Elena Gheorghe

cantante aromanesa

Elena Gheorghe, nada en Bucarest o 30 de xullo de 1985, é unha cantante de Romanía.

Elena Gheorghe
Elena Gheorghe en Moscova en maio de 2009.
Nome completoElena Gheorghe
Data nacemento3 de xullo de 1985 (38 anos)
Nado enBucarest, Romanía
Ocupacióncantante
Tipo de vozvocal
Tempo en activo2005-actualidade
Na rede
http://elenagheorghe.ro//
IMDB: nm3465839 Facebook: elenagheorgheoficial Twitter: Elena_Gheorghe Instagram: elenagheorgheofficial MySpace: elenagheorghe Youtube: UCC0CSbde33gmwsR1QJ0ePiw Spotify: 1HyorCKBk8AiwXyhGNtkZp Last fm: Elena+Gheorghe Musicbrainz: a0d3f28b-3f9c-4a75-a9a4-a47c317182ab Songkick: 39997 Discogs: 1012481 Allmusic: mn0002758362 Genius: Elena-gheorghe Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Empezou a súa carreira musical como parte dun dúo con Adela Popescu. Na primeira metade do ano 2000 uniuse ao grupo latino Mandinga co que realizou dous álbums e uns poucos singles. En 2006 foise do grupo e empezou a súa carreira en solitario. Puxo á venda dous álbums e estivo entre as dez mellores no Romanian Top 100 coa súa canción Vocea ta (en galego, A túa voz).

Despois da selección interna, foi elixida para representar a Romanía no Festival de Eurovisión 2009 coa canción The Balkan Girls escrita por Laurenţiu Duţă. Saíu segunda no resultado da votación, pero o xurado votouna e gañou a Final Nacional. En Eurovisión, en Moscova clasificouse para a Gran Final onde quedou no posto dezanove despois de acumular un total de 40 puntos (12 puntos de Moldavia). Despois de Eurovisión chegou a ser moi famosa por toda Europa e deu a coñecer a canción Disco Romancing que foi un éxito total en Romanía e tamén en Hungría, e tivo un pouco de éxito na República Checa, Países Baixos, Polonia e Eslovaquia. A súa seguinte canción Midnight Sun foi un grande éxito e estivo entre as mellores de Romanía. En 2011 colaborou con Dony e presentaron a canción Hot Girls que unha vez máis foi un éxito por toda Europa. O mesmo ano fixo o seu primeiro tour europeo, indo a Alemaña, España e Grecia. No verán prometeuse co seu produtor e antes do Nadal tivo un fillo ao que lle chamou Nicolás. A súa última canción é Amar Tu Vida.

Principio da súa vida e comezo da súa carreira editar

Elena Gheorghe naceu o 30 de xullo de 1985 na vila de Clinceni que está ao lado de Bucarest. Moitos dos seus antepasados eran sacerdotes ortodoxos. Ten unha irmá, Ana, que é xornalista e un irmán, Costin, xogador de fútbol no Sportul Studenţesc. A súa nai, Mărioara Gheorghe, é unha artista folk. Elena debutou con ela cando tiña tres anos, coa canción Sus în Deal în Poieniţă.

Con once anos apuntouse a Children's National Palace onde recibiu clases de canto. No ano 2000 gañou o trofeo de ouro Little Bear (en Baia Mare) con One Moment In Time de Whitney Houston. En 2011 participou no Festival Mamaia.

2002-2005: carreira como parte de Mandinga editar

Elena empezou cantando con Mandinga, unha exitosa banda do xénero latino en 2003. En xuño dese ano, Mandinga puxo a venda o seu primeiro álbum De Corazón. Mandinga situouse no cuarto posto na selección nacional romanesa de Eurovisión en marzo de 2005 coa canción My Sun que foi galardoada cun disco de ouro un ano despois. En xaneiro de 2006, abriu a súa propia escola de danza chamada Passitos. Un mes máis tarde acabou a súa colaboración con Mandinga e empezou a súa carreira en solitario coa axuda do produtor musical Laurenţiu Duţă.

2006-2008: comezo da súa carreira en solitario editar

En xuño de 2006, realizou o seu primeiro álbum titulado Your Voice. En marzo de 2006 gañou o premio Radio România Actualitaţi pola mellor interpretación e foi nomeada para a mellor canción de 2006 coa canción Your Voice. En agosto de 2007 no Romanian Top Hit Music Awards, gañou o premio á mellor canción de 2007 con Your Brown Eyes. Algunhas das súas cancións están escritas e cantadas en romanés como por exemplo Ma ţi s-adar, Lilicea Vreariei, e outras.

2009: Festival de Eurovisión editar

 
Elena asistiu ao encontro en Moscova despois da semifinal do Festival de Eurovisión 2009.

No ano 2008, o compositor Laurenţiu Duţă ofreceulle unha canción para presentarse á preselección romanesa para o Festival de Eurovisión. Xusto antes de comezar o ano 2009, anunciouse que Elena era unha das 24 semifinalistas. Competiu na semifinal e despois pasou á Final Nacional en xaneiro de 2009. Alí, resultou segunda despois dos votos do público pero o xurado voutona a ela e, desta forma gañou e representaría a Romanía no Festival de Eurovisión 2009 coa a canción The Balkan Girls. Empezou un tour de promoción por toda Europa dende febreiro ata marzo. Mentres, a canción foi sumando récords e chegou a ser a primeira canción de Eurovisión que foi número un no Romanian Top 100. A canción foi presentada na segunda metade da primeira semifinal, o 12 de maio en Moscova (Rusia) onde estivo entre as dez mellores posicións, con 67 puntos. Pasou a Gran Final que tivo lugar o 16 de maio. Nela, interpretou a canción no posto número vinte e dous e presentou un espectáculo sobre fadas de madeira coñecidas como Iele en Romanía. Conseguiu o posto dezanove con 40 puntos, incluíndo 12 puntos de Moldavia, 7 puntos de España, 5 de Turquía e de Macedonia do Norte etc.

2010-actualidade: recoñecemento europeo e maternidade editar

Despois de Eurovisión empezou a ser moi famosa por toda Europa e deu a coñecer a súa propia canción Disco Romancing que foi un éxito total en Romanía e en Hungría e tivo bastante éxito na República Checa, Países Baixos, Polonia ou Eslovaquia. A súa seguinte canción foi Midnight Sun que tivo éxito no Dutch Top 40 e no Romanian Top 100. No ano 2011 colaborou con Dony e presentaron a canción Hot Girls que unha vez máis tivo éxito en toda Europa. Ese mesmo ano, fixo o seu primeiro tour europeo visitando Alemaña, España e Grecia. No verán prometeuse co seu produtor e antes do Nadal tivo un neno ao que lle chamaron Nicolas. A súa última canción chámase "Amar Tu Vida".

Discografía editar

Álbums editar

  • 2006 Vocea Ta.
  • 2008 Lilicea Vreariei.
  • 2008 Te Ador.
  • 2012 Disco Romancing.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar