Eleccións xerais de Suráfrica de 1994

primeiras eleccións democráticas en Suráfrica dende a abolición do Apartheid

As eleccións xerais de Suráfrica de 1994 realizáronse do 26 ao 29 de abril de 1994.[1] Foron os primeiros comicios celebrados en Suráfrica aplicando o dereito ao sufraxio universal e consolidaron a fin do réxime do apartheid. A elección desenvolveuse baixo a dirección da Comisión Electoral Independente.

Eleccións xerais de Suráfrica de 1994
 ← 1989 Editar o valor em WikidataSuráfrica Editar o valor em Wikidata 1999 Editar o valor em Wikidata  → 
Data27 de abril de 1994 Editar o valor em Wikidata
Tipoeleccións xerais de Suráfrica Editar o valor em Wikidata
Cargo elixido400 membro da Asemblea Nacional de Suráfrica Editar o valor em Wikidata
Participación política
Electorado22.709.152 Editar o valor em Wikidata
19.726.610
   86.87٪
Número de votos válidos19.533.498    Número de votos en branco  ?    Número de votos nulos 193.112
Resultado da votación Editar o valor em Wikidata
2>
Congreso Nacional Africano  — Nelson Mandela
12.237.655   62.65٪
Membro do Parlamento de Suráfrica 252
2>
Partido Nacional  — Frederik de Klerk
3.983.690   20.39٪
Membro do Parlamento de Suráfrica 82
2>
IFP  — Mangosuthu Buthelezi
2.058.294   10.54٪
Membro do Parlamento de Suráfrica 43
2>
Fronte da Liberdade  — Constand Viljoen
424.555   2.17٪
Membro do Parlamento de Suráfrica 9
2>
Partido Democrático  — Zach de Beer
338.426   1.73٪
Membro do Parlamento de Suráfrica 7
2>
Congreso Panafricanista de Azania  — Clarence Makwetu
243.478   1.25٪
Membro do Parlamento de Suráfrica 5

Editar o valor em Wikidata

Durante os catro días de votación millóns de cidadáns foron votar, formándose longas fileiras. O proceso estivo marcado polos asasinatos de vinte e unha persoas en atentados terroristas perpetrados por grupos vinculados á extrema dereita surafricana oposta ao proceso de democratización.[2] En total, foron computados 19 726 579 votos, dos cales 193 081 foron invalidados. O gañador foi o Congreso Nacional Africano (ANC) —apoiado polo Partido Comunista de Suráfrica (SACP) e o Congreso de Sindicatos Surafricanos (COSATU)—, con máis do 62 % dos sufraxios. Tal e como estaba previamente pactado, formouse un goberno tripartito composto polo ANC, o Partido Nacional (PN) e o Partido da Liberdade Inkatha (PLI), as tres forzas políticas que obtiveran polo menos o 5 % dos votos.[3]

Antecedentes editar

 
P.W. Botha intentou manter o apartheid.

Durante os anos 1980, o réxime racista do apartheid instaurado en 1948 deu mostras de esgotamento debido á combinación de oposición interna e sancións externas. O presidente Botha, consciente da situación, promoveu en 1984 unha reforma constitucional que concedía o dereito ao voto ás minorías mulata e asiática co fin de ampliar a base social do réxime. Como resultado, creáronse dúas novas cámaras lexislativas para representar ambas minorías, que se sumaron á xa existente para a minoría branca.[4]

Pero a situación continuou empeorando. Aínda que os grupos violentos da oposición non podían vencer o Estado, o custo económico e humano era demasiado alto. Ademais, o boicot internacional afectaba negativamente a economía e os acredores internacionais cada vez eran máis esixentes. Adicionalmente, a caída do comunismo en Europa fixo que os africáneres e os propios Estados Unidos percibiran de forma distinta o Congreso Nacional Africano (ANC), a principal forza de oposición ao réxime. Aínda que Botha introduciu outras pequenas reformas para suavizar o sistema de segregación racial, non tivo intención de cuestionalo.[5] Non obstante, xa en 1985 tivo lugar o primeiro encontro entre o encarcerado Nelson Mandela e o ministro de Xustiza Kobie Coetsee. Os contactos culminaron o 5 de xullo de 1989 cun encontro igualmente secreto de Mandela co propio presidente Botha na súa residencia oficial, reunión que marcou o inicio das negociacións.[6]

En febreiro de 1989, Botha sufriu un accidente cerebrovascular e foi obrigado a renunciar ao liderado do Partido Nacional e, máis tarde, á presidencia, sendo substituído en ambos cargos por Frederik de Klerk.

Inicio da transición editar

Só tras a substitución de Botha por De Klerk acentuouse o ritmo das reformas. O 2 de febreiro de 1990, no seu discurso de apertura do parlamento, De Klerk pronunciou un discurso que algúns consideran o inicio do proceso de transición. Nel dixo o seguinte:[7]

A prohibición do ANC, o Congreso Panafricano, os partidos comunistas surafricanos e outras organizacións queda rescindida. As persoas que estean no cárcere por ser membros destas organizacións (...) serán liberadas (...) Os tempos da violencia remataron. Comeza a era da reconstrución e a reconciliación (...) O noso país e toda a súa xente estiveron envoltos en conflitos, tensións e loitas violentas durante décadas. É hora de que crebemos este círculo de violencia para conseguir chegar á paz e á reconciliación

O ANC foi legalizado e o seu líder, Mandela, posto en liberdade tras 27 anos de estancia en prisión.[8] Igualmente foron legalizados o Partido Comunista Surafricano (PCSA), o Congreso Panafricano (PAC) e o Congreso de Sindicatos Surafricanos (COSATU).[6] O movemento de De Klerk sorprendeu totalmente o ANC, que na mesma véspera cría imposible que o goberno dera un paso semellante.[9] Mandela fixo público o seu desexo de cooperar co proceso reformista aberto por De Klerk, pero o radical CPA decidiu seguir apostando pola vía revolucionaria.[6] O estado de emerxencia, vixente desde 1986, foi levantado en xuño en case todo o país, e en outubro en Natal. A maioría das leis racistas foron derrogadas entre 1990 e 1991, de forma que se foi suprimindo todo o tecido legal que regulaba a segregación racial.[10] O 6 de agosto de 1990, o ANC renunciou formalmente ao uso da violencia, se ben non disolviou o seu brazo armado, A Lanza da Nación.[11]

 
A colaboración entre o presidente De Klerk e o líder do ANC Nelson Mandela foi decisiva para o éxito da transición.

En decembro de 1991 constituíuse a Convención para unha Suráfrica Democrática (CODESA), un organismo composto por dezanove persoas representantes dos distintos grupos étnicos surafricanos. En marzo de 1992 acordouse a constitución dun goberno interino multirracial e o 17 de marzo de 1992 a minoría branca aprobou en referendo unha reforma constitucional que garantía a igualdade de dereitos con independencia da raza. Tras difíciles negociacións, a Convención aprobou unha Constitución Provisional e varias leis que debían regular o proceso de transición. As distintas normas foron aprobadas polo parlamento tricameral racial entre setembro e decembro de 1993.[10] A Constitución Provisional establecía 34 principios —entre eles, os principais dereitos fundamentais— aos que debía axustarse a constitución definitiva. O respecto a ditos principios sería examinado con carácter previo polo Tribunal Constitucional xa creado e presidido por Arthur Chaskalson, un dos defensores de Mandela no proceso de Rivonia de 1963-1964.[12] Curiosamente, dous partidos claramente antiliberais como o PN e o ANC, pactaron unha constitución marcadamente liberal.[13] O 10 de decembro, Mandela e De Klerk recibiron en Oslo o Premio Nobel da Paz, símbolo do respaldo internacional ao proceso que lideraban.[6]

Designouse un Consello Executivo de Transición (CET) para asesorar en todo o proceso de celebración de eleccións lexítimas. A Constitución Provisional establecía que se elixiría por sufraxio universal un parlamento bicameral que nomearía unha autoridade executiva composta por un presidente e dous vicepresidentes. Todos os partidos que superaran o 5 % dos votos terían dereito a formar parte dun Goberno de Unidade Nacional que duraría cinco anos, tempo previsto para a realización das reformas necesarias para establecer un novo réxime. O CET determinaría a forma máis axeitada de elaborar unha nova constitución definitiva que substituiría a provisional.[10]

Deste xeito, a transición realizouse mantendo sempre a legalidade vixente, sen ruptura co réxime anterior. Este camiño continuísta foi defendido en todo momento tanto por Mandela como por De Klerk, ambos avogados de profesión e formación. O obxectivo era manter o imperio da lei durante todo o delicado proceso.[14] Pese ás súas evidentes diferenzas políticas, ambos líderes eran conscientes de que era imprescindible o diálogo co outro. De Klerk estaba convencido de que Mandela sería o próximo presidente de Suráfrica, e Mandela opinaba que non podía haber un cambio pacífico sen a participación do presidente.[15]

A influencia moderadora de Mandela fíxose notar nunha reunión da executiva do ANC celebrada a principios de 1994 na que se tratou a delicada cuestión do himno nacional. En ausencia do veterano activista, os asistentes acordaron por unanimidade substituír o tradicional himno da Suráfrica do apartheid —«A chamada»— polo popular «Deus bendiga África», himno extraoficial da oposición negra. Cando Mandela se reincorporou á reunión fíxolles notar que esa decisión supoñía pisar os sentimentos dunha parte da poboación e que impediría o obxectivo de lograr a reconciliación. Ninguén se opuxo e, como resultado, o himno nacional componse das dúas cancións cantadas sucesivamente: «Deus bendiga África» e «A chamada».[16]

Violencia política editar

A transición distou de ser sinxela e caracterizouse por unha forte violencia de orixe política debida a varios factores.[17] Seis meses antes das eleccións, John Carlin —daquelas correspondente en Suráfrica do xornal británico The Independent— calculaba que desde a liberación de Mandela morreran máis de dez mil persoas a consecuencia da violencia política. Ademais, o temor ao estoupido dunha guerra civil similar á que se estaba librando en Bosnia estendíase entre diversos sectores.[18] Paradoxalmente, do total de mortes violentas por motivos políticos habidas durante o longo período de goberno do Partido Nacional, máis da metade tiveron lugar no período 1990-1994, unha vez abolido o apartheid.[19]

Un dos focos de violencia estivo nos ultradereitistas brancos contrarios á fin do réxime do apartheid, cuxos escuadróns da morte actuaban sen control. O ANC dicía que existía unha «terceira forza» allea ao Exército e a Policía amparando a violencia, pero nunca puido demostrar a súa existencia.[19] Quizais o momento de maior tensión provocado por este sector foi o ocasionado polo asasinato do líder do Partido Comunista de Suráfrica, Chris Hani. Afortunadamente, a pronta detención do seu asasino grazas á colaboración dun cidadán africáner e o chamamento á calma feito por Mandela evitaron unha resposta violenta.[1]

 
Os violentos milicianos do extremista Movemento de Resistencia Africáner foron un factor de desestabilización.

Outro dos motivos da violencia foi a resistencia a perder o seu poder por parte dalgúns dos líderes dos bantustáns creados polo réxime racista. En setembro de 1992, o ANC convocou unha marcha cara a Bhisho, a capital de Ciskei. As forzas armadas do bantustán —teoricamente independente e gobernado por Oupa Gqozo— abriron fogo contra a multitude e causaron vinte e unha vítimas mortais.[20]

Ambos sectores —extrema dereita africáner e gobernadores dos bantustáns— confluíron na crise de Bofutatsuana en marzo de 1994, pouco antes da celebración das eleccións. O posto do seu líder, Lucas Mangope, estaba en perigo. O xeneral Viljoen entrou con milicianos da Fronte do Pobo Africáner para apoiar o seu réxime, xa que o vían como un aliado dos supremacistas brancos. Aos seus paramilitares uníronse indisciplinados milicianos do extremista Movemento de Resistencia Africáner que dispararon indiscriminadamente contra a poboación. As forzas armadas do bantustán reaccionaron atacando os invasores e tres milicianos morreron durante a retirada, dous deles asasinados por un coronel ante as cámaras de televisión.[21] O Exército surafricano tivo que intervir para restablecer a orde, e o Goberno de De Klerk acordou terminar coa «independencia» do bantustán.[22][23][24]

Un dos conflitos máis sanguentos foi o enfrontamento entre o Congreso Nacional Africano e o Partido da Liberdade Inkatha (PLI) no bantustán de KwaZulu. Mangosutu Buthelezi era o seu primeiro ministro e líder de Inkatha, e intentaba manter o seu predominio territorial fronte ao auxe do ANC.[6] Aínda que o ANC se presentou como vítima, a súa dirección provincial tivo responsabilidade no agravamento do conflito por negarse a que Mandela negociara directamente co líder do PLI —como fixo con outros líderes— o que podería ter mitigado o enfrontamento.[25] O momento de maior tensión produciuse en xuño de 1992, cando membros do PLI asasinaron a corenta e seis persoas en Boipatong (Transvaal) e Mandela acusou ao goberno de De Klerk de complicidade nos feitos.[6] Pola súa banda, tamén a rama militar do ANC, A Lanza da Nación, asasinou a centos de líderes de Inkatha actuando como escuadróns da morte. A pesar das acusacións do ANC, non hai constancia de que o Goberno apoiara a Inkatha, aínda que non hai dúbida de que moitos policías e militares estaban dispostos a favorecelo no conflito.[19] Polo ANC foi o zulú Jacob Zuma o encargado de negociar con Buthelezi, se ben a súa designación como candidato do seu partido ao cargo de primeiro ministro de KwaZulu-Natal enfureceu o líder de Inkatha.[26]

No extremo ideolóxico oposto, tamén o Congreso Panafricano cometeu actos de violencia. O peor de todos foi a matanza dun grupo de cristiáns que rezaban nunha igrexa do Cabo.[27]

Nos townships mantívose, antes e despois das eleccións, unha violencia tendente a facer xustiza popular de forma sumaria. O ANC alentara durante anos o linchamento de supostos colaboracionistas mediante a cruel práctica do colar. Colocábanse arredor do pescozo do sospeitoso varios pneumáticos impregnados de líquido inflamable e prendíaselles lume. A ineficacia policial e o costume de décadas favoreceron a continuidade desta práctica.[28] O apoio expreso destes métodos por parte da esposa de Mandela, Winnie, representante do sector radical do ANC, comprometeu a súa postura dialogante.[6]

Sistema electoral editar

O sistema electoral tradicionalmente utilizado na Suráfrica do apartheid fora o maioritario uninominal a unha soa volta. Os cálculos indicaron que se o ANC obtiña un 50 % dos votos —como era previsible—, con dito sistema podería obter entre un 70 e un 80 % dos escanos do Parlamento. Aínda que é posible que o PN e Inkatha obterían con este procedemento unha certa representación, os demais partidos quedarían fóra do parlamento. O propio ANC deuse de conta de que isto non sería positivo pois, aínda que os pequenos partidos tiñan escasos apoios, representaban importantes sectores sociais que debían participar na construción do novo réxime. Por tal motivo, optouse por un sistema de representación proporcional por listas aplicando o sistema Droop. Os remanentes cubríronse mediante unha adaptación do método do resto maior.[29]

Os catrocentos escanos da Asemblea Nacional dividíronse nunha lista nacional de douscentos nomes e nove listas provinciais. Aínda que inicialmente propúxose establecer unha barreira electoral que excluíra os partidos que obtivesen menos do 5 % dos votos, finalmente optouse por non establecer ningún límite co fin de incorporar o maior número de partidos posible.[29]

O ANC pretendía impoñer unha única papeleta de voto, o que significaría a obrigación de votar ao mesmo partido para a Asemblea Nacional e a provincial. Consideraba que iso favorecería os partidos de ámbito nacional sobre os rexionais. Con todo, o pequeno Partido Democrático (PD) —integrado por liberais brancos que se opuxeran ao apartheid desde dentro do sistema— opúxose con firmeza e foi apoiado por varios asesores internacionais. Finalmente optouse por realizar votacións separadas, e os resultados suxiren que tanto o PD como a Fronte da Liberdade (FL) —representante dos africáneres máis ultraconservadores— resultaron beneficiados por iso na votación provincial debido a que un número de votantes apoiaron listas diferentes en ambas votacións.[29]

Tamén se pactou que os parlamentarios non poderían cambiar de partido. Impúxose unha férrea disciplina que permitía incluso a perda do escano dos representantes que foran expulsados do seu partido. A finalidade foi protexer os partidos pequenos fronte á previsible superioridade do ANC para evitar que este captase os parlamentarios das minorías. Por outra parte, impúxose unha corrección na confección das listas cerradas de candidatos co fin de asegurar que polo menos un terzo dos seus compoñentes foran mulleres.[30]

O sistema tamén recibiu críticas ao considerarse que blindaba o poder das cúpulas dirixentes dos partidos políticos, que podían así controlar quen formaba parte das listas e expulsar os parlamentarios díscolos. Aínda que a dirección do ANC —maioritariamente procedente do exilio e non afeita a actuar con base en respaldos electorais— transixía ao aceptar a presenza dos partidos minoritarios, obtiña a cambio o completo control da súa ampla organización.[31]

As eleccións editar

 
Nelson Mandela, líder do ANC, no momento de depositar o seu voto.

Durante os meses anteriores ás eleccións, fixéronse grandes esforzos para que todos os sectores participaran nas mesmas. O Congreso Panafricano decidiu en xaneiro de 1994 pór fin á loita armada.[6][32] Pola súa parte, a extrema dereita branca, tradicionalmente representada polo Partido Conservador, empeñouse en non participar nos comicios. Ante esta situación, o ANC estableceu contactos co xeneral Viljoen, antigo xefe das Forzas de Defensa. Tratouse sobre a posibilidade de crear un volkstaat ou patria nacional para esta minoría, se ben o feito de que os brancos non foran maioritarios en ningunha rexión dificultaba calquera acordo. Pese a iso, un sector dos nacionalistas africáneres percibiu boa vontade por parte do ANC. Tras o fracaso da intervención armada en Bofutatsuana, Viljoen decidiu participar nas eleccións e creou a Fronte da Liberdade.[33]

Inkatha foi máis difícil de convencer. O partido de base zulú ameazou até o último momento con non participar nas eleccións. Finalmente, a presión internacional e o temor a perder a súa base de poder en KwaZulu-Natal fixeron que Buthelezi cambiara de opinión. Posto que as papeletas electorais estaban xa impresas, houbo que engadir apresuradamente ao final da lista adhesivos co nome do partido.[34][35]

O talento político de Mandela quedou en manifesto durante a campaña electoral, nun debate televisado que mantivo con De Klerk. Durante o mesmo, o líder do ANC foi incrementando a súa hostilidade contra o seu rival, o que causaba un efecto negativo no público até o punto de que o aínda presidente consideraba que ía «gañando puntos». Mais, case ao final do debate, Mandela levantouse, achegouse a De Klerk, estreitoulle a man, eloxiouno e díxolle que era un «auténtico fillo de África», co que retomou a iniciativa e cambiou a súa imaxe previa.[16] O 27 de abril, segundo día das eleccións, izouse por primeira vez a nova banderia. O seu variado colorido simbolizaba o pluralismo étnico da «nación arco da vella».[6]

As eleccións foron supervisadas por dous mil cincocentos observadores de Nacións Unidas.[6] Sen deixarse intimidar polo clima de violencia, case vinte millóns de surafricanos votaron nuns 10 500 colexios electorais; unha participación que superou o 86 %. As condicións foron precarias. A maioría dos electores non votara nunca, tampouco os encargados de efectuar o reconto tiñan experiencia previa, a metade dos votantes eran analfabetos funcionais e un terzo dos colexios habilitados carecía de electricidade e teléfono.[30] Aínda que se formaron longas fileiras baixo o sol, os votantes permaneceron tranquilos. Os mesmos policías e militares que defenderan o réxime racista colaboraron no desenvolvemento loxístico electoral.[36] O caos organizativo fixo que moitos electores non puideran votar durante os tres días inicialmente estipulados, o que motivou a petición de Mandela e Buthelezi de prorrogar a votación. Finalmente, De Klerk decidiu ampliar o prazo un día máis en varios dos antigos bantustáns, que eran as zonas con peor organización, co fin de que ningún partido tivera motivos para alegar que os seus simpatizantes non puideran ter votado.[37] Houbo acusacións de fraude que falaban de roubo de urnas e enchido fraudulento doutras. En KwaZulu-Natal e varios lugares máis, o resultado oficial acabou sendo froito dunha negociación entre os partidos políticos, unha posibilidade que a lexislación electoral previra.[36] Pese a todo, os votos nulos non chegaron ao 1 %, os partidos aceptaron os resultados e a comunidade internacional considerou que as eleccións foran libres e limpas.[30]

En outubro de 1994, a Comisión Electoral Independente fixo público un informe no que recoñecía que se cometeran irregularidades. A insuficiencia de recursos e a ineficacia administrativa poderían ter favorecido a partidos maioritarios nalgunhas rexións, mais afirmaba tamén que non podía dicirse que tales fallos influísen nos resultados globais. O presidente da Comisión negou que se asinara ningún acordo encamiñado a falsear os resultados, se ben revelou certos intentos de presión procedentes do Partido Nacional e o Partido Democrático que foran rexeitados.[38]

Resultados editar

Asemblea Nacional editar

 
Sede da Asemblea Nacional en Cidade do Cabo.

A nova Asemblea Nacional tiña pouco que ver co antigo parlamento constituído con criterios raciais. O 73 % da poboación negra reflectiuse nun 52 % de parlamentarios de diferentes etnias; o 15 % da poboación branca mantiña un 32 % de representantes; o 3 % da poboación asiática —fundamentalmente procedente do subcontinente indio— obtivo o 8 % dos asembleístas; finalmente, o 9 % da poboación mulata deu nun 7 % de lexisladores. Por outra parte, había un 27 % de mulleres na nova cámara.[29] Só oitenta e sete dos catrocentos membros da cámara procedían do anterior Parlamento tricameral.[30] O sindicalista Cyril Ramaphosa foi elixido presidente da cámara.[6]

Partido Votos % Escanos
Congreso Nacional Africano (ANC) 12.237.655
 62,65 %
252 / 400
Partido Nacional (NP) 3.983.690
 20,39 %
82 / 400
Partido da Liberdade Inkatha (IFP) 2.058.294
 10,54 %
43 / 400
Fronte da Liberdade (VF+) 424.555
 2,17 %
9 / 400
Partido Democrático (DP) 338.426
 1,73 %
7 / 400
Congreso Panafricanista de Azania (PAC) 243.478
 1,25 %
5 / 400
Partido Demócrata Cristián Africano (ACDP) 88.104
 0,45 %
3 / 400
Partido Musulmán Africano (AMP) 34.466
 0,18 %
0 / 400
Partido Moderado do Congreso Africano (AMCP) 27.690
 0,14 %
0 / 400
Partido Dikwankwetla de Suráfrica (DPSA) 19.451
 0,10 %
0 / 400
Partido Federal (FP) 17.663
 0,09 %
0 / 400
Fronte Minoritaria (MF) 13.433
 0,07 %
0 / 400
Organización Deportiva para as Contribucións Colectivas e a Igualdade de Dereitos (SOCCER) 10.575
 0,05 %
0 / 400
Movemento Democrático Africano (ADM) 9.886
 0,05 %
0 / 400
Partido da Paz e os Dereitos da Muller (WRPP) 6.434
 0,03 %
0 / 400
Partido Ximoko Progresista (XPP) 6.320
 0,03 %
0 / 400
Partido Manteno Recto e Simple (KISS) 5.916
 0,03 %
0 / 400
Organización de Traballadores para a Acción Socialista (WLP) 4.169
 0,02 %
0 / 400
Partido Luso-Surafricano (LSAP) 3.293
 0,02 %
0 / 400
Votos válidos 19.533.498
 99,02 %
Votos en branco/nulos 193.112
 0,98 %
Votos en total 19.726.610
 100,00 %
Votantes rexistrados/participación 22.709.152
 86,87 %

Asembleas provinciais editar

 
O presidente De Klerk fixo campaña electoral na barriada negra de Soweto.
 
«Tokyo» Sexwale (aquí, en fotografía de 2007) foi elixido primeiro ministro da importante provincia de Pretoria-Witwatersrand-Vereeniging.
 
Jacob Zuma (ANC) foi derrotado por Inkatha en KwaZulu-Natal.
 
Allan Boesak (ANC) foi derrotado polo PN no Cabo Occidental.

Durante as negociacións previas debateuse a adopción dun sistema federal ou, incluso, confederal. Finalmente acordouse dotar dunha importante autonomía ás provincias. Para modificar o seu ámbito de competencias requeríase unha maioría especial no parlamento.[12] O ANC aceptou finalmente as demandas de autonomía provincial efectuadas por outros partidos. Como as antigas provincias de Transvaal e O Cabo foron consideradas demasiado grandes, dividiuse cada unha delas en tres máis pequenas.[39]

O ANC fíxose co control de sete das nove asembleas provinciais, incluída a de Pretoria-Witwatersrand-Vereeniging, a maior de todas. O seu novo primeiro ministro, Gabriel «Tokyo» Sexwale —como Mandela, un antigo inquilino da prisión da Illa Robben—, gozaba de gran popularidade e deu mostras dun notable talante negociador. Inkatha impúxose en KwaZulu-Natal e o PN venceu no Cabo Occidental.[12] Aínda que Jacob Zuma (ANC) denunciou que o triunfo de Inkatha se debía a fraude electoral, finalmente acabou aceptando o resultado oficial e formou parte dun goberno de coalición encabezado por Frank Mdlalose.[26]

Provincia Resultado
Cabo Oriental[40] Partido Votos % Escanos
Congreso Nacional Africano (ANC) 2.453.790
 84,35 %
48 / 56
Partido Nacional (NP) 286.029
 9,83 %
6 / 56
Partido Democrático (DP) 59.644
 2,05 %
1 / 56
Congreso Panafricanista de Azania (PAC) 59.475
 2,04 %
1 / 56
Fronte da Liberdade (VF+) 23.167
 0,81 %
0 / 56
Partido Demócrata Cristián Africano (ACDP) 14.908
 0,51 %
0 / 56
Partido da Liberdade Inkatha (IFP) 5.050
 0,17 %
0 / 56
Movemento Democrático Africano (ADM) 4.815
 0,17 %
0 / 56
Partido do Mérito (MP) 2.028
 0,07 %
0 / 56
Votos válidos 2.908.906
 99,55 %
Votos en branco/anulados 13.248
 0,45 %
Votos en total 2.922.154
 100,00 %
Estado Libre de Orange[41] Partido Votos % Escanos
Congreso Nacional Africano (ANC) 1.037.998
 76,65 %
24 / 30
Partido Nacional (NP) 170.452
 12,59 %
4 / 30
Fronte da Liberdade (VF+) 81.662
 6,03 %
2 / 30
Congreso Panafricanista de Azania (PAC) 24.451
 1,81 %
0 / 30
Partido Dikwankwetla de Suráfrica (SDP) 17.024
 1,26 %
0 / 30
Partido Democrático (DP) 7.664
 0,57 %
0 / 30
Partido da Liberdade Inkatha (IFP) 6.935
 0,51 %
0 / 30
Partido Demócrata Cristián Africano (ACDP) 6.072
 0,45 %
0 / 30
Movemento Democrático Africano (ADM) 2008
 0,15 %
0 / 30
Votos válidos 1.354.266
 99,25 %
Votos en branco/anulados 10.286
 0,75 %
Votos en total 1.364.552
 100,00 %
Pretoria-Witwatersrand-Vereeniging[42] Partido Votos % Escanos
Congreso Nacional Africano (ANC) 2.418.257
 57,60 %
50 / 86
Partido Nacional (NP) 1.002.540
 23,88 %
21 / 86
Fronte da Liberdade (VF+) 258.935
 6,17 %
5 / 86
Partido Democrático (DP) 223.548
 5,32 %
5 / 86
Partido da Liberdade Inkatha (IFP) 153.567
 3,66 %
3 / 86
Congreso Panafricanista de Azania (PAC) 61.512
 1,47 %
1 / 86
Partido Demócrata Cristián Africano (ACDP) 25.542
 0,61 %
1 / 86
Partido Federal (PF) 16.279
 0,39 %
0 / 86
Partido Musulmán Africano (AMP) 12.888
 0,31 %
0 / 86
Partido da Paz e os Dereitos da Muller (WRPP) 7.279
 0,17 %
0 / 86
Partido Luso-Surafricano (LSAP) 5.423
 0,13 %
0 / 86
Partido Dikwankwetla de Suráfrica (SDP) 4.853
 0,12 %
0 / 86
Movemento Democrático Africano (ADM) 4.352
 0,10 %
0 / 86
Partido Ximoko Progresista (XPP) 3.275
 0,08 %
0 / 86
Votos válidos 4.198.250
 99,40 %
Votos en branco/anulados 25.383
 0,60 %
Votos en total 4.223.633
 100,00 %
KwaZulu-Natal[43] Partido Votos % Escanos
Partido da Liberdade Inkatha (IFP) 1.844.070
 50,32 %
41 / 81
Congreso Nacional Africano (ANC) 1.181.118
 32,23 %
26 / 81
Partido Nacional (NP) 410.710
 11,21 %
9 / 81
Partido Democrático (DP) 78.910
 2,15 %
2 / 81
Fronte Minoritaria (MF) 48.9f51
 1,34 %
1 / 81
Congreso Panafricanista de Azania (PAC) 26.601
 0,73 %
1 / 81
Partido Demócrata Cristián Africano (ACDP) 24.690
 0,67 %
1 / 81
Fronte da Liberdade (VF+) 18.625
 0,51 %
0 / 81
Partido Musulmán Africano (AMP) 17.931
 0,49 %
0 / 81
Movemento Democrático Africano (ADM) 8.092
 0,22 %
0 / 81
A Internacional de Traballadores para Construír a Cuarta Internacional (WIRFI) 4.626
 0,13 %
0 / 81
Votos válidos 3.664.324
 98,94 %
Votos en branco/anulados 39.369
 1,06 %
Votos en total 3.703.693
 100,00 %
Transvaal do Leste[44] Partido Votos % Escanos
Congreso Nacional Africano (ANC) 1.070.052
 80,69 %
25 / 30
Partido Nacional (NP) 119.311
 9,00 %
3 / 30
Fronte da Liberdade (VF+) 75.120
 5,66 %
2 / 30
Congreso Panafricanista de Azania (PAC) 21.679
 1,63 %
0 / 30
Partido da Liberdade Inkatha (IFP) 20.147
 1,52 %
0 / 30
Partido Democrático (DP) 7.437
 0,56 %
0 / 30
Partido Demócrata Cristián Africano (ACDP) 6.339
 0,48 %
0 / 30
Movemento Democrático Africano (ADM) 5.062
 0,38 %
0 / 30
Partido da Dereita (RP) 921
 0,07 %
0 / 30
Votos válidos 1.326.068
 99,06 %
Votos en branco/anulados 12.631
 0,94 %
Votos en total 1.338.699
 100,00 %
Noroeste[45] Partido Votos % Escanos
Congreso Nacional Africano (ANC) 1.310.080
 83,33 %
26 / 30
Partido Nacional (NP) 138.986
 8,84 %
3 / 30
Fronte da Liberdade (VF+) 72.821
 4,63 %
1 / 30
Congreso Panafricanista de Azania (PAC) 27.274
 1,73 %
0 / 30
Partido Democrático (DP) 7.894
 0,50 %
0 / 30
Partido da Liberdade Inkatha (IFP) 5.948
 0,38 %
0 / 30
Partido Demócrata Cristián Africano (ACDP) 5.570
 0,35 %
0 / 30
Movemento Democrático Africano (ADM) 3.569
 0,23 %
0 / 30
Votos válidos 1.572.142
 98,81 %
Votos en branco/anulados 18.974
 1,19 %
Votos en total 1.591.116
 100,00 %
Cabo do Norte[46] Partido Votos % Escanos
Congreso Nacional Africano (ANC) 200.839
 49,74 %
15 / 30
Partido Nacional (NP) 163.452
 40,48 %
12 / 30
Fronte da Liberdade (VF+) 24.117
 5,97 %
2 / 30
Partido Democrático (DP) 7.567
 1,87 %
1 / 30
Congreso Panafricanista de Azania (PAC) 3.765
 0,93 %
0 / 30
Partido da Liberdade Inkatha (IFP) 1.688
 0,42 %
0 / 30
Partido Demócrata Cristián Africano (ACDP) 1.610
 0,40 %
0 / 30
Movemento Democrático Africano (ADM) 734
 0,18 %
0 / 30
Votos válidos 403.772
 98,13 %
Votos en branco/anulados 3.534
 0,87 %
Votos en total 407.306
 100,00 %
Traansval do Norte[47] Partido Votos % Escanos
Congreso Nacional Africano (ANC) 1.759.597
 91,63 %
38 / 40
Partido Nacional (NP) 62.745
 3,27 %
1 / 40
Fronte da Liberdade (VF+) 41.193
 2,15 %
1 / 40
Congreso Panafricanista de Azania (PAC) 24.360
 1,27 %
0 / 40
Fronte do Pobo Unido (UPF) 10.123
 0,53 %
0 / 40
Partido Demócrata Cristián Africano (ACDP) 7.363
 0,38 %
0 / 40
Partido Ximoko Progresista (XPP) 4.963
 0,26 %
0 / 40
Partido Democrático (DP) 4.021
 0,21 %
0 / 40
Movemento Democrático Africano (ADM) 3.662
 0,19 %
0 / 40
Partido da Liberdade Inkatha (IFP) 2.233
 0,12 %
0 / 40
Votos válidos 1.920.260
 99,29 %
Votos en branco/anulados 13.702
 0,71 %
Votos en total 1.933.962
 100,00 %
Cabo Occidental[48] Partido Votos % Escanos
Partido Nacional (NP) 1.138.242
 53,25 %
23 / 42
Congreso Nacional Africano (ANC) 705.576
 33,01 %
14 / 42
Partido Democrático (DP) 141.970
 6,64 %
3 / 42
Fronte da Liberdade (VF+) 44.003
 2,06 %
1 / 42
Partido Demócrata Cristián Africano (ACDP) 25.731
 1,20 %
1 / 42
Congreso Panafricanista de Azania (PAC) 22.676
 1,06 %
0 / 42
Partido Musulmán Africano (AMP) 20.954
 0,98 %
0 / 42
Partido Islámico (IP) 16.762
 0,78 %
0 / 42
Partido da Liberdade Inkatha (IFP) 7.445
 0,35 %
0 / 42
Partido Federalista Wes-Kaap (WKFP) 6.337
 0,35 %
0 / 42
Partido das Mulleres Surafricanas (SWP) 2.641
 0,12 %
0 / 42
Partido Verde (GP) 2.611
 0,12 %
0 / 42
Movemento Democrático Africano (ADM) 1.939
 0,09 %
0 / 42
A Internacional de Traballadores para Construír a Cuarta Internacional (WIRFI) 855
 0,04 %
0 / 42
Votos válidos 2.137.742
 99,50 %
Votos en branco/anulados 10.714
 0,50 %
Votos en total 2.148.456
 100,00 %

Senado editar

O Senado foi elixido de forma indirecta. Cada unha das nove asembleas provinciais elixiu dez senadores —un número idéntico para todas pese ás notables diferenzas de poboación existentes entre elas— de forma proporcional á representación de cada partido.[12] O ANC conseguiu maioría tamén nesta cámara. O Congreso Panafricano e o Partido Demócrata Cristián Africano quedaron excluídos desta cámara alta.[49]

Partido Cabo Oriental Estado Libre Gauteng KwaZulu-Natal Limpopo Mpumalanga Noroeste Cabo do Norte Cabo Occidental Total
Congreso Nacional Africano (ANC)
9 / 10
8 / 10
6 / 10
3 / 10
8 / 10
8 / 10
5 / 10
10 / 10
3 / 10
60 / 90
Partido Nacional (NP)
1 / 10
1 / 10
2 / 10
1 / 10
1 / 10
1 / 10
4 / 10
0 / 10
6 / 10
17 / 90
Partido da Liberdade Inkatha (IFP)
0 / 10
0 / 10
0 / 10
5 / 10
0 / 10
0 / 10
0 / 10
0 / 10
0 / 10
5 / 90
Fronte da Liberdade (VF+)
0 / 10
1 / 10
1 / 10
0 / 10
1 / 10
1 / 10
1 / 10
0 / 10
0 / 10
5 / 90
Partido Democrático (DP)
0 / 10
0 / 10
0 / 10
1 / 10
1 / 10
0 / 10
0 / 10
0 / 10
1 / 10
3 / 90

Tras a aprobación da nova constitución o 4 de febreiro de 1997, o Senado converteuse no Consello Nacional das Provincias (NCOP), unha nova cámara alta. A súa composición política seguiu sendo a mesma, pero os membros dividíronse n en delegados permanentes e especiais.[49]

Partidos Provincia Total
Cabo Oriental Estado Libre Gauteng KwaZulu-Natal Limpopo Mpumalanga Noroeste Cabo do Norte Cabo Occidental
Congreso Nacional Africano (ANC)
5 / 6
4 / 6
3 / 6
1 / 6
4 / 6
4 / 6
3 / 6
6 / 6
2 / 6
32 / 54
60 / 90
4 / 4
4 / 4
3 / 4
2 / 4
4 / 4
4 / 4
2 / 4
4 / 4
1 / 4
28 / 36
Partido Nacional (NP)
1 / 6
1 / 6
1 / 6
1 / 6
1 / 6
1 / 6
2 / 6
0 / 6
3 / 6
11 / 54
17 / 90
0 / 4
0 / 4
1 / 4
0 / 4
0 / 4
0 / 4
2 / 4
0 / 4
3 / 4
6 / 36
Partido da Liberdade Inkatha (IFP)
0 / 6
0 / 6
0 / 6
3 / 6
0 / 6
0 / 6
0 / 6
0 / 6
0 / 6
3 / 54
5 / 90
0 / 4
0 / 4
0 / 4
2 / 4
0 / 4
0 / 4
0 / 4
0 / 4
0 / 4
2 / 36
Fronte da Liberdade (VF+)
0 / 10
1 / 10
1 / 10
0 / 10
1 / 10
1 / 10
1 / 10
0 / 10
0 / 10
5 / 54
5 / 90
Partido Demócrata (DP)
0 / 10
0 / 10
0 / 10
1 / 10
1 / 10
0 / 10
0 / 10
0 / 10
1 / 10
3 / 54
3 / 90

Os partidos máis representativos editar

 
Bandeira do ANC.

Congreso Nacional Africano editar

O interracial ANC presentouse ás eleccións integrando na súas listas o seu tradicional aliado, o Partido Comunista Surafricano.[6] Fixo campaña prometendo a supresión das desigualdades do apartheid, crear unha asistencia médica universal, ofrecer mellores oportunidades laborais, mellorar a educación, realizar un ambicioso plan de edificación de vivendas e mellorar a subministración de electricidade e auga nas zonas rurais e noos townships.[50]

O partido xustificou a súa condición de favorito. O seu triunfo co 62,65 % dos votos e 252 asentos na Asemblea Nacional resultou esmagador. Só grazas ao sistema electoral proporcional non conseguiu a maioría dos dous terzos que se pactara para poder aprobar a nova constitución, o que se considerou positivo para a integración de todos os sectores sociais. Obtivo un amplo apoio de cidadáns de todos os grupos étnicos e clases sociais. Ademais, impúxose en sete das nove asembleas provinciais; en Transvaal Setentrional con máis do 90 % dos votos.[51]

En xeral, o ANC obtivo máis apoios nas cidades que no campo, onde era percibido como un partido ateo e violento. Ademais, desconfiábase do seu candidato a primeiro ministro do Cabo Occidental, Allan Boesak, un clérigo cun comportamento adúltero que era de coñecemento público. Tamén o medo ao desemprego de sectores antes privilexiados xogou na súa contra. Aínda así, todos estes factores non evitaron a súa contundente vitoria.[51]

 
Thabo Mbeki abandonou o SACP.

Partido Comunista editar

O Partido Comunista Surafricano (SACP) presentouse ás eleccións dentro das listas do ANC debido á estreita alianza que ambas organizacións mantiñan desde había tempo. Fora un dos partidos comunistas máis fieis a Moscova durante décadas, até o punto de que, pouco antes da caída do muro de Berlín proclamara o seu desexo de construír unha RDA en África. O seu líder, Joe Slovo intentara cambiar a imaxe do partido publicando en 1989 un panfleto titulado ¿Fracasou o comunismo? e mostrándose despois escandalizado ao coñecer a existencia de campos de traballos forzados na Unión Soviética.[52]

A dobre militancia estaba plenamente admitida, o que facía que importantes dirixentes do ANC o foran tamén do SACP.[26] O mesmo Slovo dirixía tamén o brazo armado do ANC, Umkhonto we Sizwe ou A Lanza da Nación. Cando abandonou ambos cargos para centrarse no ANC, foi substituído nos dous por Chris Hani, un dos líderes máis carismáticos e populares do ANC.[53] Outros membros destacados do partido eran Thabo Mbeki —quen presidira o sétimo congreso do partido na Habana en 1989—,[54] Cyril Ramaphosa —un dos primeiros dirixentes do COSATU[55] e Jacob Zuma —membro do Comité Central desde 1963 e do Buró Político desde 1989—.[26] O predominio era tan forte que Slovo consentiu que algúns —como Mbeki e Ramaphosa— abandonaran o partido para centrarse no ANC.[53]

Partido Nacional editar

O PN conseguiu un 20,39 % dos votos e 82 escanos. Aínda que non alcanzou as expectativas máis optimistas do partido —que De Klerk cifraba nun 30 %—,[56] asegurou unha das dúas vicepresidencias para De Klerk e a súa participación no Goberno de Unidade Nacional. Ademais, obtivo a vitoria na asemblea provincial do Cabo Occidental. Foi un meritorio resultado para un partido que até pouco tempo antes só admitía cidadáns brancos e que fora o principal creador e mantedor do apartheid. A súa apertura a outras razas tivo especial éxito entre os mulatos.[51][57]

Partido da Liberdade Inkatha editar

Inkatha é un partido de base étnica composto case exclusivamente por zulús. Conseguiu os seus obxectivos mínimos ao obter a vitoria na provincia de KwaZulu-Natal e lograr o 10,54 % dos votos e 43 parlamentarios na Asemblea Nacional. Iso deulle dereito a entrar no Goberno de Unión Nacional con tres ministros. O propio Buthelezi desempeñou o cargo de ministro de Interior.[58] Con todo, resulta significativo o feito de que sete de cada oito votos que recibiu procederan de Kwazulu-Natal[51] e que, á parte desta provincia, só conseguira unha pequena representación na asemblea de Pretoria-Witwatersrand-Vereeniging.

Fronte da Liberdade editar

A extrema dereita africáner agrupouse na Fronte do Pobo Africáner, unha coalición de organizacións dirixida por Constand Viljoen, antigo comandante en xefe das Forzas de Defensa. A súa petición de creación dun estado propio —un volkstaat— foi rexeitada tanto polo ANC como polo PN debido a que a minoría africáner non era maioritaria en ningunha rexión surafricana e a creación de tal Estado suporía a perpetuación do apartheid.[59] Aínda que a Fronte como tal se negou a participar nas eleccións —e iso incluía o tradicional Partido Conservador, que se suicidou politicamente— Viljoen inscribiu no último momento un novo partido: a Fronte da Liberdade.[60][61]

Esta división prexudicou as posibilidades da candidatura, que obtivo finalmente 424 555 votos —un 2,17 % que non lle permitía acceder ao Goberno de Unidade Nacional— na votación para a Asemblea Nacional, cifra inferior aos 680 131 votos que nas eleccións de 1989 á cámara lexislativa dos brancos obtivera o Partido Conservador.[62] Non obstante, o improvisado partido deu mostras de solidez ao entrar tamén en sete das nove cámaras provinciais, en catro delas superando o cinco por cento dos votos. Nesta segunda votación obtivo máis de douscentos mil votos máis, o que, unido ao feito de que o PN obtivera case medio millón de votos menos,[63] revela que houbo un certo número de votantes que depositaron dúas papeletas distintas nunha e outra elección, probablemente realizando un «voto útil» a favor do partido gobernamental nas eleccións nacionais.[29]

Partido Demócrata editar

O Partido Democrático (PD) sufriu un forte revés. Composto maioritariamente por brancos, era o representante da tradición liberal contraria ao apartheid e continuador do Partido Progresista Federal como oposición legal na antiga cámara lexislativa da minoría branca. Pensou que podería alcanzar o 10 % dos votos co sufraxio universal.[64] Mais só conseguiu un exiguo 1,73 % que representou sete parlamentarios. De feito, os seus 338 000 votos foron inferiores aos 431 000 que obtivera nas eleccións de 1989 só entre a poboación branca.[62] Moitos consideraron que a responsabilidade da derrota estaba na campaña electoral excesivamente pasiva feita polo seu líder Zach de Beer, quen presentou a súa dimisión e foi substituído polo máis agresivo Tony Leon.[65] A semellanza co ocorrido coa FL, o PD obtivo douscentos mil votos máis nas eleccións provinciais,[63] cos que puido entrar en cinco das nove asembleas.

Congreso Panafricano editar

O Congreso Panafricano era unha organización radical escindida do ANC en 1959 e que, a diferenza deste, só aceptaba nas súas filas a surafricanos de raza negra.[6] O seu desafío ao partido de Mandela saldouse cun fracaso, pois só obtivo o 1,25 % dos votos e cinco parlamentarios, conseguindo ter voz en tres das nove asembleas provinciais e quedou fóra do Senado. O partido quedou endebedado polos gastos electorais e sufriu varias escisións tras as eleccións.[30]

Outros editar

A sorpresa deuna o novo Partido Demócrata Cristián Africano, que conseguiu dous parlamentarios ao recibir o 0,45 % dos votos. Tamén logrou ter voz en tres das asembleas provinciais.[66]

Do resto dos partidos, só a Fronte da Minoría —dirixida á comunidade de orixe india— conseguiu un representante na asemblea provincial de KwaZulu-Natal.

Consecuencias inmediatas editar

 
Cartel relativo á toma de posesión presidencial de Nelson Mandela.

O Parlamento non tardou en elixir a Nelson Mandela como novo presidente da nación. Como vicepresidentes foron elixidos Frederik de Klerk (PN) e Thabo Mbeki (ANC). Os tres tomaron posesión dos seus cargos o 10 de maio de 1994. Xusto antes de que pasaran uns avións que mostraban as cores da nova bandeira de Suráfrica, Mandela dixo: «Que reine a liberdade. Deus bendiga a África».[67] Mbeki íase perfilando xa como futuro sucesor de Mandela.[68] No seu discurso, Mandela dixo:[6]

Á marxe da experiencia dun desastre humano extraordinario que durou demasiado tempo, debe nacer unha sociedade da que toda a humanidade poida sentirse orgullosa (...) O tempo para a curación das feridas chegou. O momento de salvar os foxos que nos dividen chegou (...) Por fin alcanzamos a nosa emancipación política. Comprometémonos a liberar o noso pobo da escravitude continua da pobreza, a privación, o sufrimento, o sexismo e outras formas de discriminación (...) Dedicamos este día a todos os heroes e heroínas deste país e do resto de mundo que se sacrificaron de moitas maneiras e entregaron as súas vidas para que sexamos libres. Os seus soños convertéronse en realidade. A liberdade é a súa recompensa (...) Debemos actuar todos xuntos como un pobo unido, para a reconciliación nacional, para a construción da nación, para o nacemento dun novo mundo. Que haxa xustiza para todos. Que haxa paz para todos. Que haxa traballo, pan, auga e sal para todos (...) Que nunca, nunca, nunca máis esta bela terra experimente de novo a opresión duns por outros nin sufra a indignidade do ser unha vergoña no mundo.

O novo Goberno de Unidade Nacional contou, tal como se pactara previamente, con membros dos tres partidos que superaran o 5 % dos votos. O ANC, loxicamente, tivo maioría e designou dezaoito ministros; o PN contou con seis membros no gabinete; en canto ao PLI, contou co propio Buthelezi como ministro de Interior e outros dous representantes.[30] Outros membros destacados do Goberno eran o líder comunista Joe Slovo, quen se encargou da carteira de Vivenda;[58] o veterano Alfred Nzo (ANC) en Asuntos Exteriores; Joe Modise (ANC) en Defensa; Derek Keys (PN), quen continuou no seu posto de ministro de Economía; e Roelof Pik Botha (PN) en Enerxía e Minas. A conflitiva Winnie Mandela foi elixida viceministra de Artes, Cultura, Ciencia e Tecnoloxía.[6]

Suráfrica, que estivera illada durante o réxime do apartheid, empezou a reintegrarse á comunidade internacional: o 10 de maio de 1994 o Consello de Seguridade da ONU levantou o embargo de armas que pesaba sobre o país desde 1977;[6] o 23 de maio incorporouse á Organización para a Unidade Africana (OUA); o 31 de maio foi admitida no Movemento de Países Non Aliñados; o 1 de xuño reincorporouse á Commonwealth; o 23 de xuño volveu á Asemblea Xeral das Nacións Unidas; e o 31 de agosto uniuse á Comunidade de Desenvolvemento de África Austral. Tamén se ampliou o número de nacións coas que mantiña relacións bilaterais; as delegacións estranxeiras aumentaron desde as trinta e seis que había en 1990 até as cento trinta e tres a finais de 1994.[69][6]

Transcendencia editar

 
Desmond Tutu foi un dos membros da Comisión para a verdade e a reconciliación

O periodista e historiador surafricano R.W. Johnson opina que as eleccións de 1994 foron «un dos acontecementos máis importantes da historia de Suráfrica» e que ningún dos seus participantes poderá esquecer nunca a experiencia. Cre que foron un «acto de autoemancipación e autoafirmación que resoará na historia e que celebrarán os demócratas en todas as partes». Define os feitos de que persoas de diferentes etnias fixeran cola xuntos e de que un presidente negro fora elixido por esmagadora maioría como «marabillosos». E tras a euforia, confirmouse o acordo das elites mediante un resultado previsto. Nelson Mandela chegaba ao poder aos 76 anos de idade e sen ter ningunha experiencia previa no desempeño dun cargo electo, algo do que el mesmo dicía non ter «toda a culpa». Pasara un terzo da súa vida en prisión por propia vontade e o seu sincero desexo de reconciliación, o seu sentido do humor e a súa falta de pretensións valéronlle o afecto nacional e internacional. Pero dentro do goberno tiña pouco poder e era o vicepresidente Mbeki quen dirixía o executivo.[70]

O ANC estaba decidido a impulsar plans de acción afirmativa para que toda institución representara fielmente a realidade demográfica do país. Como non había suficientes negros especializados, moitas empresas optaron por contratar negros estranxeiros. Ademais, o ANC substituíu funcionarios cualificados por outros afíns, o que provocou unha diminución da eficacia administrativa. Ofrecéronse condicións vantaxosas aos educadores para que abandonaran as súas prazas, o que privou ao sistema de ensinanza de moitos bos profesionais. E en Sanidade primáronse os centros de atención primaria sen conseguir elevar o seu nivel e a costa de empeorar as excelentes institucións médicas. Ademais, reaccionouse tarde fronte á epidemia de sida. Aínda que o ANC e Inkatha eran socios de goberno, a súa guerra civil continuou durante un tempo aínda que a menor intensidade. E a delincuencia común creceu exponencialmente. Como consecuencia de todo isto, moitos brancos e indios cualificados abandonaron o país. Creouse unha Comisión para a verdade e a reconciliación encargada de investigar as violacións de dereitos humanos durante a época do apartheid cuxa actuación e resultados foron obxecto de valoracións moi diversas. E en maio de 1996 foi aprobada a nova Constitución.[71]

Con motivo da morte de Mandela en 2013, John Carlin —nese momento moi coñecido polo éxito de varios libros seus sobre Suráfrica— escribiu unha serie de artigos nos que analizaba o resultado do cambio que o defunto político impulsara tras o seu triunfo nas eleccións de 1994. Carlin consideraba que Suráfrica conseguira chegar a ter problemas tan complexos ou banais como calquera outro país similar: a corrupción, o amiguismo, a vivenda, a educación, a subministración de auga e luz e a delincuencia. Pero tamén afirmaba que a nación evitara a guerra civil, que o sentimento patrio era común a todos, que a democracia era estable, que había prensa libre e un sistema xudicial independente, e que negros e brancos mantiñan unhas relacións cotiás respectuosas e libres de tensión. En case vinte anos crearíase unha importante clase media de raza negra e, aínda que os brancos seguían mantendo maior nivel económico, o dos negros aumentara en maior medida. No funeral de Mandela foi repetidamente apupado o entón presidente Zuma, mentres que Frederik de Klerk —o último presidente do réxime do apartheid— foi moi ovacionado. Como símbolo da unidade, Carlin explicaba como o día 16 de decembro —no que antano os brancos celebraban a vitoria de 1838 sobre os zulús na Batalla do Río Sanguento e os negros conmemoraban a creación en 1961 da Lanza da Nación, a organización armada do ANC— se convertería no Día da Reconciliación.[72][73][74][75]

Uns meses máis tarde celebrouse o vixésimo aniversario das eleccións en plena campaña para as de 2014. O 27 de abril celebrouse o Día da Liberdade e Zuma afirmaba que «fixemos de Suráfrica un lugar moito mellor no que vivir». Consciente dos retos existentes, engadía que «achegámonos ao noso prezado soño dunha Suráfrica unida, non racial, non sexista, democrática e próspera».[76]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Ross 2006, p. 203.
  2. Martínez de Rituerto, Ricardo (26 de abril de 1994). "Los surafricanos acuden hoy a las urnas bajo el impacto de nuevos y sangrientos atentados de los 'ultras' blancos". El País. Consultado o 26 de xaneiro de 2014. 
  3. The 1994 Elections
  4. Lyon 1995, p. 271.
  5. Ross 2006, pp. 195-196.
  6. 6,00 6,01 6,02 6,03 6,04 6,05 6,06 6,07 6,08 6,09 6,10 6,11 6,12 6,13 6,14 6,15 6,16 Ortiz de Zárate, Roberto (2013). "Nelson Mandela". CIDOB. Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2013. Consultado o 26 de decembro de 2013. 
  7. "Sudáfrica, 20 años sin apartheid". ABC. EFE. 2 de febreiro de 2010. Consultado o 30 de decembro de 2013. 
  8. Lyon 1995, pp. 271-272.
  9. Johnson 2005, p. 348.
  10. 10,0 10,1 10,2 Lyon 1995, p. 272.
  11. Ortiz de Zárate, Roberto (2013). "Thabo Mbeki". CIDOB. Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2015. Consultado o 15 de marzo de 2015. 
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 Lyon 1995, p. 274.
  13. Johnson 2005, p. 358.
  14. Ross 2006, pp. 202-203.
  15. Carlin, John (30 de abril de 1993). ""Sin De Klerk no puede haber cambio pacífico en Suráfrica"". El País. Consultado o 28 de decembro de 2013. 
  16. 16,0 16,1 Carlin, John (16 de xuño de 1999). "Mandela Superstar". El País. Consultado o 29 de decembro de 2013. 
  17. Ross 2006, p. 196.
  18. Carlin, John (14 de outubro de 1993). "Escalofrío de guerra civil en Suráfrica". El País. Consultado o 28 de decembro de 2013. 
  19. 19,0 19,1 19,2 Johnson 2005, p. 351.
  20. Ross 2006, pp. 199-200.
  21. Ross 2006, pp. 204-205.
  22. Carlin, John (12 de marzo de 1994). "Miles de neonazis invaden un 'homeland' de Suráfrica para apoyar su Gobierno contra el ANC de Mandela". El País. Consultado o 28 de decembro de 2013. 
  23. Carlin, John (13 de marzo de 1994). "La policía de Bophuthatswana mató a dos blancos porque "habían disparado contra gente inocente"". El País. Consultado o 28 de decembro de 2013. 
  24. Carlin, John (14 de marzo de 1994). "Suráfrica liquida la 'independencia' de Bofuzatsuana". El País. Consultado o 28 de decembro de 2013. 
  25. Ross 2006, pp. 198-199.
  26. 26,0 26,1 26,2 26,3 Ortiz de Zárate, Roberto (6 de xuño de 2011). "Jacob Zuma". CIDOB. Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2014. Consultado o 2 de xaneiro de 2014. 
  27. Johnson 2005, p. 360.
  28. Lyon 1995, pp. 275-276.
  29. 29,0 29,1 29,2 29,3 29,4 "Sudáfrica: sistemas electorales, manejo de conflictos e inclusión". Enciclopedia de Administración y Costo de Elecciones (ACE). Consultado o 7 de abril de 2021. 
  30. 30,0 30,1 30,2 30,3 30,4 30,5 Lyon 1995, p. 273.
  31. Johnson 2005, pp. 361-363.
  32. "Renuncia a la lucha armada el principal grupo antiblanco de África del Sur". El País. 17 de xaneiro de 1994. Consultado o 30 de decembro de 2013. 
  33. Ross 2006, pp. 203-205.
  34. Ross 2006, p. 205.
  35. Martínez de Rituerto, Ricardo (20 de abril de 1994). "Los zulúes de Inkatha participarán en las elecciones de Suráfrica". El País. Consultado o 1 de xaneiro de 2014. 
  36. 36,0 36,1 Ross 2006, pp. 205-206.
  37. Martínez de Rituerto, Ricardo (29 de abril de 1994). "Las urnas de Suráfrica estarán abiertas un día más". El País. Consultado o 30 de decembro de 2013. 
  38. Lyon 1995, p. 275.
  39. Ross 2006, pp. 201-202.
  40. "April 26-29, 1994 General Election Results - Eastern Cape: Provincial Legislature". Election Resources on the Internet (en inglés). Consultado o 16 de decembro de 2013. 
  41. "April 26-29, 1994 General Election Results - Free State: Provincial Legislature". Election Resources on the Internet (en inglés). Consultado o 16 de decembro de 2013. 
  42. "April 26-29, 1994 General Election Results - Gauteng: Provincial Legislature". Election Resources on the Internet (en inglés). Consultado o 16 de decembro de 2013. 
  43. "April 26-29, 1994 General Election Results - KwaZulu-Natal: Provincial Legislature". Election Resources on the Internet (en inglés). Consultado o 17 de decembro de 2013. 
  44. "April 26-29, 1994 General Election Results - Mpumalanga: Provincial Legislature". Election Resources on the Internet (en inglés). Consultado o 17 de decembro de 2013. 
  45. "April 26-29, 1994 General Election Results - North West: Provincial Legislature". Election Resources on the Internet (en inglés). Consultado o 17 de decembro de 2013. 
  46. "April 26-29, 1994 General Election Results - Northern Cape: Provincial Legislature". Election Resources on the Internet (en inglés). Consultado o 18 de decembro de 2013. 
  47. "April 26-29, 1994 General Election Results - Limpopo: Provincial Legislature". Election Resources on the Internet (en inglés). Consultado o 18 de decembro de 2013. 
  48. "April 26-29, 1994 General Election Results - Western Cape: Provincial Legislature". Election Resources on the Internet (en inglés). Consultado o 19 de decembro de 2013. 
  49. 49,0 49,1 "Constitution of the Republic of South Africa, 1996. Schedule 6: Transitional Arrangements". Wikisource (en inglés). Consultado o 1 de abril de 2015. 
  50. Lyon 1995, p. 277.
  51. 51,0 51,1 51,2 51,3 Ross 2006, p. 207.
  52. Johnson 2005, pp. 347-354.
  53. 53,0 53,1 Johnson 2005, p. 353.
  54. Johnson 2005, p. 347.
  55. Johnson 2005, p. 335.
  56. Johnson 2005, p. 365.
  57. Martínez de Rituerto, Ricardo (3 de maio de 1994). "Los mulatos votaron al Partido Nacional". El País. Consultado o 29 de decembro de 2013. 
  58. 58,0 58,1 Lyon 1995, p. 278.
  59. Carlin, John (14 de febreiro de 1994). ""Los 'afrikaners' queremos gobernarnos a nosotros mismos"". El País. Consultado o 29 de decembro de 2013. 
  60. "La ultraderecha blanca no participará en las elecciones multirraciales surafricanas". El País. Reuters. 6 de marzo de 1994. Consultado o 29 de decembro de 2013. 
  61. Martínez de Rituerto, Ricardo (21 de abril de 1994). "La derecha montaraz". El País. Consultado o 29 de decembro de 2013. 
  62. 62,0 62,1 Unión Interparlamentaria. "South Africa Parliamentary Chamber: House of Assembly" (en inglés). Consultado o 29 de decembro de 2013. 
  63. 63,0 63,1 "April 26-29, 1994 General Election Results - Republic of South Africa Totals: Provincial Legislatures". Election Resources on the Internet (en inglés). Consultado o 2 de xaneiro de 2014. 
  64. Martínez de Rituerto, Ricardo (2 de maio de 1994). "Mandela obtiene una rotunda victoria en Suráfrica, según datos parciales del desesperante recuento". El País. Consultado o 31 de decembro de 2013. 
  65. Johnson 2005, p. 366.
  66. Martínez de Rituerto, Ricardo (7 de maio de 1994). "Los resultados finales en Suráfrica sellan la amplia mayoría absoluta de Mandela". El País. Consultado o 31 de decembro de 2013. 
  67. Ross 2006, pp. 207-208.
  68. Lyon 1995, pp. 278-279.
  69. Lyon 1995, pp. 281-282.
  70. Johnson 2005, pp. 365-369.
  71. Johnson 2005, pp. 370-379.
  72. Carlin, John (8 de decembro de 2013). "La fiesta en honor a Mandela en la que los políticos no cuentan". El País. Consultado o 29 de maio de 2015. 
  73. Carlin, John (10 de decembro de 2013). "Sudáfrica despide a Mandela". El País. Consultado o 29 de maio de 2015. 
  74. Carlin, John (13 de decembro de 2013). "Adiós a Mandela, enterrado el apartheid". El País. Consultado o 29 de maio de 2015. 
  75. Carlin, John (16 de decembro de 2013). "El río de sangre y la lanza de la nación". El País. Consultado o 29 de maio de 2015. 
  76. "Presidente de Sudáfrica asegura que tras 20 años de democracia, el país se ha convertido en un lugar mejor donde vivir". La Tercera. EFE. 27 de abril de 2014. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 29 de maio de 2015. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar