Eleanor Hallowell Abbott

Eleanor Hallowell Abbott (Sra. Fordyce Coburn), nada en Cambridge (Massachusetts) o 22 de setembro de 1872[1] e finada en Portsmouth (Nova Hampshire) o 4 de xuño de 1958, foi unha escritora estadounidense. Contribuíu con frecuencia no Ladies' Home Journal.

Eleanor Hallowell Abbott
Nacemento22 de setembro de 1873 e 1872
Lugar de nacementoCambridge
Falecemento4 de xuño de 1958 e 1958
Lugar de falecementoPortsmouth
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterRadcliffe College e Universidade Harvard
Ocupaciónpoeta, novelista, escritora e escritora de literatura infantil
Na rede
IMDB: nm0007963 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Era filla do clérigo Edward Abbott, quen editaba a publicación Literary World, e neta do notable escritor de textos infantís Jacob Abbott.[2] Por influencia do seu pai e o seu avó, Eleanor medrou rodeada de literatura e relixión, o cal lle axudou a coñecer a literatos destacados como Henry Wadsworth Longfellow e Robert Lowell.[3]

Tras asistir a escolas privadas en Cambridge, empezou a estudar en Radcliffe College.[4] Unha vez completou os seus estudos, traballou como secretaria e mestra en Lowell State Normal School.[5] Alí empezou a escribir poesías e historias curtas, con pouco éxito ao comezo. Foi só despois de que a revista Harper's aceptase dous dos seus poemas que a escritora viu que o seu traballo era prometedor. Máis adiante gañaría tres premios coas súas historias curtas, ofrecidos por Collier's e The Delineator.

En 1908, Abbott casou co Dr. Fordyce Coburn e trasladouse con el a Wilton, Nova Hampshire.[6] O Dr. Coburn era asesor médico da Lowell High School, e en ocasións axudaba á súa esposa coa súa escritura.[7] Logo do traslado, varias revistas de alta circulación aceptaron os seus traballos para ser publicados. Dous dos seus poemas foron aceptados por Harper's Magazine en 1909. Chegaría a publicar 75 historias curtas e 14 novelas románticas. Being Little in Cambridge When Everyone Else Was Big ("Ser pequena en Cambridge cando todos os demais eran grandes") é unha autobiografía escrita por Abbott acerca da súa nenez en Cambridge.

Abbott non tivo fillos. Faleceu en 1958 en Portsmouth.

A biblioteca da Universidade de Nova Hampshire mantén unha serie de textos orixinais das historias curtas de Abbott nas súas Milne Special Collections.

Traballos seleccionados editar

 
Primeira edición de Molly Make-Believe, 1910
  • Molly Make-Believe, 1910
  • The Sick-a-Bed Lady (and other tales), 1911
  • The White Linen Nurse, 1913
  • Little Eve Edgarton, 1914
  • The Indiscreet Letter, 1915
  • The Ne'er Do Much, 1918
  • Love and Mrs. Kendrue, 1919
  • Peace on Earth, Good-will to Dogs, 1920
  • Silver Moon, 1923
  • But Once A Year: Christmas Stories, 1928
  • Being Little in Cambridge when Everyone Else was Big, 1936

Notas editar

  1. Ehrlich, Eugene and Gorton Carruth.
  2. "Eleanor Hallowell Abbott". Cambridge Women's Heritage Project. City of Cambridge, MA. Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2019. Consultado o 8 de setembro de 2012. 
  3. HAMBLEN, ABIGAIL ANN.
  4. "Abbott, Eleanor Hallowell". Who Was Who Among North American Authors, 1921-1939. Gale Research Co. 1976. ISBN 0810310414. 
  5. "Eleanor Hallowell Abbott (1872-1958)". University of New Hampshire. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2010. Consultado o 21 de xuño de 2017. 
  6. "Abbott, Eleanor Hallowell."
  7. Overton, Grant Martin (1918). The Women Who Make Our Novels. Moffat, Yard & Company. 

Ligazóns externas editar