personaElena Medel

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de abril de 1985 Editar o valor em Wikidata (38 anos)
Córdoba, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBelas letras e poesía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpoeta , escritora , editora literaria Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Twitter: medelelena Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu en Córdoba e estudou Filoloxía Hispánica na Universidade de Córdoba.[2] Empezou a cultivar desde pequena a narrativa e coñecer a obra de Federico García Lorca inspirouna aos 11 anos a empezar a escribir poesía, explica nas súas entrevistas.[3]

Logrou o premio Andalucía Joven concedido polo Instituto Andaluz de la Juventud e en 2006 obtivo unha bolsa  do Concello de Madrid na Residencia de Estudiantes.[4]

Publicou diversos poemarios, entre os que destacan Mi primer bikini (DVD, 2002), co que gañou o premio Andalucía Joven, Tara (2006) e Chatterton (Visor, 2014), que obtivo o premio Loewe na categoría de Creación Joven en 2013.[5] Tamén é autora dos cadernos Vacaciones (2004) e Un soplo en el corazón (2007).

Tamén dirixe a editorial de poesía La Bella Varsovia.[6][7]

Os seus poemas foron traducidos ao alemán, árabe, armenio, esloveno, éuscaro, francés, inglés, italiano, polaco, portugués, romanés, sueco e suahili.

A súa obra aparece en numerosos recontos da poesía dos anos 20 do século XXI. Tamén narradora, os seus contos aparecen en diversas antoloxías.

En 2018 publicou Todo lo que hay que saber sobre poesía, un libro no que nos acerca de forma entretida e didáctica á poesía, incluída a súa historia.[3]

Dous anos despois, en 2020 publica Las maravillas, a súa primeira novela, na que expón o peso do diñeiro na vida das persoas, a precariedade e a pesar diso a esperanza.[8]

Obras editar

Poesía editar

Novela editar

Ensaio editar

  • El mundo mago. Cómo vivir con Antonio Machado (Barcelona, Ariel, 2015). 248 páxinas, ISBN 978-84-344-2235-3
  • Todo lo que hay que saber sobre poesía (Barcelona, Ariel, 2018)

Inclusións en antoloxías de poesía editar

  • Inéditos: once poetas (ed. Ignacio Elguero; Madrid, Huerga y Fierro, 2002). 192 páxinas, ISBN 84-8374-305-1.
  • Veinticinco poetas españoles jóvenes (ed. Ariadna G. García, Guillermo López Gallego e Álvaro Tato; Madrid, Hiperión, 2003). 480 páxinas, ISBN 84-7517-778-6.
  • La lógica de Orfeo (ed. Luis Antonio de Villena; Madrid, Visor, 2003). 339 páxinas, ISBN 84-7522-926-3.
  • Edad presente: poesía cordobesa para el siglo XXI (ed. Javier Lostalé; Sevilla, Fundación José Manuel Lara, 2003). 272 páxinas, ISBN 84-96152-09-X.
  • Poetisas españolas (ed. Luzmaría Jiménez Faro; Madrid, Torremozas, 2003). ISBN 84-7839-287-4.
  • Ilimitada voz: antología de poetas 1940-2002 (ed. José María Balcells; Cádiz, Universidad, 2003). 456 páxinas, ISBN 84-7786-800-X.
  • Andalucía poesía joven (ed. Guillermo Ruiz Villagordo; Córdoba, Plurabelle, 2004). 256 páxinas, ISBN 84-933871-0-X.
  • Radio Varsovia. Muestra de poesía joven cordobesa (Córdoba, La Bella Varsovia, 2004). 132 páxinas, ISBN 84-609-2361-4.
  • Que la fuerza te acompañe (Almería, El Gaviero, 2005). 102 páxinas, ISBN 84-934411-0-4.
  • Tres tiempos, seis voces (Madrid, Torremozas, 2006). 88 páxinas, ISBN 84-7839-360-9.
  • Hilanderas (Madrid, Amargord, 2006). 358 páxinas, ISBN 84-87302-24-6.
  • Aquí y ahora (ed. Lara Moreno, Sevilla, Igriega Movimiento Cultural, 2008). 196 páxinas, ISBN 978-84-612-2486-9
  • Antología del beso, poesía última española, de Julio César Jiménez (Mitad doble ediciones, 2009). 133 páxinas, ISBN 978-84-613-0665-7.
  • y para qué + POETAS. Herederos y precursores. Poesía andaluza≤ n. 1970, de Raúl Díaz Rosales e Julio César Jiménez, (Eppur ediciones, Málaga 2010). ISBN 978-84-937100-5-7.
  • El canon abierto. Última poesía en español (1970-1985), de Remedios Sánchez García e Anthony L. Geits, (Madrid, Visor, 2015). 498 páxinas, ISBN 978-84-9895-908-6

Relato editar

  • VV.AA., Matar en Barcelona (antoloxía de relatos), Alpha Decay, Barcelona, 2009.
  • Bleak House Inn. Diez huéspedes en casa de Dickens. Contos de Pilar Adón, Elia Barceló, Oscar Esquivias, Marc Gual, César Mallorquí, Ismael Martínez Biurrun, Elena Medel, Francesc Miralles, Daniel Sánchez Pardos e Marian Womack. Edición e epílogo de Care Santos. Madrid: Fábulas de Albión, 2012

Conto editar

Crítica editar

  • Todo un placer: antología de relatos eróticos femeninos (Córdoba, Berenice, 2005). 187 páxinas, ISBN 84-934466-1-0.
  • Epílogo de Blues Castellano, de Antonio Gamoneda (Madrid, Bartleby, 2007). 81 páxinas, ISBN 84-95408-64-3.
  • Inclusión en el cuaderno Por dónde camina la poesía española. Revista Letra internacional 98. Número 98. Primavera do 2008. Fundación Pablo Iglesias, ISSN 0213-4721
  • «Sueños, fantasía, memoria» artigo sobre a película My dad is 100 Years Old de Guy Maddin en Elegías íntimas. Instantáneas de cineastas. Hilario J. Rodríguez (editor). Madrid: Documenta Madrid, Festival Internacional de documentais de Madrid- Ocho y Medio, 2008.

Premios e recoñecementos editar

  • 2020: Premio Francisco Umbral al Libro del Año 2020 pola novela 'Las maravillas'.[1]

Notas editar

  1. "Elena Medel gana el premio Umbral al Libro del Año por «Las maravillas»". ABC. 4 de febreiro de 2021. Consultado o 4 de febreiro de 2021. 
  2. "La poeta Elena Medel estará en Aula de Poesía de la UCLM el 3 de abril". 31 de marzo de 2017. Consultado o 4 de febreiro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 "Elena Medel: "Tenemos que leer a Neruda siendo conscientes de que fue un violador"". El Español (en castelán). Consultado o 3 de abril de 2018. 
  4. "Elena Medel". Consultado o 3 de abril de 2018. 
  5. RUIZ MATEO, Emilio: «Antonio Lucas y Elena Medel, Premio Loewe», Estandarte, 13 de novembro de 2013.
  6. "Elena Medel desvela en un libro "Todo lo que hay que saber sobre poesía"". eldiario.es (en castelán). Consultado o 3 de abril de 2018. 
  7. "Elena Medel - Poemas de Elena Medel". Consultado o 3 de abril de 2018. 
  8. "Elena Medel: “Los ricos pueden permitirse el lujo de fallar y empezar de cero”" (en castelán). 2020-10-09. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2021. Consultado o 2020-10-09. 
  9. Rodríguez Marcos, Javier (3 de outubro de 2020). "Elena Medel: “¿Qué quieren los jóvenes? Llegar a fin de mes”". El País. Consultado o 3 de outubro de 2020. 
  10. Cosculluela, Eva (16 de novembro de 2020). "Conciencia de clase”". ABC Cultural. Consultado o 1 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar